AVISO CORTES DE TRÁFICO INMEDIACIÓNS DO INSTITUTO 18 - 02 - 2019
Avisáronos do Concello de que se van a levar a cabo unha serie de obras de parcheado do asfalto en varios tramos das rúas que rodean ó noso instituto. Isto conlevará o corte da rúa Manuel Lastres e da rúa Castelao en momentos alternos. Desde este mércores estará cortada a rúa Manuel Lastres no inicio das casas de protección oficial por un período aproximado duns 9 días e logo a Rúa Castelao á altura do albergue tamén por un período de 9 días. Deberán deixarse libres os espacios de aparcamento cercanos á rotonda anexa ó instituto para que podan dar a volta o transporte escolar e os turismos que transiten polas inmediacións. Os autobuses terán que entrar os primeiros días pola parte de atrás (zona coido) e logo pola de adiante (zona Marina). Mentres duren as obras estará presente a policía local á hora da entrada e de saida do alumnado. Os pais e nais do alumnado e profesorado poderán aparcar nas inmediacións pero terán presente as limitacións que podan derivarse destes cortes.
En amarelo espazo de estacionamento a liberar e en vermello espazos dos posibles "cortes".
- 86 lecturas