CALENDARIO DO PROCESO DE ADMISIÓN PROBAS LIBRES DE TÍTULOS FP LOE 2020.21

 

Publlicado o calendario do proceso de admisión das probas libres de títulos de FP LOE

Período ordinario de admisión:

Presentación de solicitudes:  19 ao 30 de abril as 13:00 horas

Listaxe provisional de solicitudes: 5 de maio

Reclamación contra a listaxe provisional.  5 ao 7 de maio ata as 13:00 horas

Listaxe definitiva de solicitudes : 12 de maio

Admisión e matrícula:

Listaxe de persoas adxudicadas:  12 de maio

Matriculación: 12 ao 14 de maio ata as 13:00 horas

Liberados e adxudicación continuada: 19 ao 31 de maio ata as 13:00 horas

Lugar de presentación de solicitudes:

Nas secretarías de calquera centro público con oferta de probas libres ou empregar o asistente web para cubrir a solicitude: " ciclosadmision".

Achegamos arquivo coa oferta do noso centro e a información detallada sobre o procedemento

 

ENQUISA DE CONVIVENCIA FAMILIAS

PARA PODER REALIZAR A ENQUISA DE CONVIVENCIA 2021 DEBERÁN EMPREGAR O CÓDIGO ENVÍADO A TRAVÉS DOS SEUS FILLOS/AS. 

O PRAZO REMATA O 29 DE ABRIL.

O ENLACE PARA FACER A ENQUISA É:  https://edu.xunta.gal/convfamil

AGRADECEMOS A SÚA COLABORACIÓN

O alumnado do Ciclo Superior en Animación Sociocultural e Turística participa no IX Aniversario do Centro de Día Sabarís

Con motivo do noveno aniversario do Centro de Día de Sabarís, o alumnado do 1° Curso do Ciclo de Grado Superior de Animación Sociocultural e Turística do IES Primeiro de Marzo, en Baiona, organizou unha actividade para acompañar as persoas usuarias nesta celebración.

A través da música, o baile e a narración dunha historia interactiva puxéronlle unha nota de cor a esta celebración. Toda a actividade tivo que realizarse no exterior e sen contacto directo coas persoas usuarias, a través das cristaleiras do centro, polos protocolos Covid-19 establecidos para este tipo de centros, polo que a organización da actividade supuxo todo un reto para o alumnado.

A relación entre a entidade e o IES xa é un habitual, posto que o alumnado, como forma de complementar a súa formación, interactúa coa comunidade que lle rodea, enriquecendo así a súa formación ó tempo que presta un servicio na súa contorna máis próxima.

SEDE DAS PROBAS DE ACCESO AOS CICLOS SUPERIORES

As probas para acceder aos ciclos superiores realizaranse no IES de TEIS en Vigo o 15 de abril.

Horario das probas:

9:00 presentación

9:30 a 13:00 , materias da parte común

16:00 a 18:30, materias da parte específica

 

CALENDARIO PROBAS DE ACCESO AOS CICLOS MEDIOS E SUPERIORES. CONVOCATORIA 2021

INFORMACIÓN: PROBA DE ACCESO A CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO E SUPERIOR.

DOG: 9-2-2021 (ORDE 21-1-2021)

MENÚ DA PÁXINA : http://www.edu.xunta.gal/fp

INSCRICIÓN DA PROBA:

Ligazón https://www.edu.xunta.gal/ciclosprobas/PaxinaInicio.do

Poden presentar tamén a solicitude en calquera IES que imparta ciclos formacivos de FP

GRAO SUPERIOR: DO 18 DE FEBREIRO AO 3 DE MARZO

GRAO MEDIO: DO 15 AO 26 DE MARZO

CELEBRACIÓN DA PROBA : GRAO SUPERIOR: 15 DE ABRIL

                                          GRAO MEDIO: 27 DE MAIO

PUBLICACIÓN CUALIFICACIÓNS PROVISIONAIS: 

GRAO SUPERIOR: 3 DE MAIO                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                            GRAO MEDIO: 8 DE XUÑO

MOI IMPORTANTE: CÓDIGO PERSOAL DE CONSULTA (CPC):

Para garantir a confidencialidade dos datos persoais, nas listaxes aparecerán o CPC, que é un código alfanumérico. Para obter ese código debe ir a aplicación de "ciclos probas" (https://www.edu.xunta.gal/ciclosprobas/PaxinaInicio.do) e escoller a opción "Ver código persoal de consulta", na pantalla que aparece a continuación haberá que escribir o número do DNI/NIE ou pasaporte, sempre con letras en maiúscula) e premer "buscar".

