Skip to Content

Novas

Versión para impresora

Demostración de cocina ecolóxica con Xan Galbán

O pasado martes día 8 visitoumos Xan Galbán que deu no Salón de Actos "Xavier Caride" unha exhibición de cociña ecolóxica para o alumnado.
Xan Galbán, chef do Restaurante María Castaña de Santiago é un dos referntes culinarios galegos, cambadés e ex-alumno do instituto explicou cómo enfocou a súa vida profesional cara o mundo da cociña a alumnos e profesores (algúns deles compañeiros e profesores del na súa estadía no Cabanillas).
Ademáis da explicación sobre a súa vida e da breve clase teórica, os asistentes tiveron a sorte de degustar os pratos alí preparados.
Nova na Voz de Galicia
Nova no Faro de Vigo

Alumnas do Cabanillas gañan un premio e son entrevistadas na TVG

Cinco alumnas de 1ºBAC (Yessica, Noelia, Laura, Sivia e Rebeca) son entrevistas no magazine da TVG "A Solaina" xa que gañaron un concurso organizado pola CEMIT da Xunta de Galicia. Premede AQUÍ para ver ao programa  na web da TVG (saen aos 20min 40s)

Día do libro

Con motivo da conmemoración do día do libro, o departamento de Lingua e Literatura española do Instituto plantexou un xogo de pistas que permiten ir avanzando ata a resolución da pregunta: Por que o día 23 de abril celébrase o Día do Libro?
(preme aquí para ver en grande o panel)

Exposición Marcapáxinas sobre a Inmigración

O Instituto albergará de xeito temporal a exposición de marcapáxinas sobre a Inmigración . Dita exposición poderase contemplar no corredor da planta baixa do instituto durante o mes de maio.
Mostra fotográfica na galería de imaxes (aquí)

NOVAS

Todas as novas do centro


 


 

Distribuir contido


by Dr. Radut