Taboleiro

Prazo de inscrición para a proba de acceso aos ciclos de G. Medio

 Convocatoria probas de acceso a grao medio 2017

Orde do 22 de decembro de 2016 pola que se convocan probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo para o ano 2017.
Opcións para xerar unha solicitude:
Prazo de inscrición
O período de inscrición para as probas de acceso a grao medio estará comprendido entre os días 13 e 23 de marzo (ambos os dous incluídos).
 
Xestión de solicitudes na aplicación
Foi enviado un documento con información completa para os centros de inscrición ao correo electrónico do centro. Tamén pode descargalo aquí.
Solicitudes web
As persoas que realicen a solicitude a través da aplicación informática deben entregar a solicitude xerada pola aplicación nun centro de inscrición. Nunha folla informativa se lle indica a documentación que é preciso xuntar.  O centro ten que tramitar estas solicitudes na aplicación dentro da pestana "Solicitudes" en "Entregar solicitude"  e "Validar solicitude".
Solicitudes clásicas
Tamén se poden cubrir e entregar as solicitudes cubrindo o anexo da solicitude (no pdf editable ou manualmente con letra lexible). O centro de inscrición tramitará estas solicitudes utilizando a pestana "Solicitudes" en "Tramitar solicitudes"
 

 

Campus científicos de verán 2017

Publicada a Resolución de 23/2/2017 pola que se convocan prazas para o programa dirixido ao alumnado de ESO e Bacharelato. Prazo ata ás 15:00 h. do 24/3/2017.

Información na secretaría do IES

Día conta a violencia de xénero

Hoxe, venres 25 de novembro,  conmemoramos o Día contra a violencia de xénero con diversos actos no IES.

2ª ADXUDICACIÓN DE MATRÍCULA PARA CICLOS

Última Hora: Temos 15 plazas liberadas . Tanto para a adxudicación como para as liberadas, remata o prazo o vindeiro venres , 29 de xullo, ás 13:00 horas.

Enlace e información do proceso de matrícula que son os días: do 27de xullo ao 28 ás 13:00 h., no centro adxudicado.

Horario de atención ao público de 10 a 13 horas.

2ªª adxudicación publicada tamén na web de FP.

Documentos para a matrícula: Fotocopia do DNI , da tarxeta sanitaria e do NUSS, 2 fotos, certificación académica ou certificación de proba de acceso, pago do seguro escolar (1,12 €) en ABANCA (Baiona).

Tfo. de información 886110127

AVISO CHEQUE LIBROS E MATERIAL ESCOLAR

Poden recoller o cheque  de libros (2º e 4º ESO) e o cheque-material escolar (todos os cursos da ESO) a partires do 18 de xullo TODO AQUEL/LA QUE APROBARA A TOTALIDADE DO CURSO EN XUÑO E ESTÉ XA MATRICULADO.

HORARIO DE RECOLLIDA NA CONSERXERÍA:

XULLO: DE 10:00 A 13:00 H.

AGOSTO: DE 10:00 A 12:00 H.

Distribuir contido