Para consultar o estado da solicitud presentada, deben premer "consultar solicitudes do ano actual"

 

Cantos de Reis no Centro de Día de Sabarís

Este luns, 21 de Decembro, o alumnado do Ciclo Superior en Animación Sociocultural e  Turística do IES Primeiro de Marzo de Baiona, acudiron ó Centro de Día para Persoas Maiores de Sabarís coa intención de alegrar, polo menos durante unha xornada, ós seus usuarios e usuarias, que desfrutaron da  experiencia amosando a súa ledicia e agradecemento por esta iniciativa. 
Os efectos da pandemia sobre o colectivo das persoas maiores en institucións son múltiples, dende a limitación das posibles visitas a recibir, á redución da tipoloxía das actividades a realizar, sempre co obxectivo de garantir a súa seguridade fronte os perigos da COVID-19. Por esta razón,e ligado ó traballo que están a desenvolver no IES Primeiro de Marzo de recuperación e difusión dos Cantos de Reis, así como no seu empeño por abrir o seu centro á comunidade na que se atopa inmerso, xurdiu a idea de ofrecer un pequeno recital con algúns destes Cantos de Reis queconseguiron reunir.
Na organización de esta iniciativa tivéronse en conta todas as medidas de seguridade necesarias, polo que a actuación realizouse co alumnado no exterior do Centro de Día, e as persoas usuarias desfrutando dende o interior, a través da gran cristaleira coa que conta o edificio que alberga este servizo. A chuvia non foi quen de impedir que se levase a cabo esta actuación, preparada con moita ilusión por parte do alumnado deste ciclo formativo.
A recuperación do patrimonio cultural, a organización e xestión de eventos, así como o traballo, entre outros, co colectivo das persoas maiores, son elementos propios da formación dos profesionais da Animación Sociocultural, polo que a actividade resultou moi enriquecedora para todas as partes implicadas.

Inicio de Curso 2020-21

ACTO DE PRESENTACIÓN:

 - Mércores: 23 de setembro:

  • Grupos: 1º ESO - 2º ESO - 1º Bacharelato - 1º CS ASCT
  • Horario: 8:30h. a 14:00h
  • Acceso:
  • 1º ESO, 2º ESO e 1º Bacharelato a pista cuberta, en ringleiras por nivel.
  • 1º Ciclo Superior á entrada principal
  • Seguir as instrucións do profesorado

 - Xoves: 24 de setembro:

  • Grupos: 3º ESO - 4º ESO -1º FPB – 2º FPB - 2º Bacharelato - 2º CS ASCT
  • Horario: 8:30h a 14:00h
  • Acceso:
  • 3º ESO - 4º ESO _-1º FPB – 2º FPB á pista cuberta
  • 2º Bacharelato á pista descuberta (agás que choiva; neste caso irían á pista cuberta)
  • 2º Ciclo Superior á entrada principal
  • Seguir as instrucións do profesorado

 

AVISO IMPORTANTE:

 - NON acudir ao centro:

  • En caso de presentar algún síntoma compatible con COVID (febre, tose seca, fatiga, perda gusto/olfacto,..)
  • Estar pendente de proba PCR
  • Convivir cunha persoa pendente da proba PCR ou diagnosticada

 - Cumprir coas medidas preventivas:

  • Máscara
  • Distancia de seguridade
  • Lavado de máns

Moitas Gracias

OFERTA FP DUAL. CURSO 20.21 CENTROS GALEGOS

Achegamos arquivo coa oferta en centros de Galicia

Proxecto Ríos 2022-2023

Polo río abaixo vai ...

INTRODUCIÓN

O estudo medioambiental da contorna é unha excelente oportunidade formativa para o alumnado dun centro de ensino, con independencia do nivel educativo. Este tipo de intervencións fano partícipe e protagonista dunha análise científica enmarcada na súa realidade inmediata e fomentan a implicación individual e colectiva na valorización e conservación do medio natural.

