Extracto da convocatoria de bolsas de carácter xeneral para o curso académico 2022-2023, publicado o 12 de marzo: “Extracto de la Resolución de 10 de marzo de 2022, de la Secretaría de Estado de Educación, por la que se convocan becas de carácter general para el curso académico 2022-2023, para estudiantes que cursen estudios postobligatorios”
Na referida convocatoria establecese o prazo de solicitude tanto para alumnos que se encontren cursando ensinanzas universitarias como para os que se encontren cursando ensinanzas postobligatorias e superiores non universitarias. O prazo de solicitude será do 30 de marzo de 2022 ata el 12 de maio de 2022, ás 24,00h, ambos inclusive.
O ENLACE DA WEB DO MINISTERIO É A SEGUINTE:
https://www.becaseducacion.gob.es/portada.html
Achegamos resolución e o BOE da convocatoria de bolsas para estudos postobrigatorios (FPB/CICLOS/BACHARELATO/UNIVERSIDADE)
Bo día,
Recordámosvos que o 12 de maio de 2022 remata o prazo de presentación das solicitudes das Bolsas do Ministerio de Educación e Formación Profesional para estudantes que cursen ensinanzas postobrigatorias no vindeiro curso académico 2022/2023.
Toda a información sobre esta convocatoria poderedes encontrala no “Portal de BECAS de EDUCACIÓN ”.
O acceso para a presentación online: https://sede.educacion.gob.es/sede/login/inicio.jjsp?idConvocatoria=1707 .
Un cordial saúdo
Acceso á información xeral das probas de acceso a grao medio
PRAZO: do 3 ao 16 de marzo, ambos incluídos
Introdución
Información xeral e calendario
Nas seguintes ligazóns poderase consultar a información xeral e o calendario das probas de acceso a ciclos formativos de grao medio de formación profesional.
Composición dos tribunais
Solicitude de inscrición telemática
Na seguinte ligazón pódese acceder á aplicación informática na que se dispón dun asistente para cubrir a solicitude de inscrición a ciclos formativos de grao medio. O sistema xera unha instancia para imprimir que terá que ser entregada nun centro de inscrición, acompañada da documentación que se indica na propia instancia. O centro procederá a validación dunha copia e entregará outra para a persoa solicitante a efectos de resgardo. En tanto que non se efectúe este trámite non quedará feita a matrícula.
- Guía de uso do asistente informático para elaborar a solicitude
- Ligazón á aplicación informática
Data e hora DA PROBA PARA CICLOS MEDIOS
A proba realizarase o 25 de maio de 2022, no seguinte horario:
Presentación: ás 9:00 horas.
Partes matemática e sociolingüística da proba:
–Das 09:30 ás 13:30 horas (Matemáticas, Lingua galega, Lingua castelá e Ciencias sociais).
Parte científico-técnica da proba:
–Das 16:00 horas ás 18:00 horas (Ciencias da natureza e Tecnoloxía
Documentación que cómpre levar e material para utilizar
O día da proba cómpre levar o documento oficial de identidade e a copia selada da folla da solicitude de inscrición.
Poderanse utilizar os seguintes materiais:
Bolígrafos de tinta negra ou azul (ningunha outra cor).
Calculadora científica, agás que sexa programable, gráfica ou con capacidade para almacenar e transmitir datos. Soamente se pode empregar na proba de Tecnoloxía da parte científico-técnica. Na proba de Matemáticas NON se permite o emprego da calculadora.
Non se admitirá ningún aparello capaz de recibir, transmitir nin almacenar información, como, por exemplo, teléfonos móbiles.
O tribunal dará as instrucións pertinentes para o correcto desenvolvemento das probas. Non seguilas será causa de exclusión.
OFERTA de prazas deste centro para o curso 2022/23.
1º ESO: 19
2º ESO: 8
3º ESO: 9
4º ESO: 8
1º BACH: 79
2º BACH: 60
PRAZO : do 1 ao 21 de marzo de 2022. XA FINALIZADO
SOLICITUDE: o enlace para subrir a solicitude é a seguinte:
https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/.
Esta solicitude deberase presentar no centro educativo ou en calquera dos lugares que establece a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común, incluída a SEDE ELECTRÓNICA, para o que se precisará de Chave365 ou certificado dixital, sendo esta a canle preferible de presentación.
Horario da secretaría do IES: de luns a vernes de 9 a 14 horas.
DOCUMENTOS: solicitude ( modelo no arquivo adxunto) e, a efectos de comprobación de datos, os DNI ou pasaporte dos proxenitores ou titores/as, DNI ou pasaporte do alumno/a, certificado matrícula actual, copia do libro de familia, certificado ou volante de empadroamento, carnet de familia numerosa e certificado de discapacidade dalgún membro da familia ( ambos se é o caso)
AVISO:
1. Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas: antes do 25 de abril.
2. Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas: antes do 16 de maio.
3. Formalización da matrícula en ESO e bacharelato: antes do 10 de xullo.
CALENDARIO DE MATRÍCULA NO NOSO CENTRO : PUBLICARASE A FINAIS DE XUÑO
IMPORTANTE: FINALIZADO O PRAZO DE ADMISIÓN.
AQUELAS SOLICITUDES PRESENTADAS A PARTIR DE AGORA, SE CONSIDERAN "FÓRA DE PRAZO" POLO TANTO A SÚA RESOLUCIÓN É COMPETENCIA EXCLUSIVA DA INSPECCIÓN EDUCATIVA. ESTE PERÍODO É DENDE O 22 DE MARZO AO 25 DE ABRIL.
