Publicadas as Axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o curso 2023/2024

O prazo de presentación de solicitudes é dende o 22 de maio ata o 21 de xuño de 2023.
As solicitudes están publicadas na páxina web do centro, na sede electrónica da Xunta de Galicia (modelo ED330B) e na Secretaría do Centro. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica na aplicación "FONDOLIBROS" (https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/) ou na sede electrónica da Xunta de Galicia buscando o procedemento ED330B (é preciso ter chave 365, certificado dixital ou clave de usuario de educación).  Opcionalmente pódense presentar na Secretaría do centro educativo.
Toda a información está na Orde de 10 de maio de 2023  que regula as axudas de libros de texto e material escolar para o curso 2023-2024.