O Proxecto Ríos, centrado no estudo dos ríos, bríndanos un medio ideal para a nosa proposta de actuación interdisciplinaria. Contribuímos así á consecución das competencias na secundaria obrigatoria, no bacharelato e na formación profesional que impartimos.

Con esta edición do proxecto Ríos, o noso centro educativo leva 13 anos implicado no estudo dos ríos da contorna (Proxecto Ríos) sendo este o duodécimo dentro do Plan Proxecta. 

 

GRAO DE CONSECUCIÓN DOS OBXECTIVOS

 

GRADACIÓN: [T]:TOTALMENTE  [P]:PARCIALMENTE [NA]:NON ACADADO

 

Alén dos característicos deste proxecto, o principal obxectivo é o estudo medioambiental e sociocultural da contorna inmediata, centrada en dous dos ríos máis próximos: un en bo estado, A Groba, e outro moi urbanizado, Baíña.

 

Os obxectivos propostos na solicitude e o seu grao de desenvolvemento foron os seguintes:

 

Na materia de Bioloxía e Xeoloxía centrarémonos en:

 

-Estudar os parámetros físico-químicos e biolóxicos caracterizadores da calidade das augas. [T]

 

-Aprender a recoller mostras representativas, biolóxicas e non biolóxicas. [T]

 

-Encher unha ficha de campo, observando e interpretando os diferentes elementos da paisaxe.[T]

 

-Catalogar dos valores patrimoniais relacionados cos ríos e concienciación da importancia da súa conservación.[P]

 

-Valorar a intervención humana na paisaxe fluvial como elemento distorsionador e creador ao mesmo tempo de novos hábitats.[P]

 

Na materia de Lingua Inglesa na sección bilingüe:

 

-Utilizar a lingua inglesa como vehículo de comunicación real para unha actividade complementaria. Enriquecendo o vocabulario específico relacionado, facendo unha procura selectiva e axeitada da información.[T]

 

-Fomentar o interese pola Bioloxía e Xeoloxía, e pola ciencia en xeral, en inglés.[T]

 

-Elaborar pequenos informes escritos ou visuais sobre as actividades desenvoltas.[P]

 

Na materia de  Física e Química

 

-Identificar o concepto de contaminación aplicado a casos concretos da súa contorna, centrándonos nos contaminantes da auga e relacionándoos coas posibles fontes de contaminación. [T]

 

-Coñecer o seu tratamento e deseñar ensaios sinxelos para a súa detección e procesos de tratamento de residuos. Valorando criticamente a súa recollida selectiva. [T]

 

-Realizar a toma e o tratamento de mostras dun medio natural da contorna; determinar o caudal do río, a densidade da auga, o PH, a condutividade eléctrica, e outros parámetros físicos en diferentes tramos do río e identificar diferentes tipos de mesturas en diferentes tramos e compoñentes do leito do río. [T]

 

-Coñecer os fundamentos físicos do funcionamento dun muiño de auga.[NA]

 

Na de Lingua Galega:

 

-Investigar sobre o grao de contaminación dos ríos na Galiza. [T]

 

-Coñecer o significado da simboloxía da auga e dos ríos na nosa tradición cultural [T]

 

-Reflexionar sobre o uso responsábel da auga. [T]

 

-Coñecer vocabulario sobre o río e a súa contorna. [T]

 

-Aprender as diferentes variantes dialectais no léxico relacionado (nomes de árbores, peixes, elementos xeolóxicos)[P]

 

-Investigar a presenza da paisaxe fluvial na literatura medieval galega, analizando a súa connotación e a súa simboloxía.[T]

 

-No referente a FP e Ciclos no ámbito de Comunicación e Sociedade en 1º e 2º de FP Básica por cuestións de organización do centro e das casuísticas particulares dos grupos implicados, non foi posible implementar o programa nestes grupos.

 

RELACIÓN DE ACTIVIDADE REALIZADAS

 

As principais actividades realizadas aparencen resumidas na seguinte secuencia organizad mateias

 

a)  En Bioloxía e Xeoloxía:

 

T1. Visita co alumnado de 3º da ESO os río Baíña e o da Groba, toma de mostras e estudo no laboratorio.

