Iniciar sesión

Secretaría virtual

Premios

Gañador do VII concurso literario sobre a protección de datos

Queredes saber quen foi o gañador do VII concurso literario infantil e xuvenil sobre a protección de datos organizado polo Colexio Oficial de Enxeñería en Informática de Galicia?

Facede clic na seguinte ligazón e o descubriredes.

Unha promesa do deporte

Esta semana tivemos a sorte de entrevistar no Pregunta ROU á nosa alumna Lola, logo de ser escollida como proposta a mellor deportista do ano 2023.

Se facedes clic na imaxe poderedes acceder a entrevista.

Premio extraordinario

O alumno de primeiro de bacharelato do noso instituto, Antón Justo Vicente, ven de ser galardoado cun premio extraordinario de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico ao que se presentaban casi 600 alumnos cos mellores expedientes dos centros galegos.

O alumnado tivo que afrontar unha proba na que se incluían varias das materias que forman parte do currículo de cuarto curso.

Os nosos parabéns para Antón.

As nosas, entre as mellores

Dúas das nosas alumnas (Sheila Díaz e Noa Cernadas) atópanse entre as candidatas a ser elexidas na gala do deporte como mellores promesas da cidade no 2022. O resultado saberémolo o próximo día 20 de abril na Gala do Deporte.

Os nosos parabéns e moita sorte!

Se queredes acceder a máis información, clicade no enlace, onde poderedes ver a noticia publicada no Faro de Vigo.

                       

Parabéns, campiona!

Queremos felicitar a Sabela González Alcántara, alumna de 2º de bacharelato, por acadar o primeiro posto na fase final galega da Olimpíada de Bioloxía, celebrada hoxe, 19 de febreiro, na falcultade de Ciencias da Universidade de Vigo e que lle da acceso á fase nacional.

Á proba acudiron os vinte alumnos que conseguiron a mellor puntuación nunha fase previa eliminatoria.

Lembramos que Sabela xa demostrou ser unha científica nata os cursos anteriores, nos que logrou excelentes relultados e o pase á fase nacional de Olimpíada de Xeoloxía.

Podedes ver a noticia no Faro de Vigo se facedes clic no seguinte enlace.

E tamén a entrevista en Radiovoz no seguinte enlace.

 

Premio extraordinario ESO

A alumna do noso instituto, Claudia Villar Cebada,  acaba de conseguir uns dos premios extraordinarios de Educación Secundaria Obrigatoria. Os nosos parabéns a unha rapaza que pode ser exemplo para moitos alumnos do noso centro.

Premio á excelencia

O antigo alumno do noso centro, Daniel Fernández Vence, acadou un dos Premios á Excelencia Académica que concede a Universidade de Vigo aos mellores expedientes do Bacharelato. Tal e como indicou o reitor Salustiano Mato “con este acto queremos recoñecer a importancia que ten o mérito, a capacidade e o esforzo que se plasman nos resultados académicos que tivestes no ensino secundario”.

Parabéns Dani, que teñas un boa andaina nos teus estudos universitarios.

 

Recollendo o premio

Na seguinte foto podemos ver á profesora Estela Lago, do departamento de Lingua Castelá, recollendo o premio outorgado pola Fundación Barrié dentro da "V Convocatoria de Proxectos Escolares 2016 - 2017".

Premios obtidos polo noso centro

O clube de lectura do noso centro acaba de ser premiado por parte da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria con 1210 €. Debemos sinalar a importante labor que leva a cabo o noso instituto no fomento dunha actividade tan importante como é a lectura.

O bo traballo do equipo de biblioteca do noso centro (coa participación de moitos membros da comunidade educativa) foi recompensado con dous importantes premios:

Subvención de 5 300 € concedida dentro do "Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares 2016 - 2017" pola Consellería de Educación e O. U. da Xunta de Galicia.

Concesión de 4 000 € na "V Convocatoria de Proxectos Escolares 2016 - 2017" organizada pola Fundación Barrié de la Maza. Nesta convocatoria, a devandita fundación seleccionou cinco proxectos de biblioteca dentro de toda Galicia, nas modalidades seguintes: "Proxecto de Centro", "Proxecto Intercentros", "Proxecto Colaborativo" e "Proxecto Infantil". O proxecto de Biblioteca do IES ROU foi premiado na modalidade de "Proxecto de Centro"

Os nosos parabéns a todos (que son moitos) os participantes nestes proxectos.

Nas seguintes imaxes tedes a demostración de que existen moitos xeitos de aprender.

            

 

Distribuir contido