Proxecto Terra, Proxecto Ríos, Quérote+, Climántica, 12 meses 12 paisaxes

Proxecto Ríos 2022-2023

Polo río abaixo vai ...

INTRODUCIÓN

O estudo medioambiental da contorna é unha excelente oportunidade formativa para o alumnado dun centro de ensino, con independencia do nivel educativo. Este tipo de intervencións fano partícipe e protagonista dunha análise científica enmarcada na súa realidade inmediata e fomentan a implicación individual e colectiva na valorización e conservación do medio natural.

O Proxecto Ríos, centrado no estudo dos ríos, bríndanos un medio ideal para a nosa proposta de actuación interdisciplinaria. Contribuímos así á consecución das competencias na secundaria obrigatoria, no bacharelato e na formación profesional que impartimos.

Con esta edición do proxecto Ríos, o noso centro educativo leva 13 anos implicado no estudo dos ríos da contorna (Proxecto Ríos) sendo este o duodécimo dentro do Plan Proxecta. 

 

GRAO DE CONSECUCIÓN DOS OBXECTIVOS

 

GRADACIÓN: [T]:TOTALMENTE  [P]:PARCIALMENTE [NA]:NON ACADADO

 

Alén dos característicos deste proxecto, o principal obxectivo é o estudo medioambiental e sociocultural da contorna inmediata, centrada en dous dos ríos máis próximos: un en bo estado, A Groba, e outro moi urbanizado, Baíña.

 

Os obxectivos propostos na solicitude e o seu grao de desenvolvemento foron os seguintes:

 

Na materia de Bioloxía e Xeoloxía centrarémonos en:

 

-Estudar os parámetros físico-químicos e biolóxicos caracterizadores da calidade das augas. [T]

 

-Aprender a recoller mostras representativas, biolóxicas e non biolóxicas. [T]

 

-Encher unha ficha de campo, observando e interpretando os diferentes elementos da paisaxe.[T]

 

-Catalogar dos valores patrimoniais relacionados cos ríos e concienciación da importancia da súa conservación.[P]

 

-Valorar a intervención humana na paisaxe fluvial como elemento distorsionador e creador ao mesmo tempo de novos hábitats.[P]

 

Na materia de Lingua Inglesa na sección bilingüe:

 

-Utilizar a lingua inglesa como vehículo de comunicación real para unha actividade complementaria. Enriquecendo o vocabulario específico relacionado, facendo unha procura selectiva e axeitada da información.[T]

 

-Fomentar o interese pola Bioloxía e Xeoloxía, e pola ciencia en xeral, en inglés.[T]

 

-Elaborar pequenos informes escritos ou visuais sobre as actividades desenvoltas.[P]

 

Na materia de  Física e Química

 

-Identificar o concepto de contaminación aplicado a casos concretos da súa contorna, centrándonos nos contaminantes da auga e relacionándoos coas posibles fontes de contaminación. [T]

 

-Coñecer o seu tratamento e deseñar ensaios sinxelos para a súa detección e procesos de tratamento de residuos. Valorando criticamente a súa recollida selectiva. [T]

 

-Realizar a toma e o tratamento de mostras dun medio natural da contorna; determinar o caudal do río, a densidade da auga, o PH, a condutividade eléctrica, e outros parámetros físicos en diferentes tramos do río e identificar diferentes tipos de mesturas en diferentes tramos e compoñentes do leito do río. [T]

 

-Coñecer os fundamentos físicos do funcionamento dun muiño de auga.[NA]

 

Na de Lingua Galega:

 

-Investigar sobre o grao de contaminación dos ríos na Galiza. [T]

 

-Coñecer o significado da simboloxía da auga e dos ríos na nosa tradición cultural [T]

 

-Reflexionar sobre o uso responsábel da auga. [T]

 

-Coñecer vocabulario sobre o río e a súa contorna. [T]

 

-Aprender as diferentes variantes dialectais no léxico relacionado (nomes de árbores, peixes, elementos xeolóxicos)[P]

 

-Investigar a presenza da paisaxe fluvial na literatura medieval galega, analizando a súa connotación e a súa simboloxía.[T]

 

-No referente a FP e Ciclos no ámbito de Comunicación e Sociedade en 1º e 2º de FP Básica por cuestións de organización do centro e das casuísticas particulares dos grupos implicados, non foi posible implementar o programa nestes grupos.

