Recibidos polo alcalde
O venres 3 marzo, o alumnado francés e español foi recibido no Concello polo noso alcalde,que alabou a importancia deste tipo de iniciativas para o enriquecemento cultural e personal da nosa rapazada, así como o hermanamento entre países.
Posteriormente,disfrutamos dun percorrido gratuito no bus turístico para mostrárlle a nosa fermosa cidade aos nosos convidados.
Fotografía: cortesía do Concello de Vigo
Dando a coñecer a biblioteca do centro
O equipo da Biblioteca organiza unhas xornadas con actividades para que o alumnado (na foto, de 2º ESO B) poda coñecer como funciona a Biblioteca do centro.
O 8 de marzo na biblioteca
Con motivo do Día Internacional da Muller (8 de marzo) presentamos unha selección de libros da nosa biblioteca para reivindicar o papel da muller na sociedade.
The Whale
O xoves 9 de marzo o alumnado do IES ROU das materias de Psicoloxía, Anatomía Aplicada e Antropoloxía acudiu aos cines Yelmo do CC Vialia para a visualización da película "The Whale" en versión orixinal. A actividade estivo coordinada pola Biblioteca do noso centro.
As mulleres na arte
Co gallo da celebración do 8M, convén lembrar que a historia da arte está chea de mulleres artistas esquecidas, pouco valoradas e mal consideradas por desempeñar esta profesión nunha época onde a supremacía masculina era aplastante. Por todas elas e polo seumagnífico traballo vai esta exposición no IES ROU.
Nos arquivos adxuntos tedes uns estupendos catálogos creados pola Asociación A Roldana, un colectivo que loita pola inclusión das artistas no currículo educativo.
Conte avec moi
O luns 27 de febreiro, o alumnado de francés de 1º e 2º de ESO disfrutou e participou activamente nun obradoiro de contos africanos, animado polo profesor e narrador Samuel Montoumnjou. “Conte avec moi” é un proxecto educativo que xira en torno aos contos e a narración. A actividade, organizada polo Departamento de francés e a bliblioteca do centro, foi elaborada para reforzar a comunicación oral en lingua francesa e a súa aplicación práctica lévase a cabo a través de actividades de interacción e mediación. Os numerosos obxectivos deste proxecto son pedagóxicos, linguísticos,literarios, culturais, interculturais e lúdicos.
Os profes tamén na radio
A profesora Esther Quinteiro, que coordina a Radio do instituto, organizou un obradoiro para explicar ao profesorado o seu funcionamento.
Contra a violencia sexual
O centro vén de instalar na ágora do instituto un Punto Violeta xunto coa exposición "Violencia sexual na xuventude" co gallo do vindeiro 8 de marzo, Día da muller.
Exposición STEMbach
Onte tivo lugar na Escola de Enxeñería de Minas e Enerxía da UVigo a lectura do traballo de STEMbach Estudio de biomasa algal residual como fuente de biocombustible por parte do alumno de segundo de bacharelato, Gonzalo Chorén.
Na foto podemos ver ao alumno xunto á directora da Escola de Enxeñería de Minas e Enerxía, Elena Alonso, e os profesores da Escola María Salomé Álvarez e Francisco Javier Deive (titor do proxecto), así como os profesores do noso instituto María Méndez (coordinadora STEM), Victoria Alonso e Pablo José Martínez (director). O noso agradecemento a todos eles.
Parabéns por un traballo ben feito.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- …
- seguinte ›
- última »