PROCESO DE ADMISIÓN. CURSO 2023/24. FP BÁSICA

Normativa que recolle a regulación destas ensinanzas é a seguinte:
 Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, no artigo 41.1 establece os requisitos
de acceso a ciclos formativos de grao básico de formación profesional.
 Decreto 107/2014, do 4 de setembro, regula aspectos específicos da formación
profesional básica das ensinanzas de formación profesional do sistema educativo en
Galicia e establece vinte e un currículos de títulos profesionais básicos.

O acceso e a admisión ás ensinanzas de formación profesional básica están regulados no capítulo III da Orde do 13 de xullo de 2015 pola que se regulan as ensinanzas de
formación profesional básica na Comunidade Autónoma de Galicia, así como o acceso e a admisión nestas ensinanzas.

Requisitos de acceso
2.1 Alumnado en idade de escolarización obrigatoria
O alumnado en idade de escolarización obrigatoria ten que cumprir os requisitos de acceso establecidos no artigo 41.1 da Lei orgánica 2/2006. Polo tanto, para acceder aos ciclos formativos de grao básico terá que cumprir simultaneamente as seguintes condicións:
 Ter feitos quince anos ou facelos durante o ano natural en curso.
 Ter cursado o terceiro curso de educación secundaria obrigatoria ou, excepcionalmente, ter cursado o segundo curso.
 Ter proposto o equipo docente aos pais, ás nais ou ás persoas titoras legais a
incorporación do alumno ou da alumna a un ciclo formativo de grao básico, de
conformidade co indicado no artigo 30 da Lei orgánica 2/2006.
2.2 Alumnado en idade de escolarización non obrigatoria
As persoas en idade de escolarización non obrigatoria poden solicitar a súa incorporación a un ciclo formativo de formación profesional básica se cumpren os seguintes requisitos:
 Que fagan 17, 18 , 19 ou 20 anos no ano de inicio do ciclo formativo, con independencia de que estivesen ou non escolarizadas no curso escolar anterior.
 Que non estean en posesión dun título de formación profesional nin calquera outro título que acredite a finalización de estudos secundarios completos.

_______________________________________________________________________
Prazos do proceso de admisión-FP Básica
Período ordinario de admisión:
Presentación de solicitudes 26 de xuño ás 9:00 horas ao 6 de xullo ás 13:00 horas
Publicación da listaxe provisional de solicitudes, 10 de xullo
Reclamación á listaxe provisional de solicitudes, do 10 ás 9:00 horas ata as 13:00 horas do 12 de xullo
Publicación da listaxe definitiva de solicitudes, 24 de xullo
Publicación da adxudicación de prazas, 24 de xullo
Matriculación das persoas con praza adxudicada, 24 de xullo
OFERTA

O noso centro oferta 18 prazas para a FPB de Actividades domésticas e limpeza de edificios

Horario de atención ao público en secretaría no mes de xullo, de 9:30 a 13 horas de luns a venres

ENLACE Á WEB DA CONSELLERÍA:   http://www.edu.xunta.gal/fp/fpbasica

 

AdxuntoTamaño
Impreso matrícula FPBásica.pdf983.69 KB
23.24 oferta_clasificada_por_provincia_concello_basica.pdf227.26 KB