 

RELACIÓN DE ACTIVIDADE REALIZADAS

 

As principais actividades realizadas aparencen resumidas na seguinte secuencia organizad mateias

 

a)  En Bioloxía e Xeoloxía:

 

T1. Visita co alumnado de 3º da ESO os río Baíña e o da Groba, toma de mostras e estudo no laboratorio.

 

T2. Preparación do alumnado de 3º, para que actúe como monitores para a visita de 2º de ESO, que será realizada no mes de abril. Presentación na I Feira Científica Val de Miñor do noso proxecto ríos: Xornada de maña: obradoiro identificación macroinvertebrados con mostras directas do río da Groba. Serán: presentación do Proxecto Ríos no noso centro, a cargo de alumnado de 2º de bacharelato que participou varios anos no programa.

 

T3. Emprego dunha clave dicotómica para o recoñecemento dos macroinvertebrados é unha visita do alumnado de 2º da ESO na materia de Paisaxe e Sustentabilidade, actuando os de 3º da ESO como monitores da actividade na que se visitará o río da Baíña.

 

b)  En Inglés:

 

T1. Estudo do vocabulario específicos da paisaxe da contora través de actividades. Estudo dos ríos da contorna a través dos elementos dun río, dos ríos do mundo.

 

T2. Preparación para exercer de monitores na visita do mes de abril, sendo repartidos en pequenos grupos, para que poidan estudar diferentes aspectos do río e a elaboración dun mural sobre o tema en 2º ESO.

 

T3. Saída ao río Baíña coa posterior elaboración dunha presentación das actividades desenvoltas na saída de primavera en 3º da ESO.

 

d)  En Física e Química

 

T1. Estudo do material de laboratorio e a súa utilidade e investigación sobre os posibles contaminantes presentes na auga do rio.

 

T2. Visita á contorna do río, toma de mostras e tratamento no laboratorio.

 

T3. Redacción de informe de laboratorio das actividades realizadas, análise dos contaminantes e a súa posible orixe. Estudo dun sistema de residuos e elaboración dun cartel ou infografía das partes dun muíño de auga ou de marea.

 

e)  En Lingua Galega

 

T1. Presentación do vocabulario relacionado co río e a súa contorna e realización de actividades 1º ESO. Investigación sobre a presenza da auga e a súa simboloxía nas lendas existentes na contorna en 2º ESO.

 

T2. Reflexionar sobre o uso responsábel da auga a partir da lectura dun fragmento do libro Be water de Antía Yáñez en 1º ESO. Facer unha infografía cun decálogo de medidas para reducir a contaminación dos ríos en 1º ESO. Análise do valor connotativo e simbólico da paisaxe fluvial na literatura galega do século XX e XXI en 4º ESO. Análise do valor connotativo e simbólico da paisaxe fluvial nas cantigas de amigo da lírica medieval galego-portuguesa en 3º ESO.

 

T3. Presentación da vocabulario relacionado co río e a súa contorna 2º ESO. Presentación das diferentes variedades dialectais do vocabulario relacionado cos ríos e as contornas naturais 3º ESO. Creación de xogos (tabú, pasapalabra, encrucillado, sopa de letras…) para traballarmos nas aulas con este campo semántico 2º ESO.

 

.f) No ámbito Científico de 2º de FP Básica

 

A penas se realizaron actividades con este grupo, como xa se comentou no apartado de obxectivos. Tan só indicar a parcialmente iniciada:

 

T1. Visita á contorna. Interpretación dos principais elemento do relevo na contorna. Especial atención aos ríos e a súa topografía. Ámbito Científico II (traballo sobre mapas topográficos mudos, ortofoto e observación directa...).

 

g)  No ámbito de Comunicación e Sociedade de 1ºe 2º de FP BÁSICA.

 

Non se realizaron as actividades inicialmente deseñadas para este grupo.

 

h) En oratoria.

 

T1.Procura e selección de información sobre o estado actual dos cursos fluviais e da súa contorna.

 

     Temas: sobreexplotación hídrica, encoros, centrais hidroeléctricas, regadío, explotación turística (hoteis, campos de golf).

 

T2. Elaboración e posta en práctica dun discurso oral. Argumentación da situación actual e posibilidades de mellora, necesidade de conservación dos ríos e o patrimonio asociado.

 

T3. Debate académico sobre o estado actual dos ríos e a súa contorna: aceptable/inaceptable.

