Skip to Content

EXPOSICIÓN DE TRABALLOS DA ARTÍSTA MULTIDISCIPLINAR CANDELA DE PABLO MARTÍN-FORERO - 25 OUT - 08 NOV

Hoxe 25 de outubro, inauguramos nas instalacións do IES Ramón Caamaño de Muxía,unha mostra cos traballos da xove artista multidisciplinar lucense Candela de Pablo Martín-Forero. Realizou o Bacherelato artístico e formouse con posterioridade no Ciclo Superior de Grabado e Técnicas de Estampación na ESAD Ramón Falcón de Lugo e no Ciclo Superior de Ilustración na ESAD Antonio Failde de Ourense. Presenta obras de pequeno formato con ampla variedade de técnicas: pintura o óleo, serigrafía, fotografía, ilustración, arte dixital, grabado (punta seca, augaforte, verníz brando, gofrado). Realizou unha presentación ós diferentes grupos de alumnado do centro (1º a 4º ESO), facendo un percorrido polas diversas técnicas empregadas e os procesos de realización das obras, así como tamén explicando o seu universo imaxinario e os motivos e inquedanzas persoais que a levan a crear. Un universo poético que a través dunha figuración moi cercana á ilustración, o cómic e a arte urbana, conectou xa de primeiras co noso alumnado que en todo momento interesouse, fixo preguntas e tamén amosou as súas primeiras creacións para que a artista llas comentara e lles dera consellos. Un auténtico luxo contar coa súa presenza nunha xornada de entusiasmo, de achegamento e visibilización da arte nos centros educativos onde os máis xoves poden descubrir que tamén o eido artístico pode constituir unha saida laboral ademáis do pracer que conleva a creación.

Candela de Pablo Martín-Forero leva xa 5 anos de experiencia laboral realizando numerosos encargos en diversas disciplinas e segue na actualidade a formarse no ámbito da tatuaxe (extensión da arte á pel). O seu obxectivo: “busco a oportunidade de unirme ó mundo editorial para publicar os meus traballos e dar forma ó traballo de outros.

A mostra permanecerá aberta ó público ata o 08 de Novembro en horario escolar agás nos recreos por motivos de protocolo COVID19.



page | by Dr. Radut