Equipo de Dinamización da Lingua Galega

Campaña #AquíTaménSeFalaGalego

   O IES Primeiro de Marzo atópase adherido á campaña #AquíTaménSeFala, na que participan centros educativos das catro provincias galegas. Esta campaña busca rachar coa imaxe distorsionada dunha suposta Galiza que non fala galego; e de que a nosa lingua non é empregada no mundo da empresa, nin nos barrios, nin nas vilas... E para contribuír coa eliminación destes prexuízos o alumnado exerce como técnico de normalización lingüística.

 O pasado 4 de marzo o alumnado de 4º da ESO e 1º FPB do noso IES, baixo a Coordinación do Equipo de Dinamización da Lingua Galega, e coa colaboración de profesorado e alumnado do Ciclo Superior en Animación Sociocultural e Turística, estivo percorrendo a vila de Baiona promocionando a campaña entre o comercio local.

     

Batalla Recitado polo Día de Rosalía de Castro (23 de Febreiro)

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES Primeiro de Marzo convoca unha Batalla de Recitado como conmemoración do 23 de febreiro, Día de Rosalía de Castro.

Está convocada toda a comunidade educativa, tanto alumnado como profesorado, persoal non docente e familias.

  

Cantos de Reis no Centro de Día de Sabarís

Este luns, 21 de Decembro, o alumnado do Ciclo Superior en Animación Sociocultural e  Turística do IES Primeiro de Marzo de Baiona, acudiron ó Centro de Día para Persoas Maiores de Sabarís coa intención de alegrar, polo menos durante unha xornada, ós seus usuarios e usuarias, que desfrutaron da  experiencia amosando a súa ledicia e agradecemento por esta iniciativa. 
Os efectos da pandemia sobre o colectivo das persoas maiores en institucións son múltiples, dende a limitación das posibles visitas a recibir, á redución da tipoloxía das actividades a realizar, sempre co obxectivo de garantir a súa seguridade fronte os perigos da COVID-19. Por esta razón,e ligado ó traballo que están a desenvolver no IES Primeiro de Marzo de recuperación e difusión dos Cantos de Reis, así como no seu empeño por abrir o seu centro á comunidade na que se atopa inmerso, xurdiu a idea de ofrecer un pequeno recital con algúns destes Cantos de Reis queconseguiron reunir.
Na organización de esta iniciativa tivéronse en conta todas as medidas de seguridade necesarias, polo que a actuación realizouse co alumnado no exterior do Centro de Día, e as persoas usuarias desfrutando dende o interior, a través da gran cristaleira coa que conta o edificio que alberga este servizo. A chuvia non foi quen de impedir que se levase a cabo esta actuación, preparada con moita ilusión por parte do alumnado deste ciclo formativo.
A recuperación do patrimonio cultural, a organización e xestión de eventos, así como o traballo, entre outros, co colectivo das persoas maiores, son elementos propios da formación dos profesionais da Animación Sociocultural, polo que a actividade resultou moi enriquecedora para todas as partes implicadas.

I Carreira Solidaria. O IES Primeiro de Marzo corre por Discamino

Este Luns, 30 de Abril, o IES 1º de Marzo de Baiona corre por Discamino.

Carreira organizada polo EDLG do centro, en colaboración co alumnado do Ciclo Superior en Animación Sociocultural e Turística.

Cada kilometro recorrido por cada alumno/a estará patrocinado (por familiares/amizades/profesorado...) polo valor de 1 euro. Cantos mais kilometros, mais apoio a esta iniciativa!

A recadación obtida destinarase, á súa vez, a patrocinar algunha etapa dos próximos Discaminos e as súas intrépidas aventuras!

Se queres saber mais sobre Discamino visita a súa web (www.discamino.org ) ou busca a súa páxina de Facebook.

 Manterémosvos informados/as.

 

Entroido 2018... un #EntroidoConHistoria

O pasado Venres 9 de Febreiro o IES 1º de Marzo fixo unha viaxe no tempo a través do seu #EntroidoConHistoria, recorrendo as diversas etapas históricas.

Dende a Prehistoria ata o Futuro, pasando por Grecia, Roma, Idade Media,... 

Ademáis dos disfraces temáticos, houbo tempo para un Concurso de Coplas de Entroido!

Deixámovos a Copla do profesorado, que decidíu disfrazarse das persoaxes da Aldea Gala que resistían o continuo asedio dun grupo de alumnado.... digo de Romanos!

 

 

 Agradecer ó alumnado do Ciclo de Animación Sociocultural e Turística e o Equipo de Dinamización Lingüística o seu esforzo organizativo e o seu empeño por manter viva a tradición.

Samaín e o Demo da Man Negra

Durante a semana do 30 de Outubro ó 3 de Novembro, coincidindo coa celebración do Día de Defuntos e o Samaín, o alumnado de Ciclo Superior en Animación Sociocultural e Turística realizou unha representación teatral para todo o centro educativo (todo o alumnado da ESO, FPB e Bacharelato, así como para profesorado e persoal non docente). Un total de 18 pases dun obra de elaboración propia, inspirada en lendas e mitos da cultura galega, que puxeron en contacto ó público coa experiencia dun Aquelarre, ou a lenda do Demo da Man Negraunha historia que aconteceu o ano pasado aquí, en Sabarís...

 Samaín

Moitas grazas ó alumnado das FP Básicas de Electricidade e Electrónica, e de Actividades Domésticas e Limpeza de Edificios pola súa colaboración na preparación da ambientación dos decorados e nas probas de son, así como na limpeza e orde do Salón de Actos unha vez rematadas as representacións. 

Distribuir contido