INFORMACIÓN MOI IMPORTANTE – TRANSPORTE ESCOLAR

  • A partir do Mércores día 11 o Servizo de Transporte Escolar funcionará con normalidade, tanto en horario de mañá como de tarde.

 

  • Todo o alumnado CON DEREITO* a transporte subvencionado que SOLICITOU o uso do transporte durante o proceso de matriculación poderá facer uso do mesmo.

 

  • Tamén poderá empregar o transporte o alumnado SEN DEREITO** que solicitou:

 

  • Ø Liña 1 (Belesar)
  • Ø Liña 2 (Morade)
  • Ø Liña 3 (Baredo)
  • Ø Liña 4 (Oia)
  • Ø Liña 6 (Baíña)

 

  • De momento NON PODERÁ comezar a empregar o transporte o alumnado SEN DEREITO** que solicitou:

 

    • Ø Liña 5 (Ramallosa)
  •  

Contamos con poder asignar a case todo o alumnado a esta liña, pero algunhas persoas en concreto non poderán facer uso do mesmo. Nestes días vos informaremos con mais detalle. Mentres facemos os últimos axustes non se poderá facer uso desta liña por parte do alumnado SEN DEREITO

 

Segundo a Instrución conxunta 1/2024, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e da Dirección Xeral de Mobilidade da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, sobre a xestión do servizo de transporte de escolares,

 

* é alumnado CON DEREITO aquel que cumpre TODAS as seguintes condicións:

  • alumnado de niveis obrigatorios (é dicir, ESO e FP Básica ata os 16 anos incluídos)
  • cuxo domicilio se encontre fóra do núcleo urbano no que radique o centro escolar, e en calquera caso a unha distancia deste superior a 2 km, calculada utilizando o itinerario máis directo, sen desvíos e rodeos innecesarios.
  • estar escolarizado no centro que lle corresponda, segundo a situación do seu domicilio e a distribución das áreas de influencia establecida.

 

**é alumnado SEN DEREITO a transporte todo aquel que:

 

  • Cursando ESO ou FP Básica (ata 16 anos incluídos) o seu domicilio se atopa dentro do núcleo urbano, ou a menos de 2 km do centro escolar.

 

  • Cursando ESO ou FP Básica (ata 16 anos incluídos) está escolarizado en centro distinto ó que lle corresponde segundo a situación do seu domicilio e a distribución das áreas de influencia establecidas.

[[ Aquí se atopa o alumnado de ESO que debería estar matriculado no CPI Cova Terreña, e o alumnado procedente doutros Concellos (Nigrán, Gondomar, Tomiño, Vigo,...) coa excepción do alumnado procedente do Concello de Oia, por ser o IES Primeiro de Marzo centro referente para o alumnado deste municipio. ]]

 

  • Curse FP Básica tendo máis de 16 anos de idade, Bacharelato ou Ciclos Formativos.

 

MOITÍSIMAS GRAZAS POLA VOSA COMPRENSIÓN, COLABORACIÓN E PACIENCIA.