Secretaría

FIN DO PRAZO PARA PRESENTAR A SOLICITUDE DE AXUDA FONDO LIBROS E MATERIAL PARA O CURSO 24/25

Rematado o día 21 de xuño o prazo para  presentar a solicitude de axuda de beca para fondo de libros e material escolar para o curso 24/25.

A listaxe provisional de admitidos sairá o 12 de de xullo e a publicaremos no taboleiro de conserxería

ADMISIÓN FORMACIÓN PROFESIONAL 2024/25. CICLOS SUPERIORES E MEDIOS

Xuntamos información sobre o proceso.

A solicitude realizarase utilizando o asistente informático dispoñible en www.edu.xunta.gal/fp

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes de admisión para as ensinanzas de formación profesional en oferta ordinaria para o curso 2024-2025 será desde o 24 de xuño ás 9:00 horas ata as 13:00 horas do 4 de xullo.

PRAZAS: 30 para Ciclo Superior de Animación Sociocultural e Turística.

Horario presencial durante o curso de luns a venres

ADMISIÓN FORMACIÓN PROFESIONAL 2024/25. FP BÁSICA

Xúntase calendario e información sobre o proceso.

Horario de atención en secretaría de 9 a 13:30 horas

Oferta: 18 prazas

Horario de clase de 8:30 a 14 horas de luns a venres e a tarde do luns

INFORMACIÓN DA MATRÍCULA PARA O CURSO 2024/2025

Achegamos, como información, os  modelos e as instruccións para a matrícula do vindeiro curso 2024/25. Estos modelos - impresos entréganse ao alumnado en conserxería cos sobre de matrícula

INFORMACIÓN CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA ABAU

Achegamos información proceso extraordinario da ABAU (matrícula, taxas, horario probas etc), calquera cuestión atenderemos en secretaría de 8:30 a 14 horas.

 

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR CURSO ESCOLAR 2024/25

 

Máis información sobre a convocatoria nos adxuntos

 Enlace á web: Fondo Libros

 DOGORDE do 7 de maio de 2024

Procedemento administrativo:  ED330B

 

 

 


 

♦ Forma de presentación de solicitudes:

  • Electrónica: utilice esta aplicación e presente solicitude na Sede Electrónica  [iniciar].

           IMPORTANTE: na presentación electrónica deberá presentar unha solicitude individual para cada un dos seus fillos.

           NECESITARÁ ter: A) conta de Chave365, ou B) ter instalado certificado dixital (guía) ou DNI electrónico e máis a aplicación Autofirma

  • Presencial con asistencia da aplicación : cubra os datos nesta aplicación, imprima os Anexos I e II producidos e presenteos no centro educativo [iniciar].
  • Presencial manual: cubra os Anexos I e II da Orde da convocatoria e presénteos no centro educativo.

O alumnado que non estea admitido nin coñeza en que centro vai estar escolarizado no curso escolar 2024-2025, deberá presentar a solicitude no centro no que está matriculado no curso 2023-2024.

 

En ambos casos, o centro deberá comprobar e completar os datos da solicitude e a documentación
presentada e, de ser o caso, proceder á súa validación para conitnuar coa tramitación.

Distribuir contido