As cúpulas de Leonardo
O xenial inventor do Renacemento, Leonardo da Vinci (1452-1519) fixo numerosas investigacións sobre pontes e cúpulas que se poidesen levantar utilizando unicamente o apoio entre pezas.
No "Codex Atlanticus" hai estes debuxos:
Non sabemos si, en tempos de Leonardo, construíronse realmente estas estruturas, pero hoxe, 500 anos despois, estes esquemas inspiraron ao escultor contemporáneo neerlandés Rinus Roelofs, quen realizou unha importante investigación sobre posibles patróns e sobre o tipo de pezas que permiten levantar as cúpulas imaxinadas por Leonardo da Vinci.
As montaxes das cúpulas fixeronse con pezas de madeira como as da imaxe:
Estas pezas planas ocupan o espazo e dan curvatura a estructura pola diferente altura das muescas e unha certa holgura entre as pezas, só deste xeito unha tesalación plana pode ocupar o espazo. Aínda que a construcción non sexa totalmente regular.
O alumnado de 4º da ESO montou as primeiras cúpulas na Ágora, estudando a resistencias en función do esquema de construcción:
Para rematar a actividade fixeron de monitores dos alumnos de 1º ESO A para facer no patio do centro varias montaxes distintas destas cúpulas.
No segunite vídeo podedes apreciar o resultado: