A historia do intercambio
Aquí vos deixamos un vídeo para que os fagades unha idea do que fixeron os nosos rapaces no intercambio con Vannes, unha cidade da Bretaña francesa. Segúns as nosas informacións parece que tiveron unha experiencia francamente proveitosa.
Intercambio Vannes from matesrou on Vimeo.
Os átomos invaden o noso instituto
Hoxe o profesor Héctor Álvarez Pol, do Departamento de Física de Partículas da Universidade de Santiago de Compostela, impartiu unha charla ao alumnado de segundo de bacharelato cuxo título era "Do corazón da materia ao interior das estrelas". Foi sen dúbida un momento onde todos aprendimos moitas cousas, resultanto sorprendente a relación que existe entre a xeración de átomos e as supernovas. Agredecemos ao profesor Álvarez Pol (ao que podedes ver na foto) a súa presencia e o carácter didáctico da súa intervención.
Día da Muller no ROU
Aquí tedes un pequeno vídeo do acto que se celebrou no noso centro con motivo da celebración do Día da Muller.
Día Internacional da Muller (convertido) from matesrou on Vimeo.
Entroido no ROU
Queredes ver o ambente que había na nosa celebración do entroido deste ano? Non vos perdades o seguinte vídeo.
Entroido 2017 from matesrou on Vimeo.
Le malade imaginaire
Alumnado de 4º ESO do noso centro asistiu á representación da obra "Le malade imaginaire", de Molière, na que viñan traballando previamente no Club de Lectura de Francés. Como podedes ver nas fotos, parece que disfrutaron da representación.
O que facemos nas Seccións Bilingües
É un sinal de identidade do noso centro o potenciar ao máximo as posibilidades do noso alumnado. Un dos aspectos que consideramos fundamental é o de fomentar o estudo das linguas. Dentro das ferrramentas que temos para que o noso alumnado acade un adecuado dominio do inglés atópanse as Seccións Bilingües. No seguinte vídeo podedes ver como se levan a cabo.
Bilingual Sections from matesrou on Vimeo.
Recollendo o premio
Na seguinte foto podemos ver á profesora Estela Lago, do departamento de Lingua Castelá, recollendo o premio outorgado pola Fundación Barrié dentro da "V Convocatoria de Proxectos Escolares 2016 - 2017".
Obradoiro: o libro cartoneiro
O día 7 de febreiro, a profesora da Universidade de Vigo Carmen Luna Sellés, especialista en literatura latinoamericana, impartiu un obradoiro aos alumnos de 1º de bacharelato no noso centro sobre o libro cartoneiro en Hispanoamérica.
Que son as editoriais cartoneiras?
Son unha tendencia dentro dalgunhas editoriais alternativas polas súas temáticas e uso de materiais para a publicación. Xurdiron en 2003 coa creación de Eloísa Cartonera en Buenos Aires e expandironse por Latinoamérica.
Caracterízanse polo tipo de libros que publican con independencia das grandes editoriais comerciais e por utilizar formatos artesanais na edición dos seus libros.
No seguinte vídeo podedes ver o éxito que tivo este obradoriro.
Libro cartonero from matesrou on Vimeo.
Un visión do centro
Se queredes ter unha idea xeral do funcionamento do noso instituto podedes visitar o seguinte enlace (ou mellor aínda, visitarnos persoalmente).
Convocadas as probas para a obtención do título de ESO para maiores de 18 anos
Por se estades interesados ou coñecedes a alguén que poda estalo, aquí tedes os prazos e a información correspondente.
Prazos de matrícula:
- Convocatoria de xuño: do 13 de marzo ao 24 de marzo de 2017, ambos os dous incluídos.
- Convocatoria de setembro: do 3 ao 10 de xullo de 2017, ambos os dous incluídos.
Máis información no arquivo adxunto.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 44
- 45
- 46
- 47
- 48
- 49
- 50
- 51
- 52
- …
- seguinte ›
- última »