Introdución
O estudo medioambiental da contorna é unha excelente oportunidade formativa para o alumnado dun centro de ensino, con independencia do nivel educativo. Este tipo de intervencións fano partícipe e protagonista dunha análise científica enmarcada na súa realidade inmediata e fomentan a implicación individual e colectiva na valorización e conservación do medio natural.
O Proxecto Ríos, centrado no estudo dos ríos, bríndanos un medio ideal para a nosa proposta de actuación interdisciplinaria. Contribuímos así á consecución da competencia científica na secundaria obrigatoria, no bacharelato e na formación profesional que se imparte no noso centro educativo.
O noso centro educativo leva sete anos implicado no estudo dos ríos da contorna (Proxecto Ríos) sendo este o sexto dentro do Plan Proxecta. Como principal novidade nesta edición, contamos coa incorporación do departamento de Educación Plástica e Visual.
A continuación aparecen recollidos os distintos obxectivos coa indicación do seu grao de consecución:
a) Específicos de Bioloxía e Xeoloxía: -Estudar os parámetros físico-químicos caracterizadores da calidade das augas. TOTALMENTE
-Estudar os parámetros biolóxicos indicadores da calidade das augas. TOTALMENTE
-Aprender a recoller mostras representativas (biolóxicas e non biolóxicas). PARCIALMENTE
-Aprender a cumprimentar unha ficha de campo, observando e interpretando os diferentes elementos da paisaxe. PARCIALMENTE
-Catalogación dos valores patrimoniais relacionados cos ríos e concienciación da importancia da súa conservación. PARCIALMENTE
-Aprender a organizar unha saída ao campo . TOTALMENTE
-Valorar a intervención humana na paisaxe fluvial como elemento distorsionador e creador de novos hábitats. PARCIALMENTE
-Localización dos ríos nun mapa topográfico e en soporte dixital. Delimitación de cuncas, treitos. TOTALMENTE
b) Específicos de Inglés (para Sec. Bilingües):-Utilizar a lingua inglesa como vehículo de comunicación real para unha actividade complementaria. PARCIALMENTE
-Enriquecemento no vocabulario específico relacionado. Procura selectiva e axeitada da información. /PARCIALMENTE
-Fomentar o interese pola Bioloxía e Xeoloxía, e pola ciencia en xeral, en Inglés. PARCIALMENTE
-Elaboración e pequenos informes escritos ou visuais sobre as actividades desenvoltas. PARCIALMENTE
c) Específicos Educación Plástica e Visual:.-Fomentar o interese polo medio natural. PARCIALMENTE
-Realización de collage o imaxe tratada sobre a temática desenvolvida en proxecto Ríos. TOTALMENTE
-Realización dun cartel publicitario do proxecto, con técnicas diversas. TOTALMENTE
-Realización de esculturas con material reciclado, sobre a biodiversidade presente nos ríos de estudo. TOTALMENTE
d) Específicos do Ciclo de Animación Sociocultural e Turística: -Recoñecer a importancia do medio natural como base para o ecodesenvolvemento dunha comunidade. TOTALMENTE
-Explorar posibilidades de intervención na comunidade a partir do medio natural. TOTALMENTE
-Utilizar adecuadamente os instrumentos e medios necesarios para a exploración, análise e intervención na contorna. TOTALMENTE
-Cumprimentar e xestionar a documentación asociada ás intervencións en contornas fluviais. PARCIALMENTE
-Recoñecer o medio natural da contorna como recurso para a intervención en animación sociocultural e turística. TOTALMENTE.
-Recompilar a información necesaria para o deseño de itinerarios e circuítos adaptados. TOTALMENTE
-Realizar as adaptacións precisas nas actividades de educación ambiental, de cara á intervención con colectivos con necesidades específicas. TOTALMENTE
-Valorar os ríos da contorna, aplicando criterios de accesibilidade e seguridade,para actividadescos colectivos de terceira idade e saúde mental. TOTALMENTE
-Desenvolver propostas de educación ambiental e lecer, implicando a persoas dos colectivos da terceira idade e saúde mental. PARCIALMENTE
-Fomentar o interese polo medio natural da contorno máis próxima. TOTALMENTE
-Visibilizar e difundir as accións desenvolvidas a través de diferentes canles. TOTALMENTE
ORGANIZACIÓN
-O Alumnado: implicamos a o alumnado das Seccións Bilingües de 2º da ESO (Paisaxe e Sustentabilidade), 3ºESO (Bioloxía e Xeoloxía, Inglés e Educación Plástica e Visual) e 1º de Bioloxía e Xeoloxía de Bacharelato e 1º e 2º do Ciclo de Animación Sociocultural e Turística. Comentar que tamén incorporamos ao alumnado de 4º da ESO de Bioloxía e Xeoloxía
-Os Departamentos didácticos: Os departamentos implicados son: Bioloxía e Xeoloxía, Inglés, Servizos Socioculturais e á Comunidade, Educación Plástica e Visual.