 

AVALIACIÓN

 

A avaliación realizouse mediante o seguimento das actividades, a realización de enquisas, e nas reunións de coordinación do profesorado implicado. Durante as actividades de campo teranse en conta: a recollida de información, a implicación do alumnado,

 

Ao final das actividades os elementos avaliadores foron as propias fichas cubertas do proxecto Ríos e máis o caderno de campo de cada un/unha deles/as, a propia produción, a exposición final, as rúbricas específicas deseñadas para cada actividade e, como non, a propia elaboración da memoria final do proxecto, que se difunde a través da web do centro.

 

Por parte do profesorado implicado cumprimentouse una enquisa online para valorar o desenvolvemento do proxecto.

 

 Materiais xerados

 

Evidencias dos logros acadados e da realizacións das actividades (acceso a presentacións fotos, etc…)

 

XERAIS

 

-Cartaz Proxecto Ríos 2023-23 no IES Primeiro de Marzo

 

-Curso proxecto Ríos na web do centro: xeral    alumnado    profesorado

 

-Enquisa avaliativa profesorado

 

-Resumo gráfico enquisa

 

-Vídeo youtube Proxecto Ríos 12 anos

 

-Presentación Proxecto Ríos I Feira Científica Val de Miñor  Cartaz Feira de Ciencia

 

Divulgación na web do centro: http://www.edu.xunta.es/centros/iesprimeiromarzo/?q=node/402

 

Bioloxía e Xeoloxía e Inglés

 

-caderniño de campo 2023

 

-Caderniño de campo da saída: exemplos cumprimentados: caderniño 1 caderniño 2

 

-Xustificación das inspeccións na páxina de Proxecto Ríos

 

-Guións para a preparación dos monitores: River project guidelines

 

-Rúbrica para monitores (3º ESO) 

 

-Informes laboratorio: exemplo 1 exemplo 2

 

Física e Química

 

-Material de laboratorio

 

-Reciclaxe

 

-Traballos complementarios

 

-Traballo de campo

 

-Analise da auga do río Baíña

 

Inglés (2 ESO_Bilingüe)

 

-Saída ao río Baíña. Evidencias fotográficas.

 

Lingua e Literatura Galega

 

-Xogo de memoria.

 

-Sopa de letras.

 

-Pasa palabra.

 

-Tabú.

 

-Fotos  da realización dos xogos en grupos de traballo

 

-Pósters sobre a conservación dos ríos

 

Oratoria

 

-Oratoria 1

 

-Oratoria 2

 

-Oratoria 3

 

A bibliografía empregada foi principalmente a páxina web e os recursos aportados polo proxecto Ríos

 

Ademáis salientamos os libros:

 

-Armesto, X.F; González, M. Baiona. Vigo: Ir Indo Edicións.

 

-Barreiro, H. (2012). Bayona de Galicia. Pasado y presente de la real villa histórica, turística y marinera. Edición Deputación de Pontevedra.

 

-González González, M. & Cobo Gradin, F. 2006. Macroinvertebrados de las aguas dulces de Galicia. Hércules Ediciones.

 

-Ladrera, R; Rieradevall, M. & Prat, N. 2013. Macroinvertebrados acuáticos como indicadores biológicos: una herramienta didáctica. Ikastorratza. -e-Revista de Didáctica 11, retrieved 2013/12/20 from http://www.ehu.es/ikastorratza/11_alea/macro.pdf (ISSN: 1988-5911)

 

-Leiro Lois, A. & Daporta Padín, R. 2002. As árbores. Enciclopedia Temática Ilustrada. Ed. A nosa Terra.

 

-Núñez Pérez, Manuel. 2002. Os ríos. Enciclopedia Temática Ilustrada. Ed. a nosa Terra.

 

-Oscoz, J. 2008. Guía de campo de los macroinvertebrados de la Cuenca del Ebro. Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente.

 

-VVAA. 2012. Catálogo y claves de identificación de organismos utilizados como elementos de calidad en las redes de control del estado ecológico. Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente.

 

-VVAA. 2005. Os ríos galegos (I): Calidade e biodivesidade. Cadernos ADEGA nº 14.

-VVAA. 2005. Os ríos galegos (II): Calidade e biodivesidade. Cadernos ADEGA nº 15

 

Publicación do proxecto en EDUGA

Publicación do resumo do noso proxecto Polo río abaixo vai...