 

T2. Preparación do alumnado de 3º, para que actúe como monitores para a visita de 2º de ESO, que será realizada no mes de abril. Presentación na I Feira Científica Val de Miñor do noso proxecto ríos: Xornada de maña: obradoiro identificación macroinvertebrados con mostras directas do río da Groba. Serán: presentación do Proxecto Ríos no noso centro, a cargo de alumnado de 2º de bacharelato que participou varios anos no programa.

 

T3. Emprego dunha clave dicotómica para o recoñecemento dos macroinvertebrados é unha visita do alumnado de 2º da ESO na materia de Paisaxe e Sustentabilidade, actuando os de 3º da ESO como monitores da actividade na que se visitará o río da Baíña.

 

b)  En Inglés:

 

T1. Estudo do vocabulario específicos da paisaxe da contora través de actividades. Estudo dos ríos da contorna a través dos elementos dun río, dos ríos do mundo.

 

T2. Preparación para exercer de monitores na visita do mes de abril, sendo repartidos en pequenos grupos, para que poidan estudar diferentes aspectos do río e a elaboración dun mural sobre o tema en 2º ESO.

 

T3. Saída ao río Baíña coa posterior elaboración dunha presentación das actividades desenvoltas na saída de primavera en 3º da ESO.

 

d)  En Física e Química

 

T1. Estudo do material de laboratorio e a súa utilidade e investigación sobre os posibles contaminantes presentes na auga do rio.

 

T2. Visita á contorna do río, toma de mostras e tratamento no laboratorio.

 

T3. Redacción de informe de laboratorio das actividades realizadas, análise dos contaminantes e a súa posible orixe. Estudo dun sistema de residuos e elaboración dun cartel ou infografía das partes dun muíño de auga ou de marea.

 

e)  En Lingua Galega

 

T1. Presentación do vocabulario relacionado co río e a súa contorna e realización de actividades 1º ESO. Investigación sobre a presenza da auga e a súa simboloxía nas lendas existentes na contorna en 2º ESO.

 

T2. Reflexionar sobre o uso responsábel da auga a partir da lectura dun fragmento do libro Be water de Antía Yáñez en 1º ESO. Facer unha infografía cun decálogo de medidas para reducir a contaminación dos ríos en 1º ESO. Análise do valor connotativo e simbólico da paisaxe fluvial na literatura galega do século XX e XXI en 4º ESO. Análise do valor connotativo e simbólico da paisaxe fluvial nas cantigas de amigo da lírica medieval galego-portuguesa en 3º ESO.

 

T3. Presentación da vocabulario relacionado co río e a súa contorna 2º ESO. Presentación das diferentes variedades dialectais do vocabulario relacionado cos ríos e as contornas naturais 3º ESO. Creación de xogos (tabú, pasapalabra, encrucillado, sopa de letras…) para traballarmos nas aulas con este campo semántico 2º ESO.

 

.f) No ámbito Científico de 2º de FP Básica

 

A penas se realizaron actividades con este grupo, como xa se comentou no apartado de obxectivos. Tan só indicar a parcialmente iniciada:

 

T1. Visita á contorna. Interpretación dos principais elemento do relevo na contorna. Especial atención aos ríos e a súa topografía. Ámbito Científico II (traballo sobre mapas topográficos mudos, ortofoto e observación directa...).

 

g)  No ámbito de Comunicación e Sociedade de 1ºe 2º de FP BÁSICA.

 

Non se realizaron as actividades inicialmente deseñadas para este grupo.

 

h) En oratoria.

 

T1.Procura e selección de información sobre o estado actual dos cursos fluviais e da súa contorna.

 

     Temas: sobreexplotación hídrica, encoros, centrais hidroeléctricas, regadío, explotación turística (hoteis, campos de golf).

 

T2. Elaboración e posta en práctica dun discurso oral. Argumentación da situación actual e posibilidades de mellora, necesidade de conservación dos ríos e o patrimonio asociado.

 

T3. Debate académico sobre o estado actual dos ríos e a súa contorna: aceptable/inaceptable.

