Dinamización Lingua Galega
Número 6 da revista ROULANDO
Poderedes acceder ao número 6 da nosa sempre interesante revista ROULANDO se facedes clic no seguinte enlace.
O Día das Letras Galegas no noso centro
Néste Día das Letras Galegas 2024, dedicado a Luísa Villalta, o EDNL do instituto gravou un vídeo dun poema da autora coa colaboración do profesorado e equipo non docente. Nos versos podemos atopar a posta en valor da lingua, do son e da poesía. Feliz Día das Letras!
Enterro do rapante
O venres celebramos o enterro do noso meco "O Rapante". O noso pobriño peixe morreu logo dunha enchenta de pellets nas augas de Teis. Alumnado, profesorado e esquelete acompañámolo polos corredores na súa despedida.
A Candeloria
O día 3 de febreiro celebramos a Candeloria no ROU. Os nosos poetas deseñaron cadanseu pardal..e descubrimos que chiaban poesía e mensaxes polos corredores do instituto. Seica querían adiantarnos que: "medio inverno xa vai fóra"!
Os Merdeiros no noso centro
O xoves 8 de febreiro viñeron da Asociación Etnográfica a Merdeira para explicarlle ao alumnado de 1°ESO o sentido do Entroido tradicional galego e dos seus personaxes, especialmente do Merdeiro. Logo catro rapaces voluntarios vestíronse co traxe de Merdeiro e saíron á Ágora para axitar os alliporros, burlarse e perseguir ao alumnado.
O Apalpador no ROU
O Apalpador baixou das montañas do Courel e fixo unha parada no ROU....
Parolando
Este curso botamos a andar a primeira edición do Parolando. Todo o alumnado do centro debateu ao longo da xornada sobre temáticas de interese para a nosa sociedade. A rapazada participou con moito interese. Haberá que agardar a finais do segundo trimestre para repetir a experiencia.
Orgullo Galego no noso centro
Este mércores 17 de xaneiro Borxa, da asociación Orgullo Galego, achegouse ao IES para dar unha charla ao alumnado de 4° ESO sobre a presenza da lingua galega na internet e deixar constancia de que o galego é unha lingua válida para as novas tecnoloxías. Porén, explicou que queda camiño por percorrer porque aínda hai plataformas que non teñen o seu sistema operativo adaptado ao galego.
- 1
- 2
- 3
- seguinte ›
- última »