Iniciar sesión

Secretaría virtual

Defensa dos proyectos STEMbach

O día 15 de xullo, no Salón de Actos do centro, tivo lugar a defensa de catro dos cinco proxectos de investigación realizados polo alumnado de 2º de BAC no bacharelato de excelencia STEMbach durante os curso 2018-19 e 2019-20. Esta defensa estaba prevista para o día 25 de marzo, no Salón de Graos da Escola de Enxeñeira Industrial da Universidade de Vigo pero o confinamento por mor do Covid-19 non permitiu facelo.

O primeiro grupo, preocupadopola contaminación da ría, presentou un traballo titulado “Estudo da presenza de microplásticos nos areais da contorna da ría de Vigo”.

En Arcade existen dous viadutos distintos, coa finalidade de estudar as diferenzas estruturais destes, outros alumnos presentaron un informe titulado “Evaluación teórico experimental de esfuerzos en estructuras articuladas”.

As características e a seguridade para a saúde das persoas levou a un novo grupo a realizar una investigación ao respecto, que defenderon co título “Estudio de parámetros físico-químico en cosméticos y detergentes”

E o último grupo propuxo unha solución para que todo o alumnado da ESO do noso centro puidese utilizar o transporte escolar, minimizando os custos coa xeración novas rutas para os autobuses. Esta investigación foi recollida no informe “Optimización del transporte en ei IES ROU. Un problema de Programación Lineal Entera”.

O noso agradecemento aos titores, tanto do centro como da Universidade de Vigo, polas súa dedicación a este ilusionante proxecto e os nosos parabéns a todo o alumnado participante polo magnífico traballo feito ao longo destes anos e por afrontar con valentía e tesón a situación sobrevida pola Covid-1.

Aquí tedes unhas pequenas indicacións sobre os traballos e as persoas que participaron neles:

"Optimización del trasporte escolar del ies república oriental do uruguai. Un problema de programación lineal entera"

  • Alumnos: Adriano Dellapenna SainzAriadna González Ballesteros
  • Titores: Adela-Rosa Rodríguez Rodríguez. IES República Oriental do Uruguai. Gloria Fiestas Janeiro. Departamento de Estatística e Investigación Operativa. Universidade de Vigo

"Evaluación teórico-experimental de esfuerzos en estructuras articuladas"

  • Alumnos: Carla Lago Santos, Aitor Rodríguez Iglesias
  • Titores: Adela-Rosa Rodríguez Rodríguez. IES República Oriental do Uruguai. Jose Carlos Caamaño Martínez. Departamento de Ingeniería de los Materiales, Mecánica Aplicada y Construcción.

"Estudo da presenza de microplásticos nos areais na contorna da ría de vigo"

  • Alumnos Eloy Guimeráns Díaz, Diego Lama veiga, Laura López Alonso, Laura López Rodríguez
  • Titores: Pablo Blanco Lobato. IES República Oriental do Uruguai. Estrella Álvarez da Costa. Departamento de Enxeñaría química. Universidade de Vigo.

"Parámetros físico – químicos en cosméticos y detergentes"

  • Alumnas Carmen Lorenzo Alonso, Cora Campos Fernández, Celia Casal Calvar, Andrea Pozo Cernadas
  • Titores: Pablo Blanco Lobato. IES República Oriental do Uruguai. Estrella Álvarez da Costa. Departamento de Enxeñaría química. Universidade de Vigo