INFORMACIÓN: PRAZO DE RESERVA PARA O CURSO 2021/22 (só para centros adscritos) E PRAZO DE ADMISIÓN PARA CAMBIO DE CENTRO EN CALQUERA ETAPA ( Centros non adscritos)FINALIZADO

Reserva SOLO para centros adscritos: PRAZO FINALIZADO

Normativa e aplicación:

Orde do 18 de decembro de 2020 (https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20201222/AnuncioG0598-211220-0001_gl.html) pola que modifica a Orde do 12 de marzo de 2013.

Orde do 25 de xaneiro de 2017

Orde do 12 de marzo de 2013

Decreto 254/2012 do 13 de decembro.

Anuncio: publicada a resolución do sorteo das letras de prioridade que afectan ao primeiro apelido  e son a "W" e  a "S", así mesmo, afectan ao segundo apelido as letras "B" e "F".

________________________________________________________________________

PRAZO PARA CENTROS DE PRIMARIA ADSCRITOS AO NOSO: do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro de 2021, ambos incluídos. XA FINALIZOU

A solicitude debe realizarse no centro no que está matriculado no presente curso ou na aplicación "admisionalumnado"

https://www.xunta.es/portada (solicitar chave365)

Enlace aplicación para reserva no portal educativo: https://edu.xunta.gal/admisionalumnado

AVISO: A LISTAXE DEFINITIVA DO ALUMNADO PROCEDENTE DE CENTROS ADSCRITOS, RESERVA  CURSO 2021/22, ESTÁ PUBLICADA NO TABOLEIRO DA SECRETARÍA DO IES. FORON TODOS ADMITIDOS.

_______________________________________________________________

Admisión para cambio de centro: Alumnado procedente de centros NON ADSCRITOS

Prazo: do 1 de marzo ao 22 de marzo, ambos incluídos; ao ser o día 20 sábado, trasládase o derradeiro día ao luns 22. PRAZO FINALIZADO.

As instancias presentadas entre o 23 de marzo e o 18 de maio, ambos incluídos, serán fóra de prazo. Xuntamos arquivo co impreso para procedemento extraordinario

Documentación que deberán de achegar tanto na aplicación ou presencialmente na secretaría do IES en horario de 9 a 13:30 horas de luns a venres:

Solicitude de admisión : CÓDIGO DA SOLICITUDE ED550B

ENLACE:    https://edu.xunta.gal/admisionalumnado

Poderán imprimila da aplicación "admisionalumnado" e entregala cuberta ou cubrila directamente na aplicación; tamén a través da chave365 da sede electrónica da Xunta: http://www.xunta.es/portada

Copia do DNI dos pais e alumno/a

Copia libro de familia

Certificado de empadroamento

Certificado do 3º da ESO coa nota media, tal e como se indica na solicitude (só se solicita praza para 1º de  bacharelato)

Sentenza en caso de separación ou divorcio (se houbera)

O proceso de inscrición tanto para reserva como para admisión, as instrucións e a axuda (nº 13 do menú da apliación) o atopan na aplicación "admisionalumnado", arriba indicada, tamén poden dirixirse á secretaría do Centro.

 Postos escolares ofertados:

     1º ESO: 7

       2º ESO: 6

       3º ESO: 3

       4º ESO: 5

       1º Bacharelato:

  • Modalidade Ciencia e Tecnoloxía: 16
  • Modalidade de Humanidades e Ciencias Sociais: 6

       2º Bacharelato:

  •  Modalidade Ciencia e Tecnoloxía: 0
  • Modalidade de Humanidades e Ciencias Sociais: 10

 Prazo presentación de solicitudes:

   Entre o 1 e o 22 de marzo, ámbolos días incluídos. Empregarase o formulario   normalizado ED550B.

 NOTA Informativa:

 Cada alumna e alumno só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar, no caso de infracción suporá a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.

  1. O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.
  2. O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión

 Prazo de presentación da documentación se é necesario baremar:

 Entre o 23 e o 31 de marzo, ámbolos días incluídos.

Listaxe provisional do alumnado admitido/non admitido: Antes do 26 de abril  Publicación da lista definitiva de ADMITIDOS/AS E NON ADMITIDOS/AS: antes do 18  de  maio

AdxuntoTamaño
resolucion_resultado_sorteo_anual_letras_admision_2021.pdf200 KB
Impreso para fóra de prazo.pdf990.19 KB