Radio Roca

LISTAXE PROVISIONAL SOLICITUDES PRESENTADAS PARA AS PROBAS DE CS

Publicada a listaxe provisional de solicitudes presentadas para as probas de acceso aos CS.

Prazo de reclamación: do 18 ao 25 de febreiro ás 13:00 horas

Achegamos ficheiro coa listaxe.

CONVOCATORIA PROBAS DE ACCESO AOS CICLOS MEDIOS E SUPERIORES

PUBLICADA A ORDE DA CONVOCATORIA DAS PROBAS DE ACCESO AOS CICLOS MEDIOS E SUPERIORES.

ENLACE PARA CUBRIR A SOLICITUDE:

Todas as persoas solicitantes terán que empregar o asistente informático para a confección da solicitude para as probas de acceso aos ciclos formativos de formación profesional, dispoñible no seguinte ENLACE que xerará un solicitude en formato normalizado

https://www.edu.xunta. gal /ciclosprobas/PaxinaInicio

ENLACE PÁXINA DE INFORMACIÓN

http://www.edu.xunta.gal/fp/acceso-grao-superior-convocatoria-actual

Prazo de admisión ás Probas Ciclos Superiores: 31/1/22 ao 11/2/22

Prazo de admisión ás Probas Ciclos  Medios: 3/3/22 ao 16/3/22

______________________________________________________________

Data e hora DA PROBA PARA CICLOS MEDIOS
A proba realizarase o 25 de maio de 2022, no seguinte horario:
Presentación: ás 9:00 horas.
Partes matemática e sociolingüística da proba:
–Das 09:30 ás 13:30 horas (Matemáticas, Lingua galega, Lingua castelá e Ciencias sociais).
Parte científico-técnica da proba:
–Das 16:00 horas ás 18:00 horas (Ciencias da natureza e Tecnoloxía

Data e hora DA PROBA PARA CICLOS SUPERIORES
A proba realizarase o 28 de abril de 2022, no seguinte horario:
Presentación: ás 9:00 horas.
Parte común da proba:
–Das 09:30 ás 13:00 horas (Matemáticas, Lingua galega e Lingua castelá).
Parte específica da proba:
–Das 16:00 horas ás 18:30 horas (materias específicas da opción escollida

Documentación que cómpre levar e material para utilizar

O día da proba cómpre levar o documento oficial de identidade e a copia selada da folla da solicitude de inscrición.
Poderanse utilizar os seguintes materiais:
Bolígrafos de tinta negra ou azul (ningunha outra cor).
Calculadora científica, agás que sexa programable, gráfica ou con capacidade para almacenar e transmitir datos. Soamente se pode empregar na proba de Tecnoloxía da parte científico-técnica. Na proba de Matemáticas NON se permite o emprego da calculadora.
Non se admitirá ningún aparello capaz de recibir, transmitir nin almacenar información, como, por exemplo, teléfonos móbiles.
O tribunal dará as instrucións pertinentes para o correcto desenvolvemento das probas. Non seguilas será causa de exclusión.

XUNTAMOS ARQUIVOS COA  INFORMACIÓN, INSTRUCIÓNS E O CALENDARIO DE PROBAS DE ACCESO.

 

PROCEDEMENTO PARA RESERVA DE PRAZA DO ALUMNADO PROCEDENTE DE CENTROS ADSCRITOS

 

Fase de reserva de prazas en centros de adscrición

De conformidade coa disposición adicional primeira da Orde do 12 de marzo de 2013 que regula o procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, o 11 de xaneiro de 2022 inícianse os trámites do procedemento (código ED550A), coa reserva de praza nun centro de adscrición para alumnado que cambia de etapa.

  • O prazo de solicitudes abranguerá do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro de 2022, ambos incluídos.

A consulta das listaxes de alumnado admitido, que se publicarán antes do día 28 de febreiro, debe realizarse no centro no que está matriculado no presente curso ou na aplicación admisionalumnado.

Normativa de aplicación

  • Normativa de aplicación

  • ORDE do 18 de decembro de 2020 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 (código de procedemento ED550A e ED550B).

  • ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013.

  • ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

  • DECRETO 254/2012, do 13 de decembro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

Anexo I (solicitude) 

Enlace da aplicación coas instruccións para cubrir a solicitude https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/ 

NOTA; Esta solicitude deberase presentar no centro educativo de orixe ou en calquera dos lugares que establece a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común, incluída a SEDE ELECTRÓNICA, para o que se precisará de Chave365 ou certificado dixital, sendo esta a canle preferible de presentación.

 

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR .RELACIÓN DE CANDIDATURAS ELECTAS

Achegamos arquivo coa relación de candidaturas electas, logo do proceso de elección de membros para a renovación parcial do Consello Escolar do Centro.

