Skip to Content

INFORMACIÓN SOBRE FALTAS DE ASISTENCIA

O IES Ramón Caamaño notifica que as normas de xustificación de faltas de asistencia deixarán de rexerse polos criterios derivados da COVID-19, e volverán a seguir as Instrucións do 31 de xaneiro de 2014 da Dirección Xeral de Educación pola que se establece o protocolo de prevención e control do absentismo escolar.

A partir do vindeiro luns 28 de marzo, todas as ausencias a clase deberán ser  xustificadas documentalmente.  

As xustificacións feitas polas familias do alumnado por motivos persoais admitiranse cando sexan puntuais. Cando as faltas de asistencia xustificadas polos pais sexan reiteradas ou haxa antecedentes de absentismo, o profesor titor requirirá xustificación adicional.

As faltas reiteradas en datas de exame de avaliación só se xustificarán cun documento acreditativo oficial, que deberá mostrarse ao profesor da materia do exame antes de entregarllo ao titor/a. A non xustificación poderá derivar na perda do dereito á avaliación continua.  

Con esta medida pretendemos evitar o relaxamento que estamos a percibir na importancia de cumprir coa obrigatoriedade de asistencia a clase, e tomar conciencia das posibles consecuencias do incumprimento.

Así mesmo, comezaremos a controlar exhaustivamente as faltas reiteradas de puntualidade a primeira hora da mañá. A acumulación de 3 faltas de puntualidade rexistrarase no sistema como unha falta leve contraria ás normas de convivencia. De persistir a situación, o alumnado perderá o dereito a asistir á sesión lectiva na que se produza o retraso.

Moitas gracias pola vosa colaboración.

Un saúdo

O Equipo Directivo



page | by Dr. Radut