Tecnoloxía

Proxecto Hackers sen Fronteiras Baiona

Este curso poñemos en marcha o proxecto Hackers sen Fronteiras Baiona, proposta gañadora da convocatoria “Hackers Sen Fronteiras. Tecnoloxías para o ben común e os Dereitos Humanos no ensino secundario de Galicia" organizada por Enxeñaría sen Fronteiras Galicia.

Renovamos este curso a aula de informática e queremos darlle unha segunda vida aos ordenadores retirados que aínda funcionan. Un dos destinatarios dos ordenadores recuperados e actualizados son asociacións sen ánimo de lucro da contorna. Temos especial interese en reducir a fenda de xénero nas TIC e ofrecer os equipos a asociacións que axuden á emancipación e formación tecnolóxica das mulleres (casas de acollida de vítimas de violencia machista, mulleres rurais, etc.), pero poden ser beneficiarias calquera outro tipo de asociacións que dean un servizo social á comunidade: atención á discapacidade, saúde, cultura, patrimonio, etc.

No seguinte enderezo está toda a información sobre o proxecto: https://tecnoloxia.org/hackersbaiona/

Alí hai un formulario para asociacións a través do cal poden realizar a solicitude: https://forms.gle/s4bgv5JvVmt1gDwg7

Para resolver calquera dúbida ou se precisan información adicional, poden poñerse en contacto coa coordinadora do proxecto, María Loureiro do departamento de Tecnoloxía, a través do teléfono do instituto: 886110127

Distribuir contido