CALENDARIO ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR. Censo familias. Modelo candidatura

Aprobado pola Xunta Electoral o calendario de eleccións para a renovación parcial do Consello Escolar 2021.

Xuntamos ficheiro do calendario, ficheiro co censo das  familias e modelo de presentación á candidatura (sector familias)

Encontro Comandos Igualdade celebrado o 22 de abril en Baiona

 

Equipos de Igualdade de diferentes institutos da provincia de Pontevedra e Toledo xuntáronse en Baiona para compartir boas prácticas en materia de coeducación

 

Alumnado e profesorado do IES Primeiro de Marzo organizaron un espazo de reflexión e boas prácticas para construír espazos escolares seguros e libres de violencias machistas

 
O equipo de Igualdade do IES Primeiro de Marzo, formado por alumnado de todas as etapas educativas do centro, organizou o I Encontro de Equipos de Igualdade da provincia de Pontevedra celebrado na mañá do venres 22 de abril no Parador de Turismo de Baiona. 
 
O encontro,que contou coa presenza do Equipo de Igualdade do IES Primeiro de Marzo, do Club Diversidade do IES Valadares, o Comando Igualdade do IES Alexandre Bóveda, a Brigada Violeta do IES Chapela e a participación especial da Asamblea Coeducativa do IES La Cañuela (Toledo), serviu para que o alumnado debatese sobre feminismo, diversidade e ferramentas para construír centros escolares libres de violencias machistas.
 
Ao acto, que contou coa colaboración do Parador de Turismo de Baiona, asistiron a Concelleira de Igualdade do Concello de Baiona, Yasmina Moreira, a Deputada de Cultura e Igualdade da Deputación de Pontevedra, María Victoria Alonso, asi como Chis Oliveira, docente xubilada, dinamizadora de espazos libres de violencias machistas e mestra coeducadora referente en todo o país, que acompañaron ao alumnado e amosaron así o seu apoio a proxectos coeducadores realizados desde a escola pública.
 
As coordinadoras de igualdade dos diferentes institutos concluíron que o acontecido onte en Baiona debe ser un punto de inflexión para seguir tecendo rede coeducativa co gallo de intercambiar propostas e permitir ao alumnado espazos de libre expresión nos que intercambiar ideas entre diferentes puntos da xeografía galega e española. Alumnado e profesorado asistente saíron convencidas de que este foi o primeiro de moitos encontros de Comandos Igualdade. 

Apertas!

III Certame de Poesía Beatriz da Serra.

Os EDLG dos centros educativos do Val Miñor convocamos o III Certame de Poesía Beatriz da Serra.
O prazo límite para a presentación de traballos será o 17 de maio.

Achegamos arquivo co cartel do certamen

COMUNICADO SOBRE A CONVOCATORIA DE FOLGA DE ESTUDANTES DO 8 DE MARZO DE 2022

 

Estimadas familias:

O sindicato de estudiantes convocou unha folga o vindeiro 8 de marzo de 2022, que afecta ao alumnado do noso centro.

Ante todo, facerlles chegar que a dirección deste centro respeta, como non podería ser doutro modo, o dereito á folga dos estudantes e demais colectivos.

De igual xeito, é a nosa obriga informarlles que, segundo a normativa vixente (Ley orgánica 2/2006, do 3 de maio, disposición final primeira) as decisións colectivas de inasistencia ás clases só poderán afectar ao alumnado a partir do terceiro curso da ESO. Estas inasistencias non terán consideración de falta de conducta nin serán obxecto de sanción por ser resultado do exercicio de dereito á reunión.

O alumnado de 1º e 2º da ESO non poderá participar e debe asistir ao centro no seu horario habitual.

O centro garante o dereito de quen non queira secundar a folga, a permanecer no mesmo debidamente atendido polo profesorado correspondente.

A dirección do centro-

Achegamos arquivos coa cartelería e información  sindical sobre a convocatoria

VACACIÓNS DO NADAL

Lembrámoslles que as vacacións de Nadal comenzan o 22 de decembro e finalizan o 9 de xaneiro, voltaremos ás clases o luns, 10 de xaneiro de 2022.

Aproveitamos a ocasión de toda a Comunidade escolar para desexarlles moi Felices Festas e un bo Ano Novo.

Unha aperta.

 

 

SEDE DAS PROBAS DE ACCESO AOS CICLOS SUPERIORES

As probas para acceder aos ciclos superiores realizaranse no IES de TEIS en Vigo o 15 de abril.

Horario das probas:

9:00 presentación

9:30 a 13:00 , materias da parte común

16:00 a 18:30, materias da parte específica

 

Distribuir contido