2018_NOVIDADES, ÚLTIMAS PROPOSTAS E RECOMENDACIÓNS
O libro colectivo de homenaxe Manuel María, editado pola Deputación de Lugo e no que participou parte do alumnado do IES de Quiroga, por fin está na rúa. As autoras e os autores podedes pasar a recoller o voso exemplar a partir do venres 30 de xuño, en vicedirección.
|
ÚLTIMA HORA: DÍA DAS LETRAS 2018 para Mª Victoria Moreno |
|
Este curso, o alumnado que máis libros levou en préstamo foi: Luis Arias González (1º da ESO), Emily González Gallego (4º da ESO) e Elianny Burgos Lantigua (1º BAC) Parabéns, lector@s!!!! Pasade recoller os voso premios por vicedirección. |
|
O equipo "O Eco do Val" gaña o premio á mellor contraportada na primeira convocatoria de Escola de Prensa (polo diario El Progreso), e ve recoñecido o seu traballo cunha mención específica á cantidade e calidade das novas elaboradas polos rapaces e rapazas de 3º e 4º da ESO e difundidas na rede. |
Escola de Prensa de El Progreso. Podedes consultar aquí as publicacións do equipo de redacción de "O Eco do Val". |
Unha representación do alumnado do Club de Lectura Libromanía asistiu á X Xornada dos Clubs de Lectura. O sábado 17 de xuño, un alumno e dúas alumnas de 4º da ESO, xunto coa coordinadora do Club de Lectura, participaron no Somérxete!!! |
|
Na imaxe, foto de grupo cos representantes dos clubs de lectura do IES Río Cabe e do IES Cosme López Rodríguez |