Marcapáxinas solidarios
O alumnado de primeiro e terceiro da ESO, dentro das materias de Debuxo e Proxecto Competencial, deseñou estes marcapáxinas co obxectivo de doar o diñeiro recaudado pola súa venta á fundación Save the Children.
Vendéronse todos os marcapáxinas e ingresáronse 16 euros na conta de Save The Children.
Información matrícula ABAU e solicitude título bacharel
De cara a convocatoria ordinaria das probas da ABAU a celebrar os días 6, 7 e 8 de xuño de 2023, facilitamos nos tres adxuntos instruccións para formalizar a matricula e o impreso de pagamento das tasas da mesma. O impreso para o pagamento do título de bacharel é unha folla calco por triplicado que se recolle no centro. Ao alumnado interesado xa lle foron facilitados estes tres impresos pero cremos necesaria publicar esta información ás familias.
É importante lembrar que os casos nos que se apliquen reducción ás tarifas deben ter a documentación pertinente en regra.
As calificacións finais da avaliación ordinaria serán publicadas a través de abalar a partir das 20:00 horas do día 16 de maio, podendo vir ao centro ata as 21:00 horas a recoller os impresos necesarios para o pago das taxas no banco a partir do día 18. Recomendamos acudir á entidade bancaria a primeira hora para rematar o porceso de matriculacion no centro o antes posible (so temos de prazo os días 18 e 19 de maio).
Resumo calendario reclamacións 2º BAC
16 maio: Avaliación + Entrega de notas ( por medio de abalar )
Reclamación CualifiaciónsOrdinaria: 18 e 19 maio (xoves e venres)
Comunicación resolucións: 22 maio (luns )
Reclamacións á Xefatura Territorial: 23/24 maio (martes e mércores)
No arquivo adxunto tedes o modelo de reclamación ante a dirección do centro.
Intercambio Vigo-Rennes curso 2022/23
Campus de Verán XuvenCiencia
Achegamos a información que nos chegou sobre o Campues de Verán XuvenCiencia:
Despois do gran éxito dos pasados anos volve o XI Campus de Verán XuvenCiencia, o campamento científico da USC, no que preto de cen estudantes de 4º da ESO, de BAC e de ciclos medios de FP vivirán unha semana de experiencias inesquecibles.
- O Campus XuvenCiencia terá lugar do 2 ao 8 de xullo.
- O custo da matrícula é 250 €.
- O prazo de preinscrición ábrese dende o vindeiro venres 5 de maio ata o 14 de maio.
Como nas edicións anteriores, o obxectivo do Campus de Verán é poñer ao alumnado en contacto directo coas diversas ramas das ciencias experimentais e sociais e da tecnoloxía así como coa contorna universitaria. Ofertamos durante cinco días unha multitude de actividades prácticas, tanto na rama Científico-Técnica como na Científico-Social, coa participación de todas as facultades e escolas universitarias da USC no Campus Terra de Lugo e a colaboración de moitas empresas e laboratorios externos.
A matrícula inclúe a participación nas actividades do campus e nas actividades lúdicas da tarde, o material necesario, o seguro, o xantar nun comedor universitario os cinco días do campus e o diploma de participación da Universidade de Santiago de Compostela. Ademais inclúe actividades lúdicas de noite e aloxamento, cea e almorzo en Residencias Universitarias de Lugo, con acompañamento de monitores titulados da A.D.C Lumieira Lugo.
Na páxina web https://xuvenciencia.org/campus pódese ver toda a información acerca das actividades do Campus (idiomas galego e castelán).
Día do Libro
Para celebrar o Día do Libro, durante a semana do 24 ao 28 de abril, a Biblioteca do centro colocou na ágora unha mesa de “libros orfos que buscan un fogar” co obxectivo de cambiar libros por outros libros ou por roupa de segunda man en bo estado.
Sabela Hermida no noso centro
Este 24 de abril celebramos o Día do Libro coa charla de Sabela Hermida, actriz e autora do libro María Casares fronte ao espello da editorial Xerais. A charla, organizada por Biblioteca e o EDNL, foi dirixida ao alumnado de 1° de bacharelato que se achegou así á importante actriz María Casares, símbolo do exilio e figura fundamental da cultura da segunda metade do século XX. Sabela Hermida agasallounos tamén cunha entrevista (levada a cabo polas alumnas de primeiro de bacharelato Mencía Qiu, Sofía, Irene e Silvia) gravada na radio. Sen dúbida foi un bo xeito de celebrarmos todo o que nos pode ofrecer un libro.
Podedes acceder á entrevista facendo clic no seguinte enlace.
Benvido Frian-Teis
O mércores estivo coñecendo o instituto o alumnado do CEIP Plurilingüe Frian-Teis que o vindeiro curso formará parte do noso centro. Realizaron un pequeno recorrido por distintas dependencias (salón de actos, laboratorios, aulas, cafetería, biblioteca...) guiados por algúns dos actuais alumnos (nas fotos aparecen Lucía, Caludia e Alexandra).
Estamos convencidos de que saíron contentos e con gañas de que comece o vindeiro curso.
Benvidos!!
Premios extraordinarios bacharelato
Veñen de ser convocados os premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2022/23. O prazo de solicitudes é do 26 de abril ao 25 de maio e a data da proba será o 14 de xuño. Toda a información está dispoñible na Orde do 20 de marzo de 2023, DOG do 3 de abril de 2023
No arquivo adxunto tedes un resumo coa información máis relevante.
Para acceder a máis información e coñecer os lugares de realización da proba facede clic na seguinte ligazón.
Aprendendo en familia
Seguindo co ciclo formativo “Aprendendo en familia” desde a ANPA queren invitarvos a unha terceira actividade dirixida a nais e pais. Será impartida por Lucía Simón (psicóloga) do Equipo de Prevención de Drogodependencias do Concello de Vigo e terá lugar no noso centro o próximo xoves 27 de abril ás 16:30.
Tedes máis información no documento adxunto.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- …
- seguinte ›
- última »