 

PREMIO DO PLAN PROXECTA AO PROXECTO RÍOS

Concedido accésit ao Plan Proxecta Ríos do noso centro. Achegamos  resolución  da Dirección Xeral de Educación. ¡Enhoraboa ao participantes!

PLAN PROXECTA18-19: PROXECTO RÍOS ACTIVIDADE CICLO e FP Básica

Un grupo de alumnas e alumnos do IES Primeiro de Marzo, do ciclo de Formación Profesional Básica en “Actividades Domésticas e Limpeza de Edificios” e do Ciclo Superior en “Animación Sociocultural e Turística”, coñeceron de primeira man o proceso tradicional de lavado de roupa no lavadoiro de Sabarís. A actividade, no marco do Plan Proxecta e concretamente dentro do
Proxecto Ríos que desenvolve o centro e que vai xa neste curso escolar 2018-2019 pola súa sétima edición, levouse a cabo grazas á colaboración de dúas veciñas do municipio e que ademáis son avoas de dous alumnos que participaron da actividade. Estas mulleres compartiron co alumnado os seus coñecementos e vivencias en torno ao proceso de lavado de roupa nos lavadoiros, respostando ás súas dúbidas e facendo unha demostración práctica. Para rematar a xornada, todos os alumnos e alumnas puideron experimentar en primeira persoa, guiados por estas excepcionais mestras, como era esta dura tarefa que, ata ben pouco, desenvolveron as mulleres ao longo da Historia.

PLAN PROXECTA18-19: PROXECTO RÍOS ACTIVIDADE BILINGÜE

Este xoves23 o alumnado de Seccións Bilingües do IES Primeiro de Marzo realizou a actividade de inspección do río Baíña de Proxecto Ríos. Un ano máis, as alumnas e alumnos de 3º da ESO actuaron como monitores bilingües para os seus compañeiros de 2º da ESO, dentro do programa de innovación educativa Plan Proxecta, no que o centro leva traballando 7 anos.

 

Parabéns a todas e todos. Congratulations!!!

 Eiquí tedes un vídeo resumo, realizado pola profesora Natalia. GRAZAS!!!

Plan Proxecta: Paisaxe e Sustentabilidade

  E co fin de curso remata tamén a nosa participación no plan proxecta Paisaxe e Sustentabilidade: Redescubrindo a nosa paisaxe". Graciñas a todolos/as alumnos/as, familias e docentes pola súa implicación e participación. Non esquezades visitar o blog para ver os últimos traballos

A coordinadora

 Natalia Regueiro Leis

Proxecto Ríos 2017-2018

 

Polo río abaixo vai...Coñecendo os ríos da nosa contorna

 Introdución

 O estudo medioambiental da contorna é unha excelente oportunidade formativa para o alumnado dun centro de ensino, con independencia do nivel educativo. Este tipo de intervencións fano partícipe e protagonista dunha análise científica enmarcada na súa realidade inmediata e fomentan a implicación individual e colectiva na valorización e conservación do medio natural.

O Proxecto Ríos, centrado no estudo dos ríos, bríndanos un medio ideal para a nosa proposta de actuación interdisciplinaria. Contribuímos así á consecución da competencia científica na secundaria obrigatoria, no bacharelato e na formación profesional que se imparte no noso centro educativo.

O noso centro educativo leva sete anos implicado no estudo dos ríos da contorna (Proxecto Ríos) sendo este o sexto dentro do Plan Proxecta. Como principal novidade nesta edición, contamos coa incorporación do departamento de Educación Plástica e Visual.

 

Grao de consecución dos obxectivos

 

A continuación aparecen recollidos os distintos obxectivos coa indicación do seu grao de consecución:

a) Específicos de Bioloxía e Xeoloxía: -Estudar os parámetros físico-químicos caracterizadores da calidade das augas. TOTALMENTE
-Estudar os parámetros biolóxicos indicadores da calidade das augas. TOTALMENTE
-Aprender a recoller mostras representativas (biolóxicas e non biolóxicas). PARCIALMENTE
-Aprender a cumprimentar unha ficha de campo, observando e interpretando os diferentes elementos da paisaxe. PARCIALMENTE
-Catalogación dos valores patrimoniais relacionados cos ríos  e concienciación da importancia da súa conservación. PARCIALMENTE
-Aprender a organizar unha saída ao campo . TOTALMENTE
-Valorar a intervención humana na paisaxe fluvial como elemento distorsionador e creador  de novos hábitats. PARCIALMENTE
-Localización dos ríos nun mapa topográfico e en soporte dixital. Delimitación de cuncas, treitos. TOTALMENTE
b) Específicos de Inglés (para Sec. Bilingües):-Utilizar a lingua inglesa como vehículo de comunicación real para unha actividade complementaria. PARCIALMENTE
-Enriquecemento no vocabulario específico relacionado. Procura selectiva e axeitada da información. /PARCIALMENTE
-Fomentar o interese pola Bioloxía e Xeoloxía, e pola ciencia en xeral, en Inglés. PARCIALMENTE
-Elaboración e pequenos informes escritos ou visuais sobre as actividades desenvoltas. PARCIALMENTE
c) Específicos Educación Plástica e Visual:.-Fomentar o interese polo medio natural. PARCIALMENTE
-Realización de collage o imaxe tratada sobre a temática desenvolvida en proxecto Ríos. TOTALMENTE
-Realización dun cartel publicitario do proxecto, con técnicas diversas. TOTALMENTE
-Realización de esculturas con material reciclado, sobre a biodiversidade presente nos ríos de estudo. TOTALMENTE
d) Específicos do Ciclo de Animación Sociocultural e Turística: -Recoñecer a importancia do medio natural como base para o ecodesenvolvemento dunha comunidade. TOTALMENTE
-Explorar posibilidades de intervención na comunidade a partir do medio natural. TOTALMENTE
-Utilizar adecuadamente os instrumentos e medios necesarios para a exploración, análise e intervención na contorna. TOTALMENTE
-Cumprimentar e xestionar a documentación asociada ás intervencións en contornas fluviais. PARCIALMENTE
-Recoñecer o medio natural da contorna como recurso para a intervención en animación sociocultural e turística. TOTALMENTE.

-Recompilar a información necesaria para o deseño de itinerarios e circuítos adaptados. TOTALMENTE
-Realizar as adaptacións precisas nas actividades de educación ambiental, de cara á intervención con colectivos con necesidades específicas. TOTALMENTE

-Valorar os ríos da contorna, aplicando criterios de accesibilidade e seguridade,para actividadescos colectivos de terceira idade e saúde mental. TOTALMENTE
-Desenvolver propostas de educación ambiental e lecer, implicando a persoas dos colectivos da terceira idade e saúde mental. PARCIALMENTE

-Fomentar o interese polo medio natural da contorno máis próxima. TOTALMENTE 

-Visibilizar e difundir as accións desenvolvidas a través de diferentes canles. TOTALMENTE

Organización, desenvolvemento e metodoloxía

 ORGANIZACIÓN

-O Alumnado: implicamos a o alumnado das Seccións Bilingües de 2º da ESO (Paisaxe e Sustentabilidade), 3ºESO (Bioloxía e Xeoloxía, Inglés e Educación Plástica e Visual) e 1º de Bioloxía e Xeoloxía de Bacharelato e 1º e 2º do Ciclo de Animación Sociocultural e Turística. Comentar que tamén incorporamos ao alumnado de 4º da ESO de Bioloxía e Xeoloxía

-Os Departamentos didácticos: Os departamentos implicados son: Bioloxía e Xeoloxía, Inglés, Servizos Socioculturais e á Comunidade, Educación Plástica e Visual.

DESENVOLVEMENTO

a) En Bioloxía e Xeoloxía (3º ESO) e Paisaxe e Sutentabilidade (2º ESO):

1º trimestre:

-visita de 3º da ESO ao río Baíña, toma de mostras e estudo no laboratorio das mesmas co alumnado de 3º da ESO de Seccións bilingües.

-visita ao río da Groba, toma de mostras e estudo no laboratorio de macroinvertebrados con 4º da ESO.

-Estudo xeomorfolóxico dos elementos dun río, dinámica e impactos.

2º trimestre:

-preparación para que o alumnado de 3º actúe como monitores para a visita de 2º de ESO, que se farán no mes de maio.

-Elaboración dun mapa topográfico 3D da contorna de Baiona onde se representan as principais cuncas hidrográficas da zona (2º ESO)

3º trimestre:

-visita ao río da Groba, toma de mostras e estudo no laboratorio de macroinvertebrados con 1º de bacharelato.

