Skip to Content

Biblioteca

25N: OS LIBROS DO NOSO PUNTO VIOLETA

Coñeces o punto lila da nosa biblioteca? O 25 de novembro, con motivo do Día Internacional contra a Violencia machista, sacamos parte dos seus libros ao recibidor do instituto. Mais, onde podes atopar a diario estes libros? Xunto á porta da entrada da biblio, atoparás un andel, pintado de violeta, cunha manchea de libros sobre feminismo, igualdade, como detectar a discriminación que sufrimos as mulleres polo feito de nacer mulleres, como empoderarnos, a sexualidade dende o punto de vista feminino e feminista, as diversidades sexuais e a loita LGTBIQ+... En fin, a porta cara a un universo ollado dende unha óptica diferente: a mirada da igualdade. Non son libros só para mulleres, non. Son libros para todas aquelas persoas que cren na igualdade como ideal no que afianzar as nosas sociedades.

E VELAQUÍ OS PODCAST GAÑADORES NO SAMAÍN!

Aplaudidos foron os tres alumnos gañadores na entrega de premios do concurso de podcast de terror, que tivo lugar nos eventos de celebración do Samaín. Calquera dos trece podcast que se presentaron ao concurso merecería ser galardoado, mais había que escoller. Encargadas de resolver ese dilema estivemos as docentes que formamos parte do equipo de biblioteca. 

Tiñamos que decidir e decidimos:

-primeiro premio para Manuel Sar Sánchez, que nos sorprendeu cunha historia na que non falta nin Vakner nin a Santa Compaña;

-segundo premio para Brais Caamaño Canosa , toda unha road movie de terror,

-terceiro premio para Mauro Rey Toba, cun relato sinistro que ten como escenario o río.

-Tamén, pola sensibilidade coa que se conta a historia, se lle entregou unha mención ao alumno Santiago Leira García.

Para consultar os audios, pincha en arquivos adxuntos, na parte de abaixo da nova.

                                                            

CONCURSO DE PODCAST DE TERROR! PARTICIPA!

 

RECOMENDACIÓNS LECTORAS - VERÁN

PROGRAMA LETRAS GALEGAS 2023

Adiantámosvos o programa de actividades co que celebraremos, no noso centro, o día das letras neste 2023, adicado ao persoeiro Francisco Fernámndez del Riego. Obradoiros de escrita, Olimpíadas Rurais, presentación do proxecto turístico elaborado no centro sobre lugares significativos da contorna muxiá (códigos QR), Recitados poéticos de alumnado e profesorado, e tamén como actuación principal da mañá teremos connósco a "Suso Quinito e Javi Sampedro" que nos deleitarán cun "Paseo cantado pola poesía galega". Esta última actuación está enmarcada dentro do ciclo de Musicas Transversais MÚSICA en MUXICAS, promovido polo Departamento de Dinamización Linguística.

23 DE ABRIL - DÍA DO LIBRO

OBRADOIROS NA BIBLIO

Dende o departamento de Orientación estanse a realizar unha serie de obradoiros na biblioteca dos que vos deixamos aquí unha pequena mostra...

OS PROFES RECOMÉNDANCHE...

Hoxe tomamos nota destas excelentes recomendacións lectoras que veñen da man de Míchel, profesor de lingua galega e de Cristina, profesora de lingua castelá,

Grazas!

 

PROGRAMACIÓN DE ACTOS DO 8M

Presentámosvos o cartaz dos actos de celebración do 8M no  IES Ramón Caamaño. Unha programación chea de actividades para conmemorar un día tan importante; o "día da muller". Día de confraternización entre alumnado e profesorado, educativo e formativo sobre a posición da muller no social facendo fincapé na visibilidade de moitas que foron e son "invisibles", as veces, as máis cercanas a nós.

MÚSICA EN MUXICAS - PROGRAMACIÓN MUSICAL TRANSVERSAL

M Ú S I A   E N   M U X I C S

Desde o IES Ramón Caamaño estamos moi ilusionadas coa proposta que veñen de artellar o EDLG, a Biblioteca, AACCEE e os Departamentos de Lingua e Música Intitulada "MÚSICA EN MUXICAS".

Con esta iniciativa, alén de dinamizar a lingua galega, pretendemos amosar desde diferentes perspectivas múltiples valores vehiculados arredor da música, e sempre ligados estes concertos a diferentes conmemoracións: o Día da Poesía, o Día da Saúde Mental, O Día da Arte e o Día das Letras Galegas.

Moi agradecidas ao colectivo de artistas co que contaremos e do que dá boa conta o cartaz!!! Saúde, Lingua e Música!!!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut