Por favor, LER CON ATENCIÓN TODA A INFORMACIÓN DESTA MENSAXE.
Xa podedes consultar na Aplicación Fondo Libros (premer aquí) ou no Taboleiro de Anuncios do IES (na entrada de Conserxería), as Listaxes DEFINITIVAS do Fondo de Libros Solidario, e dos Vales das Axudas para a adquisición de material escolar.
Os Libros do Fondo de Libros serán entregados directamente ó alumnado nos primeiros días de clase.
Lembrade a importancia de forrar aqueles libros que non o estean xa, coidalos e devolvelos a final de curso en óptimas condicións para que poidan volver ser empregados por outro alumnado (a vida útil dos libros do Fondo de Libros Solidario debe ser de 6 cursos escolares). O estado da devolución condiciona a participación no Fondo de Libros nos seguintes cursos.
IMPORTANTE: 3º ESO
Por unha cuestión interna entre departamentos da Consellería de Educación, é moi probable que en próximos días teñamos para 3º ESO unha pequena partida extra de libros, maior que a asignada nesta Listaxe Definitiva. Iso pode supoñer que finalmente se faga entrega dalgúns libros máis (por rigorosa orde de renda) a aquelas persoas que teñen asignados 4 ou menos libros, incluso para aquelas persoas que teñen asignados “0 libros” nesta Listaxe.
Non están nesta situación aquelas persoas que xa teñen asignados 6 libros, que en ningún caso van recibir máis libros extra.
Por este motivo RECOMÉNDASE ó alumnado de 3º ESO con 4 ou menos libros asignados que agarde ata a primeira semana de (Agosto) Setembro, cando anunciaremos os libros extra que se repartirán, antes de encargar e mercar o resto de libros.
O resto de Cursos (1º, 2º e 4º da ESO) poden proceder a encargar e mercar os Libros que non lle foron concedidos nesta Listaxe Definitiva. A listaxe de libros por curso está dispoñible na Web do IES (premer aquí). Prestade atención ás indicacións, pois hai algúns libros sinalados como “non mercar ata falar co/a profesor/a da materia en setembro”.
Os Vales das Axudas para a adquisición de material escolar concedidos xa están dispoñibles para ser recollidos, pola mesma persoa que cubríu a solicitude, na Conserxería do IES durante o que queda do mes de Xullo en horario de 9:30 a 13:00 horas, e no mes de Agosto en horario de 10:00 a 12:00. Tamén poderán ser recollidos unha vez inicie o curso escolar 2024/2025.
En caso de non poder acudir a recollelos en persoa poderá autorizarse a outra persoa (sempre maior de idade) cubrindo o seguinte documento (premer aquí para descargalo) acompañado de orixinal ou fotocopia do DNI de ambas persoas (autorizante e autorizada)
Adxunto | Tamaño |
---|---|
AutorizaciónRecollidaValesMaterial(24-25).pdf | 156.4 KB |