Skip to Content

COPA COLEXIAL. CLASIFICADAS PARA A GRAN FINAL

 

Á terceira foi a vencida. Tras dúas presenzas en semifinais nas dúas últimas partticipacións, o noso equipo femenino acadou a clasificación para a final da sede de A Coruña deste prestixioso trofeo tras vencer a Esclavas por 22-21 (hai que ter en conta que os partidos teñen unha duración menor que a dos partidos federados).

Victoria merecida, pero con sufrimento. Foi un partido marcado por unha alta intensidade defensiva de ambos equipos, o que redundou en posesións longas e tanteos curtos. As nosas foron por díante durante todo o encontro, agás unha ventaxa dun punto no primeiro cuarto.

Ata o descanso as diferenzas foron curtas, pero ao final do terceiro cuarto e ao principio do último, foise ata os oito puntos tras anotar Suevia de de tiros libres e Unha tripla de Jasmina.

Sen embargo, un arreón final de Esclavas nos dous últimos minutos puxo o marcador nun puño, 22-21 a falta de 18 segundos. O equipo foi capaz de aguantar a posesión, incluso recibindo dúas faltas personais.

Felicidades a Inés Miguel, Carla Martínez, Esther Racca, Alicia Docampo, Suevia Casal, Paula Pose, Alba Vázquez, Lucía Zas, Daniela Becerra e Jasmina Couto

A final será o martes 30 de abril na Polideportiva de Riazor, contra o vencedor do Maristas-Compañía de María.

Agardamos que veñades a animar.



page | by Dr. Radut