Publicamos información sobre os prazos de admisión a réximen ordinario, réxime para persoas adultas, FP dual e cursos de especialización para o curso 2021/22.
Enlace da web de FP para solicitar a admisión nos ciclos: http://www.edu.xunta.es/fp/node/13647
Para réximen ordinaria e persoas adultas:
Prazo : do 25 de xuño ás 9:00 horas ao 5 de xuño ás 13:00 horas
1ª adxudicación e matrícula: do 20 de xullo ao 26 de xullo ás 13:00 horas.
2ª adxudicación e matrícula : do 28 de xullo ao 30 de xullo ás 13:00 horas.
Para FP Dual:
Prazo do 25 e xuño ao 2 de xullo ás 13:00 horas
Matrícula do 16 ao 23 de xullo ás 13:00 horas.
Para curso de especialización:
Prazo: do 25 de xuño ao 5 de xullo ás 13:00 horas
Matrícula do 20 ao 26 de xullo ás 13:00 horas
A Oferta publicarase non videiros días na web da Consellería, ainda está a do curso 20/21
NOTA: Xuntamos, nos seguintes arquivos, toda a información sobre os procesos, prazos e o documento coa oferta para o curso 21.22 e o DOG coa orden que o regula para o réximen ordinario.
O noso centro oferta 18 prazas para FPBásica e 30 para Ciclo Superior de Animación Sociocultural e Turística. Achegamos arquivo coa información do ciclo superior.
Xa poden recoller en secretaría os documentos.
Un cordial saúdo.
Prazo: do 21/5 ata o 22/6/2021
Solicitude en liña no seguinte enlace :https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED330B
A solicitude tamén poderá presentarse en papel na secretaría do centro ou polos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, sede electrónica da Xunta, incluíndo o sisitema de usuario e chave 365 ( https://sede.xunta.gal/chave365)
Publicamos o calendario para os exames de 2º bacharelato da convocatoria extraordinaria de xuño no arquivo adxunto.
O alumnado que fixo a súa solicitude neste centro para o vindeiro curso 2021/22 en prazo está admitido.
As listas definitivas poden ser consultadas no taboleiro do centro.
NOTA: Antes de rematar o curso publicarase o calendario de matrícula ordinaria.
Publicadas as listaxes PROVISIONAIS do alumnado admitido e non admitido que solicitaron praza no noso centro para o curso 2021/22. Poden consultalas no taboleiro da secretaría do centro, de luns a venres de 9 a 13:30 horas.
O alumnado que solicitou praza na ESO está admitidas e adxudicadas TODAS.
O alumnado que solicitou praza en 2º de BACH están admitidas e adxudicadas TODAS.
O alumnado que solicitou praza en 1º de BACH consultarán a listaxe no taboleiro.
Recurso de alzada ante as istaxes provisionais publicadas terán prazo de 5 días hábiles dende a publicación no taboleiro.
O prazo límite para publicar a listaxe definitiva é o 18 de maio.
O Calendario de matrícula ordinaria se publicará a finais de xuño.
DATAS :
30.4.21 PROBAS MATERIAS PENDENTES 1º BAC
4.5.21 ENTREGA DE NOTAS DAS PTES.
7.5.21 REMATE CLASES PRESENCIAIS 2º BAC
10-14 DE MAIO PROBAS FINAIS 2º BACH
19.5.21 ENTREGA DE BOLETÍNS DE NOTAS ÁS 9:20
ENTREGA DA INFORMACIÓN ABAU ÁS 9:30 NO PATIO EXTERIOR
21.5.21 MATRÍCULA ABAU EN SECRETARÍA DE 9 A 11 HORAS
8/9/10 DE XUÑO: PROBA ORDINARIA ABAU
17.6.21 PUBLICACIÓN POR INTERNET DAS CUALIFICACIÓNS PROVISIONAIS ABAU
24.6.21: PUBLICACIÓN DAS CUALIFICACIÓNS DEFINITIVAS
25.6.21 RECIBIRÁN POR EMAIL A TARXETA DE CUALIFICACIÓN ABAU DEFINITIVA
CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA - XUÑO
15-21 DE XUÑO: PROBAS EXTRAORDINARIAS DE 2º BAC E DE PENDENTES DE 1º BAC
24.6.21 ENTREGA DE NOTAS ÁS 9 HORAS
24.6.21 RECOLLIDA DOS IMPRESOS ABAU EN SECRETARÍA ÁS 9:15
28.6.21 MATRÍCULA DA ABAU EN SECRETARÍA DE 10 A 11 HORAS.
13, 14 e 15 DE XULLO: PROBA EXTRAORDINARIA ABAU
SEGUIREMOS INFORMANDO POR ESTE MEDIO.
