Skip to Content

Feliz Nadal

Desde a Biblioteca queremos desexarvos un Feliz Nadal.

Aquí tedes unha panxoliña de Nadal de Manuel María:

 

 

              I

Hai un vento cheo de frío

apousado nos camiños.

E no ar un asubío

todo cheo de aloumiños.

pero un vento milagreiro

nascerá pol-o Nadal.

Brilará coma un luceiro

pra alomear o portal.

            II

Xa nas ponlas dun carballo

nasceu un vento ventiño;

ten doces versos de orballo

e azas de paxariño.

Ten azas de paxariño

e craridades de día,

que llas deu Jesús Neniño

e Santa Virxe María.



blog | by Dr. Radut