ACHEGAMOS NUN ARQUIVO O MODELO DESTE PROCESO EXTRAORDINARIO QUE ENTREGARÁ PRESENCIALMENTE COA DOCUMENTACIÓN ESPECIFICADA ANTERIORMENTE
Publicada a listaxe provisional de solicitudes presentadas para as probas de acceso aos CS.
Prazo de reclamación: do 18 ao 25 de febreiro ás 13:00 horas
Achegamos ficheiro coa listaxe.
Publicada a Orde do 7 de febreiro de 2022 pola que se convocan probas para a obtención de determinados carnés profesionais e habilitacións profesionais no ano 2022 (código de procedemento ED527A).
Prazos de presentación de solicitudes:
Máis información:http://www.edu.xunta.gal/fp/probas-carnes-profesionais
PUBLICADA A ORDE DA CONVOCATORIA DAS PROBAS DE ACCESO AOS CICLOS MEDIOS E SUPERIORES.
ENLACE PARA CUBRIR A SOLICITUDE:
Todas as persoas solicitantes terán que empregar o asistente informático para a confección da solicitude para as probas de acceso aos ciclos formativos de formación profesional, dispoñible no seguinte ENLACE que xerará un solicitude en formato normalizado
https://www.edu.xunta. gal /ciclosprobas/PaxinaInicio
ENLACE PÁXINA DE INFORMACIÓN
http://www.edu.xunta.gal/fp/acceso-grao-superior-convocatoria-actual
Prazo de admisión ás Probas Ciclos Superiores: 31/1/22 ao 11/2/22
Prazo de admisión ás Probas Ciclos Medios: 3/3/22 ao 16/3/22
______________________________________________________________
Data e hora DA PROBA PARA CICLOS MEDIOS
A proba realizarase o 25 de maio de 2022, no seguinte horario:
Presentación: ás 9:00 horas.
Partes matemática e sociolingüística da proba:
–Das 09:30 ás 13:30 horas (Matemáticas, Lingua galega, Lingua castelá e Ciencias sociais).
Parte científico-técnica da proba:
–Das 16:00 horas ás 18:00 horas (Ciencias da natureza e Tecnoloxía
Data e hora DA PROBA PARA CICLOS SUPERIORES
A proba realizarase o 28 de abril de 2022, no seguinte horario:
Presentación: ás 9:00 horas.
Parte común da proba:
–Das 09:30 ás 13:00 horas (Matemáticas, Lingua galega e Lingua castelá).
Parte específica da proba:
–Das 16:00 horas ás 18:30 horas (materias específicas da opción escollida
Documentación que cómpre levar e material para utilizar
O día da proba cómpre levar o documento oficial de identidade e a copia selada da folla da solicitude de inscrición.
Poderanse utilizar os seguintes materiais:
Bolígrafos de tinta negra ou azul (ningunha outra cor).
Calculadora científica, agás que sexa programable, gráfica ou con capacidade para almacenar e transmitir datos. Soamente se pode empregar na proba de Tecnoloxía da parte científico-técnica. Na proba de Matemáticas NON se permite o emprego da calculadora.
Non se admitirá ningún aparello capaz de recibir, transmitir nin almacenar información, como, por exemplo, teléfonos móbiles.
O tribunal dará as instrucións pertinentes para o correcto desenvolvemento das probas. Non seguilas será causa de exclusión.
XUNTAMOS ARQUIVOS COA INFORMACIÓN, INSTRUCIÓNS E O CALENDARIO DE PROBAS DE ACCESO.
De conformidade coa disposición adicional primeira da Orde do 12 de marzo de 2013 que regula o procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, o 11 de xaneiro de 2022 inícianse os trámites do procedemento (código ED550A), coa reserva de praza nun centro de adscrición para alumnado que cambia de etapa.
O prazo de solicitudes abranguerá do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro de 2022, ambos incluídos.
A consulta das listaxes de alumnado admitido, que se publicarán antes do día 28 de febreiro, debe realizarse no centro no que está matriculado no presente curso ou na aplicación admisionalumnado.
Normativa de aplicación
ORDE do 18 de decembro de 2020 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 (código de procedemento ED550A e ED550B).
ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013.
ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
DECRETO 254/2012, do 13 de decembro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
Anexo I (solicitude)
Enlace da aplicación coas instruccións para cubrir a solicitude https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/
NOTA; Esta solicitude deberase presentar no centro educativo de orixe ou en calquera dos lugares que establece a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común, incluída a SEDE ELECTRÓNICA, para o que se precisará de Chave365 ou certificado dixital, sendo esta a canle preferible de presentación.
En virtude da aplicación do Protocolo Covid ás liñas de transporte escolar, procedeuse á asignación de prazas de transporte fixas para todo o alumnado. Esta asignación de prazas é de obrigado cumprimento, xa que será a referencia a seguir no momento de ter que comunicar os contactos estreitos dos posibles casos positivos por Covid.
Lembramos que o non cumprimento das normas de aplicación no transporte escolar poden ocasionar a perda da condición de usuaria/o lexítima/o do mesmo.
Á volta de Nadal, publicaremos a asignación de prazas para as dúas liñas restantes.
No seguinte documento están especificados as plazas segundo a liña que se utilice.
Achegamos arquivo coa relación de candidaturas electas, logo do proceso de elección de membros para a renovación parcial do Consello Escolar do Centro.
AVISO:
Día 25: Votación das familias para renovar aos membros no Consello Escolar do Centro
Lugar: entrada da conserxería do Centro.
Horario: de 16:00 a 18:30 horas
Moitas grazas pola colaboración e a disponibilidade