Skip to Content

Novas

Versión para impresora

Calendario escolar 2021 - 2022

Xa temos o calendario para este curso 2021 - 2022. Preme aquí para consultalo.

Protocolo COVID e Plan de continxencia para o curso 2021-2022

Consulten aquí o noso Protocolo COVID para este ano, que apenas modifica o do ano pasado, mailo Plan de continxencia.

Comunicado do claustro de profesorado. Setembro 2021

Diante da comunicación por parte da Consellería de Educación de que no curso escolar que iniciamos contaremos con tres profesores/as menos que o pasado, e de que no curso escolar 2022/2023 o cupo de docentes correspondente ao centro será de 40, reducíndose en 2 o profesorado co que contabamos desde hai anos,

MANIFESTAMOS   (seguir lendo)

Xornadas de acollida dos colexios

O próximo xoves día 10 de xuño acollemos ao alumnado do CEIP de Corvillón ás 9h30

O luns día 14 ás 18h30 acollemos ao alumnado do CEP Antonio Magariños Pastoriza e outros centros.

Ese mesmo luns 14 ás 19h acolleremos ás familias de todos os centros.

Esperámosvos!

Calendario de Admisión 2020-2021

ADMISIÓN DE ALUMNOS ESO e BACHARELATO

 CURSO 2021/22

RESERVA DE PRAZA NOS CENTROS DE ADSCRICIÓN CEP ANTONIO MAGARIÑOS E CORBILLÓN

  -Do 11 de xaneiro ao 8 de FEBREIRO.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE RESERVA DE PRAZA PARA ALUMNOS DOUTROS CENTROS:

  -Do 1 ao 22 de marzo (ambos inclusive).

PRESENTACIÓN DA DOCUMENTACIÓN ACREDITATIVA DOS CRITERIOS DE ADMISIÓN (se hai máis solicitudes que prazas vacantes):

  -Do 25 de marzo ao 9 de abril

PUBLICACIÓN DAS LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMITIDOS E NON ADMITIDOS:

  -Até o 25 de abril.

PRAZOS PARA A PRESENTACIÓN DE RECLAMACIÓNS:

 -5 días hábiles, desde a publicación da listaxe provisional

PUBLICACIÓN DEFINITIVA:

  -Antes do 15 de maio.

RESERVA FORA DE PRAZO

 -Do 23 de marzo ao 18 de maio

FORMALIZACIÓN DE MATRICULA PARA OS ALUMNOS/AS ADMITIDOS/DAS:

 -Do 25 de xuño ao 10 de xullo.

 -Do 1 ao 10 de setembro. 

Para consultar a NORMATIVA RELACIONADA prema aquí

 

DOCUMENTACIÓN IMPORTANTE PARA O INICIO DE CURSO

IMPORTANTE:

Descargade aquí o noso Protocolo COVID e o PLAN DE ACOLLIDA

Carta aberta ás familias do IES Ramón Cabanillas

Queridas familias:

    Poñémonos en contacto convosco para informar das novidades existentes neste momento ao respecto do inicio do curso no noso centro.

    Como vos dixemos nas reunións que mantivemos o luns e o martes, levabamos máis dunha semana nunha situación de incerteza ao non ter comunicación por parte da administración educativa de se era atendida a nosa petición de aumento de profesorado, ou se por contra deberiamos volver modificar os grupos de alumnado establecidos, a adxudicación de aulas e espazos, as titorías e os horarios tanto de profesorado como de cada grupo e nivel.

(Seguir lendo)

ORGANIZACIÓN DO 1º DÍA DE CLASE

     Debido ao adiamento do comezo do curso por parte da Consellería de Educación para os días 23, 24 e 25 de setembro, estas serán as novas datas para a acollida do alumnado deste curso 2020-2021.

     Faise necesario organizar dun xeito especial o primeiro día de curso debido ao cambio de porta de acceso ao centro, así como da ruta que o alumnado debe seguir para chegar á súa aula; deste xeito evitamos aglomeracións e confusións propias da primeira xornada. As quendas serán as seguintes: (tamén podes descargar aquí o documento)

* As listaxes do alumnado repartido por clases serán publicadas o luns 21 de setembro.

ENTREGA DOS ORDENADORES EDIXGAL PARA 1º ESO

Estimadas familias,

A pesar do retraso e falta de organización que arrodean este comezo de curso, totalmente alleos á nosa vontade e fóra da nosa capacidade de actuación, anunciamos que imos manter as reunións coas familias, conforme ó horario publicado máis abaixo nesta páxina web.

O luns 14, ó finalizar a reunión para 1º ESO que comenza ás 16h no Salón de Actos, faremos entrega dos ordenadores Edixgal na biblioteca do centro.

Aquelas familias que non poidan asistir á reunión fixada para o grupo do seu fillo, calquera que sexa o seu curso, poderán acudir a unha reunión extraordinaria que se celebrará o martes 15 ás 19h no Salón de Actos (ata completar aforo).

Reunións de inicio de curso coas familias

Estimadas familias,  
 
Informámosvos que as reunións de inicio de curso, nas que explicaremos as novas normas de funcionamento para este ano, serán no Salón de actos baixo as seguintes normas de seguridade:

- un único asistente por alumno
- uso obrigatorio de máscara e distancia social (1,5m)
- entre reunión e reunión levaranse a cabo labores de limpeza /desinfección e ventilación da sala.

As reunións realizaranse no seguinte horario:
 
    Luns 14
 16:00 (1ºESO)           
 17:30 (2ºESO)
 19:00 (3º ESO)
   Martes 15:
  10:00 (4ºESO)
  11:30 (1ºBacharelato)  
  13:00 (2º Bacharelato)
  
Aquelas familias que non poidan asistir á reunión fixada para o grupo do seu fillo, calquera que sexa o seu curso, poderán acudir a unha reunión extraordinaria que se celebrará o martes 15 ás 19h no Salón de Actos (ata completar aforo).
 
 
Un cordial saúdo.
   O Equipo Directivo
Distribuir contido


by Dr. Radut