DESENVOLVEMENTO
a) En Bioloxía e Xeoloxía (3º ESO) e Paisaxe e Sutentabilidade (2º ESO):
1º trimestre:
-visita de 3º da ESO ao río Baíña, toma de mostras e estudo no laboratorio das mesmas co alumnado de 3º da ESO de Seccións bilingües.
-visita ao río da Groba, toma de mostras e estudo no laboratorio de macroinvertebrados con 4º da ESO.
-Estudo xeomorfolóxico dos elementos dun río, dinámica e impactos.
2º trimestre:
-preparación para que o alumnado de 3º actúe como monitores para a visita de 2º de ESO, que se farán no mes de maio.
-Elaboración dun mapa topográfico 3D da contorna de Baiona onde se representan as principais cuncas hidrográficas da zona (2º ESO)
3º trimestre:
-visita ao río da Groba, toma de mostras e estudo no laboratorio de macroinvertebrados con 1º de bacharelato.
-visita ao río da Groba, toma de mostras por parte dos profesores e estudo no laboratorio das mesmas, alumnado de 1º Bach.
-Visita ao río Baíña do alumnado de 2º da ESO (Paisaxe e Sustentabilidade), con 3º da ESO como monitores da actividade. Por mor do tempo, e repetidos adiamentos da saída, decídese realizar unha sesión no centro que representa a saída ao río Baíña, no pavillón do centro e cunha representación no chan.
-Exposición dos traballos realizados xunto cos de Educación Plástica.
b) En Inglés:
1º trimestre:
-Estudo do vocabulario específico da actividade (3º ESO)
-Estudo dos ríos (elementos dun río, ríos do mundo,...) (3º ESO)
-Tratamento da información obtida na primeira saída. (3º ESO)
2º trimestre:
-Desenvolvemento de habilidades comunicativas. (3º ESO)
-Reparto en pequenos grupos dos diferentes aspectos a estudar do río (3º ESO)
-Adquisición de vocabulario en inglés referente á proceso de formación dun río, os seus treitos e os seus elementos principais.
-Construción dunha maqueta representativa da viaxe e partes dun río empregando papel maché.
3º trimestre:
Toma de contacto co caderninho que inclúe a ficha de campo. Traballamos o vocabulario en inglés e definimos os conceptos. Axudámonos dun xogo de facer parellas creado co vocabulario da ficha de campo.
-Realización da saída ao río Baíña (interrompida polo mal tempo), e elaboración da recreación na pista cuberta do pavillón deportivo dúas semanas despois. (2º e 3º ESO)
-Elaboración dunha presentación das actividades desenvoltas na saída de primavera (3º ESO)
c) En Educación Plástica e Visual
1º trimestre:
-Recollida de información do proxecto e dos departamentos implicados, para elaborar o guión técnico para a elaboracion do cartel publicitario.( 3º ESO)
2º trimestre:
-Elaboración dos carteis na clase, en grupos de dous ou tres alumnos/as. Seleccion dos mellores carteis para dar publicidade ao proxecto e para particpar na exposición final de curso. (3º ESO)
3º trimestre:
-Elaboráronse esculturas de insectos e outros macroinvertebrados.(3º ESO)
-Contribución a elaboración dunha exposición sobre a vida no río (3·º ESO)
d) En Ciclo Animación Sociocultural e Turística
1º trimestre:
-Toma de contacto do alumnado co proxecto, búsqueda de información e posibles visitas ao contorno para familiarizarse co mesmo. Aprendizaxe e repaso do manexo das técnicas e instrumentos de análise e medición do río. Alumnado de 1º e 2º de Ciclo ASOCT
2º trimestre:
-Visita ao río Baíña para coñecer as posibilidades que ofrece e deseñar posibles propostas de intervención adaptadas aos colectivos (persoas con enfermidade mental e persoas maiores). Alumnado de 1º e 2º de Ciclo ASOCT. Intervención do alumnado de 2º co colectivo asignado: saúde mental (en principio o centro co cal traballarían sería a Asociación Avelaíña). A intervención prevista coa Asociación Avelaíña finalmente non se pudo levar a cabo, dado que o alumnado de 2º do ciclo de ASOCT tan só está no centro ata finais do mes de marzo (momento no cal se incorporan ás empresas para a realización da FCT) e a climatoloxía adversa non nos permitiu atopar unha data óptima para os dous centros participantes na cal poder desenvolver a actividade.
3º trimestre:
-Visita ao Servizo de Atención Diurna de Sabarís; primeiro encontro coas participantes na actividade e entrevista de recollida de información sobre as persoas usuarias coa traballadora social do centro. Adaptación da actividade prevista ás características e necesidades das participantes. Preparación da saída. Saída ao río Baíña co alumnado de 1º de ASOCT e 12 mulleres da terceira idade do SAD de Baiona. Xornada de explicación da actividade para as persoas do SAD que non puideron participar, na que puideron ver as mostras recollidas no río e as fotografías que se sacaron da xornada na que participaron as súas compañeiras.
METODOLOXÍA
Propuxemos un modelo de desenvolvemento deste proxecto integrado e coherente cos plans do centro (Plan Lector, Plan TIC, Convivencia,...) e con aqueles de innovación educativa xa consolidados no noso centro, que son: o Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares (PLAMBE), o Club de Lectura (CL), o Programa de Seccións Bilingües (SSBB) e o Club de Ciencias.
