Skip to Content

AVISO IMPORTANTE PARA AS FAMILIAS

A Dirección do IES Ramón Caamaño comunícalles que, a día de hoxe venres, 30.10.2020 non hai no centro ningún membro do alumnado nin do profesorado que dese positivo en COVID-19 nin á espera do resultado de ningunha proba.

Así mesmo, aconsellamos discreción á hora de compartir información que non estea contrastada, xa que lles pode ocasionar moito dano ás familias afectadas. En caso de dúbida, por favor, contacten co Equipo Directivo do centro chamando ao teléfono: 881 880 775.

Por último, insistimos na necesidade de cumprir coas normas de hixiene e seguridade recollidas no protocolo que se facilitou ao inicio de curso xa que estamos a detectar casos nos que as máscaras usadas non son as apropiadas (gastadas, sucias, frouxas...)

Agradecémoslles a colaboración.

Un saúdo,

O Equipo Directivo



page | by Dr. Radut