Concurso Fotografía dixital
Bases do 1º Concurso de Fotografía Dixital do Club de Ciencia ROU
"Patróns Matemáticos na Vida e na Terra"
1.Organización
O concurso está organizado polo Club de Ciencia do IES ROU, co obxectivo de estimular a creatividade e promover o interese do alumnado pola ciencia, a natureza, a xeoloxía e as matemáticas.
2.Temática
O tema do concurso é “Patróns Matemáticos na Vida e na Terra”. As fotografías deben amosar a relación entre os seres vivos, a natureza ou a xeoloxía, e os conceptos ou patróns matemáticos. As imaxes poden destacar simetrías, fractais, proporcións, xeometría ou calquera outro aspecto matemático observado na vida e no mundo natural.
3.Participantes
O concurso está aberto a todo o alumnado do instituto, desde 1º de ESO ata 2º de Bacharelato. Consideraranse todas as fotografías nunha única categoría.
4.Formato e requisitos das fotografías
- Cada participante pode enviar ata 2 fotografías.
- As imaxes deben ser orixinais, capturadas polo propio alumno/a e non serpublicadas nin premiadas noutros concursos.
- As fotografías poden ser tomadas con calquera dispositivo dixital (cámaras,móbiles, tablets).
- Formato de arquivo: JPEG ou PNG.
- As fotos deben ter unha resolución mínima de 1080x720 píxeles.
- Non se permiten marcas de auga, sinaturas ou elementos que identifiquenao autor/a na imaxe.
5.Presentación
As fotografías deben SUBIRSE A AULA VIRTUAL DO CENTRO: https://www.edu.xunta.gal/centros/iesrepublicaorientaldouruguai/aulavirtual/course/view.php?id=727:
6.Prazo de entrega
O prazo para a presentación das fotografías remata o 8 de decembro de 2024 ás 24h.
7.Criterios de avaliación
As fotografías serán avaliadas polo xurado do Club de Ciencia en función dos seguintes criterios:
- Relación coa temática, destacando a conexión entre a natureza ou xeoloxíae os conceptos matemáticos.
- Creatividade e orixinalidade.
- Calidade técnica da imaxe (enfoque, luz, cor).
8.Xurado
O xurado estará composto por membros do Club de Ciencia.
9.Premios
Outorgaranse 3 premios e unha mención especial do Club de Ciencia.
Diploma e publicación destacada da fotografía na web do instituto e nas redes sociais do Club de Ciencia (Instagram)
10.Exposición e entrega de premios
As fotografías serán expostas no taboleiro do Club de Ciencia do instituto e publicaranse na páxina web e nas redes sociais do centro. A entrega de premios realizarase o 16 de decembro de 2024 na Aula de Ciencias, durante un evento especial do Club de Ciencia.
11.Propiedade e cesión de dereitos
- As fotografías enviadas ao concurso seguirán sendo propiedade dos seusautores/as.
- Coa súa participación, o alumnado cede ao IES ROU o dereito de uso nonexclusivo das imaxes para a súa reprodución, publicación e difusión enmateriais educativos, eventos e redes sociais do centro.
12.Aceptación das bases
A participación no concurso implica a aceptación de todas as bases. Calquera situación non contemplada será resolta polo xurado e a organización.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Bases do 1º Concurso de Fotografía Dixital do Club de Ciencia ROU.pdf | 96.46 KB |