Estimadas familias,
Recordarlles que para o alumnado que vai a viaxe a Pornic é preciso que teña o DNI ou ben o Passaporte en vigor. Para aqueles que non teñan pasaporte e queiran solicitalo, deben saber que a obtención do pasaporte faise no mesmo día.
Tamén compre solicitar a Tarxeta Sanitaria Europea. É importante solicitar estes trámites con bastante antelación porque están tardando en dar cita.
Reciban un cordial saúdo