-visita ao río da Groba, toma de mostras por parte dos profesores e estudo no laboratorio das mesmas, alumnado de 1º Bach.

-Visita  ao río Baíña do alumnado de 2º da ESO (Paisaxe e Sustentabilidade), con 3º da ESO como monitores da actividade. Por mor do tempo, e repetidos adiamentos da saída, decídese realizar unha sesión no centro que representa a saída ao río Baíña, no pavillón do centro e cunha representación no chan.

-Exposición dos traballos realizados xunto cos de Educación Plástica.

b) En Inglés:

1º trimestre:

-Estudo do vocabulario específico da actividade (3º ESO)

-Estudo dos ríos (elementos dun río, ríos do mundo,...) (3º ESO)

-Tratamento da información obtida na primeira saída. (3º ESO)

2º trimestre:

-Desenvolvemento de habilidades comunicativas. (3º ESO)

-Reparto en pequenos grupos dos diferentes aspectos a estudar do río (3º ESO)

-Adquisición de vocabulario en inglés referente á proceso de formación dun río, os seus treitos e os seus elementos principais.

-Construción dunha maqueta representativa da viaxe e partes dun río empregando papel maché.

3º trimestre:

Toma de contacto co caderninho que inclúe a ficha de campo. Traballamos o vocabulario en inglés e definimos os conceptos. Axudámonos dun xogo de facer parellas creado co vocabulario da ficha de campo.

-Realización da saída ao río Baíña (interrompida polo mal tempo), e elaboración da recreación na pista cuberta do pavillón deportivo dúas semanas despois. (2º e 3º ESO)

-Elaboración dunha presentación das actividades desenvoltas na saída de primavera (3º ESO)

c) En Educación Plástica e Visual

1º trimestre:

-Recollida de información do proxecto e dos departamentos implicados, para elaborar o guión técnico para a elaboracion do cartel publicitario.( 3º ESO)
2º trimestre:

-Elaboración dos carteis na clase, en grupos de dous ou tres alumnos/as. Seleccion dos mellores carteis  para dar publicidade ao proxecto e para particpar na exposición final de curso. (3º ESO)

3º trimestre:

-Elaboráronse esculturas de insectos e outros macroinvertebrados.(3º ESO)

-Contribución a elaboración dunha exposición sobre a vida no río  (3·º ESO)

d) En Ciclo Animación Sociocultural e Turística

1º trimestre:

-Toma de contacto do alumnado co proxecto, búsqueda de información e posibles visitas ao contorno para familiarizarse co mesmo. Aprendizaxe e repaso do manexo das técnicas e instrumentos de análise e medición do río. Alumnado de 1º e 2º de Ciclo ASOCT

2º trimestre:

-Visita ao río Baíña para coñecer as posibilidades que ofrece e deseñar posibles propostas de intervención adaptadas aos colectivos (persoas con  enfermidade mental e persoas maiores). Alumnado de 1º e 2º de Ciclo ASOCT. Intervención do alumnado de 2º co colectivo asignado: saúde mental (en principio o centro co cal traballarían sería a Asociación Avelaíña). A intervención prevista coa Asociación Avelaíña finalmente non se pudo levar a cabo, dado que o alumnado de 2º do ciclo de ASOCT tan só está no centro ata finais do mes de marzo (momento no cal se incorporan ás empresas para a realización da FCT) e a climatoloxía adversa non nos permitiu atopar unha data óptima para os dous centros participantes na cal poder desenvolver a actividade.

3º trimestre:

-Visita ao Servizo de Atención Diurna de Sabarís; primeiro encontro coas participantes na actividade e entrevista de recollida de información sobre as persoas usuarias coa traballadora social do centro.  Adaptación da actividade prevista ás características e necesidades das participantes. Preparación da saída. Saída ao río Baíña co alumnado de 1º de ASOCT e 12 mulleres da terceira idade do SAD de Baiona. Xornada de explicación da actividade para as persoas do SAD que non puideron participar, na que puideron ver as mostras recollidas no río e as fotografías que se sacaron da xornada na que participaron as súas compañeiras.

METODOLOXÍA

Propuxemos un modelo de desenvolvemento deste proxecto integrado e coherente cos plans do centro (Plan Lector, Plan TIC, Convivencia,...) e con aqueles de innovación educativa xa consolidados no noso centro, que son: o Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares (PLAMBE), o Club de Lectura (CL), o Programa de Seccións Bilingües (SSBB) e o Club de Ciencias.

