Skip to Content

Curso 2014-15

Proxecto MeteoMuxía, recuncho para aprender Meteoroloxía

 

Por terceiro curso, un grupo multidisciplinar de profesores xunto co alumnado, avanzamos na nosa andaina meteorolóxica.

O noso traballo viuse recompensado cun diploma a un proxecto de excelencia.

Algunhas das actividades desenvolvidas foron...

 

 

 
1."Paseo de nubes pola Barca", de Irene Alcaina.
 
Con moito interese e adicación, esta animación foi realizada co editor de fotografía Gimp. As imaxes das nubes tipo Cúmulos foron tomadas, na zona do Santuario da Barca (Muxía), o martes 24 de marzo entre as 18:45 e as 19:00 horas. Era un día de moito vento, característico da zona, e as nubes movíanse moi rápido. Excelente traballo !!!
   
 
 
 2. O tempo en Muxía… da man de Fabián Sánchez.
Gif animado por Fabián Sánchez. El mesmo creou os gifs dos símbolos meteorolóxicos e despois utilizounos para reflexar no mapa o tempo atmosférico por parroquias. Correspóndese co sábado 25 de Abril. Foron os seus compañeiros os que lle proporcionaron a información que aparece no mapa.
O editor empregado é Gimp. Resaltar a complicada labor de manexar a cantidade de capas que empregou para a súa realización. Moi bo traballo!!!
  

 

 
 
 
Distribuir contido


by Dr. Radut