O proxecto fundamentouse nunha metodoloxía baseada na indagación e aprendizaxe colaborativa, e incorporará estratexias propias da aprendizaxe baseada en proxectos e mediante retos, incluíndo propostas tipo Flipped Classroom. Todas estas actuacións axéitanse a un modelo de enriquecemento curricular, no que o noso alumnado terá a oportunidade de dar a coñecer e desenvolver aqueles aspectos curriculares e competenciais das materias implicadas, que non se dan no desenvolvemento convencional.
A nosa proposta estibo en todo momento aberta a modificacións e readaptacións facilitaron a súa consecución. O noso proxecto implicou actuacións nos seguintes niveis:
-no profesorado, na elaboración do proxecto, pero ademais durante o curso, realizaranse reunións de coordinación onde se recollerá o estado, as principais incidencias e as modificacións que se consideren oportunas,
-no alumnado do proxecto, nas intervencións conxuntas,
-no grupo clase, nas diversas actividades realizadas dentro de cada materia
-no alumno/a, posto que o modelo de enriquecemento curricular permite a detección de talentos e favorece o seu desenvolvemento
-noutros colectivos: outros colectivos locais (centro de día para persoas maiores)
-na comunidade educativa, mediante a difusión do proxecto nas diferentes canles consideradas, que son: web do centro e medios,
A avaliación realizouse mediante o seguimento das actividades, a revisión dos traballos, e nas reunións de coordinación do profesorado implicado.
Primeiramente realizouse unha actividade preavaliativa, para recoller as impresións previas e o coñecemento do tema por parte do alumnado (en galego, oralmente na clase).
Durante as actividades de campo tívose en conta: a recollida de información, a implicación do alumnado na actividade, o uso da lingua inglesa na mesma (alumnado da Sección Bilingüe).
Ao final das actividades, as propias fichas cubertas do proxecto Ríos e máis o caderniño de campo de cada alumno/a, a propia produción, a exposición final, as rúbricas específicas deseñadas para cada actividade e, como non, a propia elaboración da memoria final do proxecto, que se difunde a través da web do centro.
-Caderniños de campo da saída: exemplos cumprimentados
-Xustificación das inspeccións na páxina de Proxecto Ríos
-Guións para a preparación dos monitores: River project guidelines
-Rúbrica para monitores (3º ESO)
STATION1RIVERPROJECT https://youtu.be/zu8NF4K84O0
STATION2RIVERPROJECT https://youtu.be/xub2UKprR8k
STATION3RIVERPROJECT https://youtu.be/k-GxkRuagJo
STATION4RIVERPROJECT https://youtu.be/MJR4bHGkIFY
STATION5RIVERPROJECT https://youtu.be/NM090AgcPbw
Vídeo Ciclo animación
Vídeo exposición EPV e Paisaxe
https://animoto.com/play/iCYOpQGTuX9GIbrAkW9brA
-Divulgación na web do centro:
http://www.edu.xunta.es/centros/iesprimeiromarzo/?q=node/402
Adquisición de vocabulario en inglés referente á proceso de formación dun río, os seus treitos e os seus elementos principais. Para acadar isto empregamos cancións, vídeos e fichas de traballo. Enlace á carpeta con este material: https://goo.gl/trD4Hd
Caderniños cumprimentados, descrición do tramo do río estudado e un vídeo que mostra a saída ao río e a sesión substitutiva no centro. Enlace: https://youtu.be/LHSwYVMj2a8
-Divulgación da actividade de Proxecto Ríos co Ciclo de Animación na prensa. Enlace: https://galego.farodevigo.es/comarcas/2018/05/20/jornada-intergeneracional-rio-baina/1894760.html
BIBLIOGRAFÍA
A bibliografía empregada foi principalmente a páxina web e os recursos aportados polo proxecto Ríos
Ademáis salientamos os libros:
-González González, M. & Cobo Gradin, F. 2006. Macroinvertebrados de las aguas dulces de Galicia. Hércules Ediciones.
-Leiro Lois, A. & Daporta Padín, R. 2002. As árbores. Enciclopedia Temática Ilustrada. Ed. A nosa Terra.
-Núñez Pérez, Manuel. 2002. Os ríos. Enciclopedia Temática Ilustrada. Ed. a nosa Terra.
E tamén os seguintes enderezos específicos para a sección bilingüe:
-Geography: notes on river studies. http://olevelgeog.blogspot.com.es/2009/10/notes-on-river-studies.html
-BBC Geography: river landscape. http://www.bbc.co.uk/bitesize/standard/geography/rivers/river_landscapes...
-Materias libres en pdf: http://www.primaryresources.co.uk/geography/pdfs/rivers_ws_cw.pdf, http://bogglesworldesl.com/river_worksheets.htm
-How to make papel mache. https://youtu.be/LiSMinmcN4c
-How to make a 3D map. https://youtu.be/AZ7lWrqidgkar