Inda que tardaramos en publicalo na web, o día das letras galegas tampouco este ano pasou sen ser lembrado no instituto, en boa medida impulsado polo equipo de biblioteca e o de dinamización da lingua galega.
Este ano homenaxeamos a Xela Arias, unha poeta que trouxo un xeito diferente de amosar a poesía na nosa lingua, acompañada en ocasións por outras formas artísticas, coma a fotografía.
Velaí un quebracabezas elaborado a partir de unha foto de Xela e de algúns dos seus versos, que puidemos admirar no recibidor do centro.