Skip to Content

25 DE NOVEMBRO DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLÉNCIA DE XÉNERO

Concentrámonos alumnado, profesorado e persoal subalterno do IES Ramón Caamaño hoxe 25 de Novembro de 2019 xunto cos CPI Virxe da Barca, Persoal do CIM de Muxía, Alcalde, Concelleira de Igualdade e persoal do concello e veciñas e veciños de Muxía, para alzar a nosa voz clara e rotunda contra a Violencia de Xénero, e para esixir medidas eficaces contra este cancro que só se pode combater desde a unión, a educación e unha sociedade na que prime o amor, o respeto a tolerancia e por riba de todo a IGUALDADE entre homes e mulleres. Falou unhas verbas o alcalde Iago Toba para logo darlle paso a Concelleira de Igualdade Olalla Benlloch que leu un manifesto elaborado polas mulleres que conforman o CIM; pola nosa parte Johana Haz, Sara Haz, Marta Caamaño, Silvia Toba de 1º da ESO e Carla Martínez e Lucía Pazos de 2º leron tamén un maravilloso manifesto escrito por esta última. Léron tamén Sofía Valiña, Cristina Quintáns e Laura Santiago de 3º e 4º da ESO unha escolma de frases: denuncias, críticas proclamas alusivas ó tema froito do traballo nas aulas. Para rematar Silvia e Johana de 1º da ESO leron dous poemas da súa autoría, un deles un "acróstico" formando a palabra IGUALDADE. Foi un acto moi emotivo, ver como veciños e estamentos públicos de Muxía faciamos causa común.

Agradecer ó profesorado que estivo as semanas previas traballando co alumnado nas aulas, facendo diversas pancartas para visibilizar o tema no centro, e ó que axudou na elaboración da actividade de visionado colectiva nos segundos recreos da semana previa e posterior ó 25 de Novembro: PON AS LENTES VIOLETAS, que consistiu e consiste no visionado de "curtas" de poucos minutos con temática de denuncia sobre a violencia de xénero na pantalla do hall do centro. Tamén durante os primeiros recreos se proxectan videos musicais de artistas que coas súas letras axudan a visibilizar o problema.

LINKS

MANIFESTO "ESTOU FARTA" (Coral a 6 Voces) por LUCÍA PAZOS TRILLO

ESCOLMA DE FRASES, PROCLAMAS, REIVINDICACIÓNS 25N ALUMNADO

POEMA "PORCALLÁN ERES" por SILVIA TOBA CORRAL

ACRÓSTICO "IGUALDADE" por JOHANA HAZ SAR

MANIFESTO DO CONCELLO DE MUXÍA

PON AS LENTES VIOLETAS

CARTACES NO CENTRO

VIDEO REINTERPRETACIÓN DO TEMA "MATRIARCAS" DE GUADI GALEGO.

ALUMNADO DE 4º DA ESO

 



page | by Dr. Radut