Outras actividades biblioteca
Posibilidade acceder contidos dixitais
Os usuarios da nosa biblioteca poderedes acceder de xeito gratuíto a E-LBE.2, unha plataforma de lectura e préstamo de contidos dixitais, no que teredes á vosa disposición máis de 3 000 títulos.
No arquivo adxunto tedes toda a información dispoñible. Que o disfrutedes!
O Día de Rosalía de Castro
Con motivo do Día de Rosalía, 23 de febreiro, a Biblioteca xunto co Equipo de Dinamización da Lingua homenaxeou á autora con traballos creativos do alumnado. Á proposta da Asociación de Autores en Lingua Galega, o alumnado partiu dos primeiros poemas de Follas Novas de Rosalía de Castro para sementar os seus pensamentos poéticos polo centro.
Conferencia sobre Xela Arias
O 7 de febreiro,o alumnado de 4°ESO e parte do de 3° asistiu á conferencia "Xela Arias. Poesía e vida" impartida por Anxo Rajó e Bieito Ledo. Anxo Rajó, autor dun libro sobre a poeta na editorial Ir Indo, contounos feitos da vida da autora decisivos para entender a súa obra. Tamén explicou a forte personalidade e vixencia dos seus versos. Deseguido, Bieito Ledo, fundador e director da editorial Ir Indo, tratou a importancia de escribir, editar e publicar obras desde a súa óptica tan rica en experiencias. As cuestións do alumnado prolongaron o encontro sobre a autora recentemente homenaxeada
Marcapáxinas pola igualdade
O 8 de marzo, co fin de conmemorar a loita da muller pola igualdade de xénero, alumnado de 1º de bacharelato elaborou e repartiu polas aulas e a biblioteca MARCAPÁXINAS sobre importantes mulleres economistas e as súas principais achegas. A actividade estivo coordinada pola profesora de economía Tamara CambraOtero".
Novo número revista ROULANDO
Xa temos aquí o novo e interesante número da nosa revista ROULANDO, coordinada polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega. Tedes dúas posibilidades de vela:
Que a gocedes!
A poesía no noso centro
O profesor de galego Xavier Xil Xardón impartiu un obradoiro de poesía dirixido aos alumnos de ESO e Bacharelato. O obradoiro pechouse cun recital da poeta Silvia Penas quen, co seu grupo Cintaadhesiva, levou ao escenario poemas de Xela Arias e da propia Silvia. Foi unha actividade moi enriquecedora que esperamos poder seguir organizando nun futuro.
Aprendendo a crear un libro ilustrado
O profesor de Educación Plástica e visual, Pablo Martínez, que ilustrou o conto Pulguiña da editorial Kalandraka, expuxo os debuxos orixinais, sen o texto, e faloulles aos alumnos de 1º ESO sobre o proceso de creación do libro.
Os dereitos humanos no cine
Aquí tedes o excelente traballo feito por alumnado de cuarto de ESO, coordinados pola profesora de Valores Éticos, Carmen Fernández, sobre os dereitos humanos no cine.
O Principiño no noso instituto
Desde a biblioteca sempre están animándonos á lectura. Aquí tedes unha interesantísima suxestión que acaban de facernos.