Iniciar sesión

Secretaría virtual

Clubs de Lectura

Club de lectura bacharelato

Despois da lectura individual nas súas casas, xuntámonos o luns, 6 de novembro para ler unha serie de fragmentos e comentalos críticamente. Esta novela deunos pé a falar das relacións non sempre equilibradas entre homes e mulleres. Algunhas alumnas criticaron os estereotipos masculino e feminino tan marcados que reflexa Mark Twain o que aproveitamos para comentar que os textos se deben analizar dende a súa perspectiva.

Club de lectura alumnado "Roulemos"

Alumnado de 1º e 2º ESO, seguimos co suspense neste trimestre e lembrámosvos que estamos a ler A rateira dá Agatha Christie e que nos reuniremos o vindeiro luns 27 de novembro ás 15h na biblioteca para comentalo e facer o noso propio panel da investigación.

Club de lectura alumnado "Roulemos"

O luns pasados pasamos un intre de medo lendo contos de Poe nun ambiente que xa convidaba o suspense e acompañado dunha merenda de medo. Outro grupo puido gozar do cineforum de terror organizado polo club de cómic. Contádenos, que vos pareceu esta primeira xornada dos clubs? Esperámosvos nas seguintes!

                                   

Club de lectura bacharelato

O próximo lúns 6 de novembro comezamos co Club de lectura de Bacharelato que vai ser coordinado pola profesora Carmen Ferreiro. Esperámosvos!

Club de lectura alumnado "Roulemos"

Grazas a todos os que viñestes á charla de hoxe. Tal e como vos contamos, haberá un club de lectura de 1º e 2º de ESO, outro de 3º e 4º de ESO e, na medida do posible dado o seu apertado calendario, haberá outro club de lectura de 1º Bacharelato. Doutra banda, contaremos con club de lectura fácil, club de lectura en inglés, club de lectura do grupo de igualdade, club de cómic e estamos á espera de confirmar de francés e de matemáticas.

Para comezar e aproveitando que se achega Samaín, empezaremos cunha xornada terrorífica e conxunta de varios clubs. Esperámosvos o luns 30 de outubro ao mediodía para ler relatos de medo e ver unha película nun cineforum do club de cómic. Non o dubidedes e virvos a pasalos en grande!

Club de lectura alumnado "Roulemos"

próximo venres 23 de outubro estades invitados a participar na charla informativa dos clubs de lectura na que os falaremos dos clubs que se desenrolarán este curso 2023/2024 e dos que temos moita vontade de informarvos. Esperámosvos no 1º recreo na Biblioteca.

Club de banda deseñada

Hoxe foi a presentación do club de banda deseñada. Presentación dos participantes no club de banda deseñada para o vindeiro curso (alumnado e profesorado). Presentación do calendario de sesión, obxectivos e actividades.

Club de banda deseñada

Primeira reunión do club o 9 de outubro ven a disfrutar con nós!

Traballando a diversidade a través do cómic

No Club de lectura de francés deste curso, traballamos a diversidade e a igualdade a través do cómic. Se facedes clic na imaxe teredes unha mostra do que fixemos.

Distribuir contido