 

AVALIACIÓN

 

A avaliación realizouse mediante o seguimento das actividades, a realización de enquisas, e nas reunións de coordinación do profesorado implicado. Durante as actividades de campo teranse en conta: a recollida de información, a implicación do alumnado,

 

Ao final das actividades os elementos avaliadores foron as propias fichas cubertas do proxecto Ríos e máis o caderno de campo de cada un/unha deles/as, a propia produción, a exposición final, as rúbricas específicas deseñadas para cada actividade e, como non, a propia elaboración da memoria final do proxecto, que se difunde a través da web do centro.

 

Por parte do profesorado implicado cumprimentouse una enquisa online para valorar o desenvolvemento do proxecto.

 

 Materiais xerados

 

Evidencias dos logros acadados e da realizacións das actividades (acceso a presentacións fotos, etc…)

 

XERAIS

 

-Cartaz Proxecto Ríos 2023-23 no IES Primeiro de Marzo

 

-Curso proxecto Ríos na web do centro: xeral    alumnado    profesorado

 

-Enquisa avaliativa profesorado

 

-Resumo gráfico enquisa

 

-Vídeo youtube Proxecto Ríos 12 anos

 

-Presentación Proxecto Ríos I Feira Científica Val de Miñor  Cartaz Feira de Ciencia

 

Divulgación na web do centro: http://www.edu.xunta.es/centros/iesprimeiromarzo/?q=node/402

 

Bioloxía e Xeoloxía e Inglés

 

-caderniño de campo 2023

 

-Caderniño de campo da saída: exemplos cumprimentados: caderniño 1 caderniño 2

 

-Xustificación das inspeccións na páxina de Proxecto Ríos

 

-Guións para a preparación dos monitores: River project guidelines

 

-Rúbrica para monitores (3º ESO) 

 

-Informes laboratorio: exemplo 1 exemplo 2

 

Física e Química

 

-Material de laboratorio

 

-Reciclaxe

 

-Traballos complementarios

 

-Traballo de campo

 

-Analise da auga do río Baíña

 

Inglés (2 ESO_Bilingüe)

 

-Saída ao río Baíña. Evidencias fotográficas.

 

Lingua e Literatura Galega

 

-Xogo de memoria.

 

-Sopa de letras.

 

-Pasa palabra.

 

-Tabú.

 

-Fotos  da realización dos xogos en grupos de traballo

 

-Pósters sobre a conservación dos ríos

 

Oratoria

 

-Oratoria 1

 

-Oratoria 2

 

-Oratoria 3

 

A bibliografía empregada foi principalmente a páxina web e os recursos aportados polo proxecto Ríos

 

Ademáis salientamos os libros:

 

-Armesto, X.F; González, M. Baiona. Vigo: Ir Indo Edicións.

 

-Barreiro, H. (2012). Bayona de Galicia. Pasado y presente de la real villa histórica, turística y marinera. Edición Deputación de Pontevedra.

 

-González González, M. & Cobo Gradin, F. 2006. Macroinvertebrados de las aguas dulces de Galicia. Hércules Ediciones.

 

-Ladrera, R; Rieradevall, M. & Prat, N. 2013. Macroinvertebrados acuáticos como indicadores biológicos: una herramienta didáctica. Ikastorratza. -e-Revista de Didáctica 11, retrieved 2013/12/20 from http://www.ehu.es/ikastorratza/11_alea/macro.pdf (ISSN: 1988-5911)

 

-Leiro Lois, A. & Daporta Padín, R. 2002. As árbores. Enciclopedia Temática Ilustrada. Ed. A nosa Terra.

 

-Núñez Pérez, Manuel. 2002. Os ríos. Enciclopedia Temática Ilustrada. Ed. a nosa Terra.

 

-Oscoz, J. 2008. Guía de campo de los macroinvertebrados de la Cuenca del Ebro. Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente.

 

-VVAA. 2012. Catálogo y claves de identificación de organismos utilizados como elementos de calidad en las redes de control del estado ecológico. Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente.

 

-VVAA. 2005. Os ríos galegos (I): Calidade e biodivesidade. Cadernos ADEGA nº 14.

-VVAA. 2005. Os ríos galegos (II): Calidade e biodivesidade. Cadernos ADEGA nº 15

 

Distribuir contido