Outras actividades biblioteca
Aventura na biblio
O venres 18 o novo alumnado de 1º ESO poido disfrutar dun scaperoom na biblioteca como plan de alfabetización e formación de usuarios. A través da procura de pistas coñeceron as diferentes seccións e subseccións da nosa biblioteca, aprenderon a forma axeitada de procurar os libros que queren, familiarizáronse cos espazos e recursos que neles se atopan, etc. Finalmente, acadaron con éxito a tarefa de descubrir a mensaxe escondida e poideron saír cunha rica galleta como recompensa polo seu esforzo.
Semana do libro no ROU
No ROU celebramos a semana do libro do mellor xeito posible!
O Mercado do Libro, con libros de ocasión e marcapáxinas realizados polos alumnos de 1º da ESO, recadou 92€ destinados á ONG Save the Children.
Tanto Save the Children como o IES ROU queremos agradecer a toda a comunidade -alumnos, familias, persoal non docente e profesorado- o seu compromiso e axuda nesta iniciativa.
Ler é unha arte
Animámosvos a participar nos pasatempos que nos propoñen:
Encrucillado: https://puzzel.org/es/crossword/play?p=-NwLViW4RT2PzFG6MtGL
Sopa de letras: https://www.educima.com/wordsearches/sopa_de_letras_con_arte-abd5fde6836dcd480222fc4a9494ca9e
Paula Carballeira e o teatro no noso centro
Este martes 2 de abril, dentro das xornadas de encontros con autoras e autores organizada pola Biblioteca e, neste caso, o departamento de Lingua Galega, visitounos PAULA CARBALLEIRA, autora da peza teatral As alumnas, Premio Nacional de Literatura Dramática 2023. Participou o alumnado de 1° de bacharelato que leu a obra, xunto coa súa profesora Esther Quinteiro. Paula Carballeira contounos anécdotas sobre a creación, pescuda e recepción desta obra que trata sobre a educación da muller durante o franquismo e tamén sobre a amizade. Coa soltura que dá toda unha carreira literaria e vinculada ao teatro, respondeu as preguntas das e dos asistentes e intercambiou pareceres e mesmo a interpretación dunha pasaxe connosco. Grazas Paula Carballeira por este encontro tan interesante.
Día da ilustración 2024
Para conmemorar o pasado día da Ilustración (30 de xaneiro), a Biblioteca xunto co club de Banda Deseñada, organizou un Concurso moi especial.
O obxectivo era retratar a unha persoa que consideráramos inspiradora polos seus valores, creatividade, polo que nos aporta a diario, como un músico, unha amiga, un deportista, unha científica... xunto cun pequeno texto explicando a súa influencia. O resultado deixou abraiado ao xurado!
Aquí vos deixamos algunhas das propostas presentadas a concurso xunto cos 5 gañadores.
Parabéns aos premiados!
A escritora Xulia Alonso no noso centro
Por segundo ano recibimos a visita de Xulia Alonso para falarnos do seu libro Futuro Imperfecto. Puidemos comprobar de novo o agradable e útil que é falar con ela. Recomendamos a experiencia a todos os institutos e esperamos poder repetila o próximo ano. Moitas grazas Xulia.
Concurso de relatos terroríficos
O pasado mes a Biblioteca e o departamento de Lingua e Literatura Galega organizaron un Concurso de "Relatos terroríficos" para conmemorar o Samaín.
Velaquí os gañadores desta edición:
Categoría 1º, 2º e 3º de ESO: Diego Vicente co relato titulado "O xogo maldito".
Categoría 4º ESO - 1º e 2º Bacharelato: José Antonio Grande co relato titulado "As bocas do crocodilo".
Noraboa aos premiados e grazas a todos pola vosa participación!
Premios Concurso Literario IES ROU 2023
O pasado martes, 20 de xuño, celebramos a entrega de premios do Concurso Literario IES ROU 2023, iniciativa do EDNL e Biblioteca. O xurado, formado por Eliseo Martínez, Esther Quinteiro, Laura Pereira e Alexandra García, decidiu por unanimidade outorgar os premios aos seguintes participantes:
- 1° Premio Narrativa (categoría I): Eva Lomba
- 2° Premio Narrativa (categoría I): Tomás Rodríguez
- 1° Premio de Poesía (categoría I): Marianne Bouzas
- 1° Premio de Poesía (categoría II): Antía Fernández
Parabéns ao galardoado e galardoadas e ao resto de participantes polas súas creacións, seguide así!
Número cinco da revista Roulando
Xa podedes ver on line (facendo clic no seguinte enlace) ou descargar (no arquivo adxunto) a nova entrega da revista Roulando. Conta con artigos e creacións moi interesantes, ademais de debuxos e creacións artísticas. Agardamos que vos guste.
Marcapáxinas solidarios
O alumnado de primeiro e terceiro da ESO, dentro das materias de Debuxo e Proxecto Competencial, deseñou estes marcapáxinas co obxectivo de doar o diñeiro recaudado pola súa venta á fundación Save the Children.
Vendéronse todos os marcapáxinas e ingresáronse 16 euros na conta de Save The Children.