Iniciar sesión

Secretaría virtual

Radio ROU

Sabela Hermida no noso centro

Este 24 de abril celebramos o Día do Libro coa charla de Sabela Hermida, actriz e autora do libro María Casares fronte ao espello da editorial Xerais. A charla, organizada por Biblioteca e o EDNL, foi dirixida ao alumnado de 1° de bacharelato que se achegou así á importante actriz María Casares, símbolo do exilio e figura fundamental da cultura da segunda metade do século XX. Sabela Hermida agasallounos tamén cunha entrevista (levada a cabo polas alumnas de primeiro de bacharelato Mencía Qiu, Sofía, Irene e Silvia) gravada na radio. Sen dúbida foi un bo xeito de celebrarmos todo o que nos pode ofrecer un libro.

Podedes acceder á entrevista facendo clic no seguinte enlace. 

              

Un testemuño para tomar conciencia

Se facedes clic no seguinte enlace, poderedes acceder á entrevista realizada a Noelia Míguez, autora do libro "Ocho señales", no que relata a súa vivencia como vítima de violencia de xénero. Na foto aparece o alumnado que a levou a cabo, xunto coa profesora Esther Quinteiro.

Os profes tamén na radio

A profesora Esther Quinteiro, que coordina a Radio do instituto, organizou un obradoiro para explicar ao profesorado o seu funcionamento.

Semana da radio

Na Semana da Radio o alumnado de 2º da ESO traballou a locución ante os micros para expresar diferentes sentimentos. Elaboraron microrrelatos onde o tema central eran as emocións: a tristeza, o amor, a perda dun ser querido, a rabia, a vergoña, a envexa, o medo...

O noso alumnado deixou levar a súa imaxinación e creou historias ben interesantes. Animádevos a oílas!

 

Celebrando o día de Rosalía

Neste 23 de febreiro celebramos o Día de Rosalía no instituto. O alumnado de 1º da ESO (na foto vemos a Adrián, Candela, Marina e Isabella) plantou unha roseira  conmemorativa e leu poemas da autora. A natureza e paisaxe son un motivo recorrente na obra de Rosalía de Castro, ben sexa cun valor simbólico, como a rosa, ou como expresión do galeguismo e dos sentimentos.

Tamén gravamos na Radio un podcast centrado en Rosalía e este aspecto temático da súa obra no que participou alumnado de 4º ESO (Antón e Leo) e 2º Bacharelato (Uxía e Eva).

A escritora Xulia Alonso no noso centro

Este xoves, 2 de febreiro, visitounos Xulia Alonso para charlar co alumnado de Psicoloxía de 2º de bacharelato sobre o seu libro autobiográfico Futuro imperfecto no que relata a propia experiencia da adicción á heroína e coa sida.Falounos do proceso de creación dunha obra tan emocional e honesta, das experiencias persoais e culturais que marcaron a súa xeración, dos tabús da enfermidade, da importancia de poder decidir. A charla organizouna Biblioteca, a profesora de Psicoloxía Mar Hospido e o EDNLG do centro.Tras o coloquio gravamos co equipo da radio unha entrevista que dirixiu a profesora Esther Quinteiro.

 

Día da Paz

No arquivo adxunto tedes un audio feito polo alumnado de 1º ESO B, coordinados pola profesora Lorena Torrón, co gallo do Día da Paz.

Peticións polo ROU

Xa temos o primeiro programa ("Peticións polo ROU") do noso novo proxecto de radio. Que o gocedes!

 

Distribuir contido