Skip to Content

Novas

Versión para impresora

Actuais instrucións provisionais da Consellería

Publicamo-las instrucións máis recentes da Consellería despois da Mesa Sectorial celebrada o 15 de abril cos representantes do Ministerio de Educación e FP e as Comunidades Autónomas:

http://www.edu.xunta.gal/portal/node/30850

Pregamos ás familias que na medida das súas posibilidades animen ó alumnado a non abandona-lo traballo para o instituto, pois é claro que a actividade lectiva continúa durante o confinamento.

Visitade o blogue de Orientación para consellos sobre como organiza-lo traballo do instituto na casa, e información sobre probas de acceso a FP.

Incluímos de novo o arquivo cos enderezos de correo de todo o profesorado do noso Centro.

 

 

Comunicación ás familias. 2ª avaliación.

Estimados pais e nais:

Como lles foi comunicado, o día 27 de marzo a Consellería de Educación enviou a todos os centros de ensino unhas Instrucións ordenando a realización da avaliación do segundo trimestre e indicando que tiñamos que ter as notas do alumnado postas o 3 de abril.


Diante da grave situación sanitaria e social que estamos vivindo, cos centros de ensino pechados e o noso alumnado nunha situación de confinamento ao igual que a maioría da sociedade, entendemos que non se dan as condicións para poder proceder a unha avaliación normal. Sendo conscientes ademais de que nalgúns cursos nin foi posíbel realizar as probas necesarias, nin se impartiu a totalidade da materia programada, dado que a actividade lectiva presencial rematou de forma abrupta o 12 de marzo, e o traballo realizado de xeito telemático desde ese día como indica a Consellería non é avaliábel.


Por esta razón queremos comunicarlles que aínda que o profesorado do centro cumpriu coa instrución da Consellería de realizar a avaliación, as notas que reciben os seus fillos e fillas deben consideralas como o que realmente son, unhas cualificacións anómalas, nas que só se valora unha porcentaxe do contido e para as que en algúns casos non foi posíbel realizar nin todas as actividades nin todas as probas necesarias.


Pola nosa parte agardamos recibir as necesarias indicacións da Consellería de Educación  sobre o traballo a desenvolver na terceira avaliación e de que xeito deberemos desenvolvelo, para poder organizarnos o antes posíbel, e poñernos en comunicación de novo con vostedes con información na páxina web do centro ou por medio dos titores e titoras.


Sen máis reciban un cordial saúdo, desexando unha pronta volta á normalidade.

                                                                            Cambados; 3 de abril de 2020

                                                                                                  A Dirección

INFORMACIÓN DA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN


Neste enlace teñen información emitida pola Consellería de Educación sobre os acordos adoptados hoxe na reunión do Mininisterio de Educación coas Comunidades Autónomas, relativa ás probas de Acceso á Universidade, ás avaliacións, á FP etc.

En canto teñamos novas instrucións publicarémolas nesta páxina, polo que lles pedimos que sigan atentos e atentas a ela.

Un saúdo e cóidense.

A Dirección

https://www.edu.xunta.gal/portal/node/30634

INFORMACIÓN SOBRE A ATENCIÓN Ó ALUMNADO DO IES RAMÓN CABANILLAS PERANTE A SITUACIÓN DE ALARMA

Tendo en conta as instrucións elaboradas e enviadas pola Consellería de Educación para os 14 días naturais nos que en principio o alumnado non poderá asistir ao Instituto, o Equipo Directivo xunto co Claustro de Profesorado do noso centro elaboramos unhas directrices, co obxecto de que pese á extraordinaria situación pola que estamos a pasar o noso alumnado poida continuar a súa aprendizaxe.
Moito profesorado do centro xa mantén ao longo do curso canles de comunicación (correo electrónico etc.) co seu alumnado, pero dadas as circunstancias queremos sinalar algunhas cuestións que consideramos útiles e importantes:

  • O profesorado manterá o seu traballo de programación, elaboración de material e atención ao alumnado, coa diferenza de que non vai ser unha relación presencial. Por tanto todo o alumnado vai estar atendido.
  • É fundamental que o alumnado manteña o ritmo de estudo, tentando establecer na casa un horario semellante ao que teñen no centro, de xeito que non perdan capacidade de concentración nin hábitos de traballo e que cando volvamos a unha situación de normalidade poida adaptarse aos ritmos normais de estudo do xeito máis rápido posíbel.
  • O instituto conta cunha Aula Virtual que é coñecida polo noso alumnado, dado que moito emprégaa durante o curso; na mesma teñen que buscar a materia e o curso correspondente para comprobar se o profesorado ten subido á mesma material de estudo ou traballo. O enderezo da Aula Virtual é o seguinte http://www.edu.xunta.gal/centros/iesramoncabanillas/aulavirtual/ e na cabeceira desta páxina figura un acceso directo a ela.
  • Nestes últimos días houbo profesorado que xa lle indicou ao seu alumnado o traballo a facer, entregándolle ademais o material (fichas, indicacións, exercicios...) así que nalgúns casos non precisarán a Aula Virtual.
  • Con estas directrices publicamos un documento anexo no que aparecen os enderezos de correo electrónico do profesorado, para que o alumnado diante de dúbidas, consultas etc. poida ter un contacto directo co profesor ou profesora correspondente. Eses enderezos de correo son exclusivamente para esa función.
  • Ao respecto de avaliacións, exames, probas de ABAU, probas de acceso a Ciclos Formativos, ou outro tipo de dúbidas relacionadas co desenvolvemento do presente curso escolar non podemos proporcionar máis información neste momento, dado que non a temos. Deberemos seguir as instrucións que nos vaia enviando a Consellería de Educación, e toda a información que poidamos aportar a partir de hoxe porase nesta mesma páxina web.
  • Para consultas que non teñan relación co traballo diario dos seus fillos e fillas nestes días, pregamos que non se dirixan aos correos do profesorado senón ao correo do centro ies.ramon.cabanillas@edu.xunta.gal

PROCESO DE ADMISIÓN

Por outra banda, tendo en conta que os centros van estar pechados ata novo aviso, a Consellería de Educación amplía o prazo de presentación presencial e telemática das solicitudes de admisión, que finalizará unha semana despois do reinicio das clases.


Somos conscientes da intranquilidade que hai nas familias neste momento, pois tamén nós a padecemos, pero temos toda a confianza en que superaremos esta complexa situación, e en que o noso alumnado rematará con éxito a súa etapa escolar.


A Dirección

INSTRUCIÓNS ATENCIÓN A DISTANCIA DO ALUMNADO

ENDEREZOS DE CORREO ELECTRÓNICO DO PROFESORADO (Nova actualización 7 de maio)

LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2015-16

Nos seguintes arquivos aparece a relación de libros para o vindeiro curso 2015-16.

O IES Ramón Cabanillas participa no Erasmus+

Proxecto Leonardo KA1 2014-2016

 

Europa. Next Station: Vocational Training Network

 

2014-1-ES01-KA102-002180

erasmus+

 

Toda a información pinchando aquí

MERECIDO PASEO POLA PRIMAVERA PARISINA PARA O IES RAMÓN CABANILLAS



París agardaba a primavera e os visitantes envolvéronse co ambiente, que o impregnaba todo. A cidade espertou os sentidos e fixo as delicias dun grupo de alumnado do IES Ramón Cabanillas, de Cambados, que se deixou caer uns días por alí.

A Viaxe Cultural tivo lugar do 25 ao 29 de Marzo, nela participou alumnado de 4º de ESO e de 1º e 2º de Bacharelato, que se veu invadido polas sensacións que provocaban cada momento e cada desprazamento pola entramada rede de metro parisina. Pasearon ao longo do Sena, vendo os quais e á xente descansando frente ao río; deleitáronse diante das obras do Louvre e da Basílica e arredores do Sacré Coeur, disfrutaron en Eurodisney e contemplaron a beleza da Ópera, admiraron a grandeur do Arco do Triunfo e da Torre Eiffel, percorreron os Campos Elíseos, pasando pola Place de la Concorde, o Centro Pompidou e Notre Dame pra finalizar o percorrido parisino cun inolvidable cruceiro polo Sena ao solpor, onde culminou a experiencia dos sentidos. Un total de 42 persoas fixeron posible esta aventura, que esperamos perdurará especialmente na memoria dos mais novos, cun bo "souvenir", con ganas renovadas de voltar a casa e de repetir algún día a visita á cidade da Luz.

Moitas grazas a tod@s

Presentación oficial da curta "Aquela Noite"

Presentación oficial da curtametraxe "AQUELA NOITE"
VENRES 18 de Maio: ás 12.45


Viaxe a París 2012

A mostra fotográfica da viaxe a París estará exposta na planta baixa durante as próximas semanas. (Información sobre a viaxe a París, aquí)

Cocina ecolóxica con Xan Galbán

 O pasado martes día 8 visitoumos Xan Galbán que deu no Salón de Actos "Xavier Álvarez Caride" unha exhibición de cociña ecolóxica para o alumnado.

Distribuir contido


by Dr. Radut