Hoxe tomamos nota destas excelentes recomendacións lectoras que veñen da man de Míchel, profesor de lingua galega e de Cristina, profesora de lingua castelá,
O pasado 11 de novembro, RNE e Onda Cero Galicia emitiron os seus informativos matutinos dende o IES Ramón Caamaño de Muxía para rememorar o 20º Aniversario do afundimento do Prestige.
Dende a Biblioteca, fixéronse as seguintes recomendacións lectoras para lembrar e ampliar coñecementos sobre unha das catástrofes medioambientais máis grandes da historia.
Cómpre tamén salientar a iniciativa dos alumnos do departamento de lingua castelá e as súas investigacións sobre os textos xornalísticos coa temática do Prestige.
Este mes de novembro celebramos no Ies Ramón Caamaño o Mes da Ciencia en Galego. Dende a Biblioteca, queremos aportar o noso pequeno gran de area achegándovos una serie de lecturas científicas que non podedes perder. A desfrutar!
"A ciencia está chea de momentos épicos coma este. Coñecelos e transmitilos é un deber no que todos, non soamente os que somos científicos, debemos participar. Amigos: temos unha historia da ciencia tan rica como descoñecida. Cando leades unha historia coma esta, facédea vosa e transmitídea, porque cada vez que a contedes estaredes sementando a curiosidade pola ciencia e contribuiredes a facer medrar no noso pobo unha cultura científica moi necesaria, que nos permitirá avanzar como sociedade e nos fará máis libres." José Tubío