O noso IES resultou gañador do concurso iniciativas didácticas de tecnoloxía para os dereitos humanos no ensino secundario galego organizado por Enxeñería Sen Fronteiras.
A proposta consiste na reparación e actualización de equipos informáticos avariados ou obsoletos e retirados de uso, mediante a recuperación de compoñentes doutros equipos, de xeito que se lle dea unha nova vida útil.
Os novos equipos, que serán montados polo alumnado das materías do Departamento de Tecnoloxía, posteriormente serán distribuídos no propio IES así como entregados a entidades sociais da contorna, xenerando un impacto social na comunidade impulsado dende o noso centro de ensino.
Parabéns ó profesorado e o alumnado participante desta fantástica iniciativa.