Skip to Content

SESIÓN DE SENSIBILIZACIÓN Á XORDEIRA E INTRODUCIÓN Á LINGUAXE DE SIGNOS (LSE)

Hoxe, día 22 de outubro, disfrutamos dunha interesantísima actividade organizada polo Departamento de Língüa Castelá e Literatura sobre a "Sensibilización ó problema da xordeira e a introdución á linguaxe de signos (LSE)". A actividade foi dirixida a alumnado de 3º e 4º da ESO. Isabel e Eva, membros da "Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG)" foron as encargadas de levar a cabo a actividade en sendos grupos. Ademáis da presentación da asociación e da sensibilización do problema concreto da xordeira o alumnado iniciouse de forma práctica aprendendo a signar na Linguaxe de Signos. Unha grande oportunidade para que o alumnado coñeza de primeira man a problemática da xordeira e saque partido e vexa as grandes posibilidades que ten a comunicación a través desta lingüaxe.

SESIÓN 4º ESO

SESIÓN 3º ESO

Como colofón, as representantes da asociación agasalláronnos cun libro-guía de "Os Bolechas" introductorio a Linguaxe de Signos. Moi agradecidos.



page | by Dr. Radut