Estimadas familias
Por causas organizativas da empresa concesionaria do transporte, procédese á asignación das prazas para cada alumno/a na correspondente liña de transporte. Esta información está dispoñible no documento adxunto.
Compre que cada alumno/a conte no autobús a fila que lle coresponda para ocupar a seu asento correctamente.
Lembra que compre ser responsable ocupar sempre o sitio asignado, a nosa saúde ben o merece.
NOTA: Ante calquera incidencia comunicala no centro.
Reserva SOLO para centros adscritos: PRAZO FINALIZADO
Normativa e aplicación:
Orde do 18 de decembro de 2020 (https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20201222/AnuncioG0598-211220-0001_gl.html) pola que modifica a Orde do 12 de marzo de 2013.
Orde do 25 de xaneiro de 2017
Orde do 12 de marzo de 2013
Decreto 254/2012 do 13 de decembro.
Anuncio: publicada a resolución do sorteo das letras de prioridade que afectan ao primeiro apelido e son a "W" e a "S", así mesmo, afectan ao segundo apelido as letras "B" e "F".
________________________________________________________________________
PRAZO PARA CENTROS DE PRIMARIA ADSCRITOS AO NOSO: do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro de 2021, ambos incluídos. XA FINALIZOU
A solicitude debe realizarse no centro no que está matriculado no presente curso ou na aplicación "admisionalumnado"
https://www.xunta.es/portada (solicitar chave365)
Enlace aplicación para reserva no portal educativo: https://edu.xunta.gal/admisionalumnado
AVISO: A LISTAXE DEFINITIVA DO ALUMNADO PROCEDENTE DE CENTROS ADSCRITOS, RESERVA CURSO 2021/22, ESTÁ PUBLICADA NO TABOLEIRO DA SECRETARÍA DO IES. FORON TODOS ADMITIDOS.
_______________________________________________________________
Admisión para cambio de centro: Alumnado procedente de centros NON ADSCRITOS
Prazo: do 1 de marzo ao 22 de marzo, ambos incluídos; ao ser o día 20 sábado, trasládase o derradeiro día ao luns 22. PRAZO FINALIZADO.
As instancias presentadas entre o 23 de marzo e o 18 de maio, ambos incluídos, serán fóra de prazo. Xuntamos arquivo co impreso para procedemento extraordinario
Documentación que deberán de achegar tanto na aplicación ou presencialmente na secretaría do IES en horario de 9 a 13:30 horas de luns a venres:
Solicitude de admisión : CÓDIGO DA SOLICITUDE ED550B
ENLACE: https://edu.xunta.gal/admisionalumnado
Poderán imprimila da aplicación "admisionalumnado" e entregala cuberta ou cubrila directamente na aplicación; tamén a través da chave365 da sede electrónica da Xunta: http://www.xunta.es/portada
Copia do DNI dos pais e alumno/a
Copia libro de familia
Certificado de empadroamento
Certificado do 3º da ESO coa nota media, tal e como se indica na solicitude (só se solicita praza para 1º de bacharelato)
Sentenza en caso de separación ou divorcio (se houbera)
O proceso de inscrición tanto para reserva como para admisión, as instrucións e a axuda (nº 13 do menú da apliación) o atopan na aplicación "admisionalumnado", arriba indicada, tamén poden dirixirse á secretaría do Centro.
Postos escolares ofertados:
1º ESO: 7
2º ESO: 6
3º ESO: 3
4º ESO: 5
1º Bacharelato:
2º Bacharelato:
Prazo presentación de solicitudes:
Entre o 1 e o 22 de marzo, ámbolos días incluídos. Empregarase o formulario normalizado ED550B.
NOTA Informativa:
Cada alumna e alumno só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar, no caso de infracción suporá a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.
Prazo de presentación da documentación se é necesario baremar:
Entre o 23 e o 31 de marzo, ámbolos días incluídos.
Listaxe provisional do alumnado admitido/non admitido: Antes do 26 de abril Publicación da lista definitiva de ADMITIDOS/AS E NON ADMITIDOS/AS: antes do 18 de maio
Publicada a orde do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial.
Prazo do 16 ao 27 de novembro
Non ten que presentar solicitude: o alumnado beneficiario da axuda de material escolar no curso 2020-21.
Presentan solicitude os que teñan algunha das seguintes condicións:
Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 euros
Alumnado matriculado en educación especial.
Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.
Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.
Lugar: de forma presencial no centro educativo.
Achegamos ficheiro co resumo da Orde, solicitude (Anexo I) e información coas características do material hixiénico e o DOG publicado o 13/11/2020