Iniciar sesión

Secretaría virtual

Clubs de Lectura

Club de lectura profes "Catadores de libros"

 Dun club de lectura sempre saen novas ideas, impresións e inquedanzas. É fabuloso poder partillar opinións e co libro do que falemos onte puidemos ver que hai a quen lle gustou mais e a

que lle gustou menos, pero a ninguén deixou indiferente.

A próxima reunión será o lúns 19 de febreiro onde falaremos de poesía.

 

 

Club de lectura "Roulemos"

Na próxima reunión do club de lectura de 1º e 2º de ESO leeremos todos xuntos un álbum ilustrado moi especial: A lavandeira de San Simón. Coa leitura desta magnífica obra en abril iremos de excursión a Illa de San Simón. Queredes coñecer unha historia recente que nos toca de perto? Ven o 29 de xaneiro á biblioteca ás 15h.

Club de lectura profes "Catadores de libros"

 Lembrámosvos que o próximo 15 de xaneiro terá lugar a segunda reunión do club de lectura “Catadores de libros” do profesorado. Vémonos na biblioteca as 15h para intercambiar as

opinións sobre “A trenza”.

 

 

Club de lectura alumnado "Roulemos"

Por fin arrincamos co Club de lectura de 3º e 4º ESO. Por agora fomos poucos pero esperamos que vos vaiades animando. O mellor, é que vos encantou a lectura escollida para este trimestre e fomos comentando as partes que mais nos gustaron. Vémonos á volta das vacacións!

Club de lectura alumnado "Roulemos"

Grazas por achegar a vosa creatividade para adornar un pouco o centro nestas datas. O club de lectura Roulemos desexámosvos unhas Felices Festas e Feliz Aninovo.

 

 

Club de lectura profes "Catadores de libros"

Onte fomos tres profesoras integrantes do club “Catadores de libros” ao cine a visionar a adaptación de “ A trenza” a novela que actualmente estamos lendo no club de profesores e

 

 

gustounos moito. É moi fiel ao libro xá que a autora tamén é a directora do filme. Un pracer partillar estes momentos con compañeiras.

 

Club de lectura alumnado "Roulemos"

Para acabar este trimestre reunirémonos o vindeiro luns 18 de decembro para facer uns caligramas do Nadal e adornar os corredores nos recreos e ás 16h.

Club de lectura alumnado "Roulemos"

Nótase que estamos en momento de exames e só uns poucos acudistes á cita de hoxe, pero deixámosvos por aquí algúns dos debuxos que fixeron os lectores sobre As bágoas de Shiva para ver se durante as vacacións animédesvos a ler esta fantástica novela de Cesar Mallorquí.

 

Club de lectura profes "Catadores de libros"

Boas compañeiros lectores, como o próximo libro do club de lectura de profesorado é A Trenza e vaise estrear agora a súa adaptación filmográfica, imos facer un cineforum para ir

 

xuntos aos Cine norte o próximo 20 de decembro. Animádesvos a vir?

Distribuir contido