Como xa se informou na reunión do pasado luns 9 de outubro, van ter á súa disposición a aplicación abalar Móbil. Con ela a partir dos próximos días comenzarán a recibir, a través dos seus móbiles, información sobre as faltas de asistencia dos seus fillos/fillas e nas datas sinaladas os boletíns de notas.
Así mesmo, empregaremos ese medio para facerlles chegar calquera notificación ou información que consideremos que poida ser do seu interese.
Lembrarlles que para aquelas familias que non poidan ou non queiran facer uso desta aplicación as liñas de comunicación seguirán sendo as empregadas ata este momento.
Instruccións para descargar a aplicación .
Máis información na web seguinte: http://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/nova/abalarmobil
Lembramos que o xoves, 31 de outubro non haberá clases por ser festivo en Educación, segundo o calendario escolar para o curso 24/25 que achegamos
A Consellería de Educación ven de publicar o seguinte aviso no Portal Educativo:
O que poñemos en coñecemento de toda a comunidade educativa.
SORTEO PARTICIPANTES ENCONTRO OMEGNA (ITALIA)
Infórmase a toda a comunidade educativa que mañá Mércores, día 9 de Outubro, ás 11:05 horas, no Salón de Actos do IES, terá lugar o sorteo para determinar o alumnado que poderá participar na viaxe a Omegna (Italia) para asistir ó encontro de cidades irmandades con Pornic (Francia).
Será un acto público, ó que poderá asistir calquera persoa interesada.
AVISO:
O 26 DE SETEMBRO É FESTIVO LOCAL EN BAIONA. O CENTRO PERMANECERÁ PECHADO
Finalizado o prazo de admisión en FP.
Para estes efectos, amplíase a oferta modular de ciclos formativos de formación profesional, en
todos os centros públicos da Comunidade Autónoma de Galicia que teñan autorizada a oferta
ordinaria para o ano académico 2024-2025, agás nos novos módulos derivados da implantación
da Lei orgánica 3/2022, do 31 de marzo, de ordenación e integración da formación profesional.
As persoas interesadas poderán matricularse sempre que cumpran os requisitos de acceso
establecidos na normativa vixente. Lembren que para títulos LOE, unha persoa sen requisitos de
acceso pode matricularse en módulos asociados a unidades de competencia se ten máis de dous
anos de experiencia acreditada no sector.
Prazo de matrícula do 23 ata as 13:00 horas do 26 de setembro de maneira presencial na secretaría do IES
Máis información no Tf 886110128
Fin do servizo "cafetería" de 4º ESO
Infórmase a toda a comunidade educativa que o vindeiro Xoves 16 de Maio remata a venta de bocadillos, snacks e bebidas que o alumnado de 4º ESO realizaba durante os recreos para axudar na financiación da súa viaxe Fin de Curso.