O proxecto fundamentouse nunha metodoloxía baseada na indagación e aprendizaxe colaborativa, e incorporará estratexias propias da aprendizaxe baseada en proxectos e mediante retos, incluíndo propostas tipo Flipped Classroom. Todas estas actuacións axéitanse a un modelo de enriquecemento curricular, no que o noso alumnado terá a oportunidade de dar a coñecer e desenvolver aqueles aspectos curriculares e competenciais das materias implicadas, que non se dan no desenvolvemento convencional.

A nosa proposta estibo en todo momento aberta a modificacións e readaptacións facilitaron a súa consecución. O noso proxecto implicou actuacións nos seguintes niveis:

-no profesorado, na elaboración do proxecto, pero ademais durante o curso, realizaranse reunións de coordinación onde se recollerá o estado, as principais incidencias e as modificacións que se consideren oportunas,

-no alumnado do proxecto, nas intervencións conxuntas,

-no grupo clase, nas diversas actividades realizadas dentro de cada materia

-no alumno/a, posto que o modelo de enriquecemento curricular permite a detección de talentos e favorece o seu desenvolvemento

-noutros colectivos: outros colectivos locais (centro de día para persoas maiores)

-na comunidade educativa, mediante a difusión do proxecto nas diferentes canles consideradas, que son: web do centro e medios,

Avaliación

A avaliación realizouse mediante o seguimento das actividades, a revisión dos traballos, e nas reunións de coordinación do profesorado implicado.

Primeiramente realizouse unha actividade preavaliativa, para recoller as impresións previas e o coñecemento do tema por parte do alumnado (en galego, oralmente na clase).

Durante as actividades de campo tívose en conta: a recollida de información, a implicación do alumnado na actividade, o uso da lingua inglesa na mesma (alumnado da Sección Bilingüe).

Ao final das actividades, as propias fichas cubertas do proxecto Ríos e máis o caderniño de campo de cada alumno/a, a propia produción, a exposición final, as rúbricas específicas deseñadas para cada actividade e, como non, a propia elaboración da memoria final do proxecto, que se difunde a través da web do centro.

 

Listaxe de materiais xerados representativos

 

  • Construción dunha maqueta representativa da viaxe e partes dun río empregando papel maché. Primeiro aprendemos a facer o papel maché cun vídeo explicativo en inglés
  • maqueta dun río. Enlace: https://youtu.be/QDoSEWUCpyM

 

Caderniños cumprimentados, descrición do tramo do río estudado e un vídeo que mostra a saída ao río e a sesión substitutiva no centro. Enlace: https://youtu.be/LHSwYVMj2a8

-Divulgación da actividade de Proxecto Ríos  co Ciclo de Animación na prensa. Enlace: https://galego.farodevigo.es/comarcas/2018/05/20/jornada-intergeneracional-rio-baina/1894760.html

 

BIBLIOGRAFÍA

A bibliografía empregada foi principalmente a páxina web e os recursos aportados polo proxecto Ríos

Ademáis salientamos os libros:

-González González, M. & Cobo Gradin, F. 2006. Macroinvertebrados de las aguas dulces de Galicia. Hércules Ediciones.

-Leiro Lois, A. & Daporta Padín, R. 2002. As árbores. Enciclopedia Temática Ilustrada. Ed. A nosa Terra.

-Núñez Pérez, Manuel. 2002. Os ríos. Enciclopedia Temática Ilustrada. Ed. a nosa Terra.

E tamén os seguintes enderezos específicos para a sección bilingüe:

-Geography: notes on river studies. http://olevelgeog.blogspot.com.es/2009/10/notes-on-river-studies.html

-BBC Geography: river landscape. http://www.bbc.co.uk/bitesize/standard/geography/rivers/river_landscapes...

-Materias libres en pdf: http://www.primaryresources.co.uk/geography/pdfs/rivers_ws_cw.pdf, http://bogglesworldesl.com/river_worksheets.htm

-How to make papel mache. https://youtu.be/LiSMinmcN4c

  -How to make a 3D map. https://youtu.be/AZ7lWrqidgkar

Guardar

Guardar

Guardar

Guardar

Guardar

Guardar

     

 

 

Distribuir contido