Eventos
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
22
| 23
Start: 23/04/2019
Martes 23 e mércores 24, Interpretación do Patrimonio, xornadas de formación para o ciclo. Colaboración coa Área de Xuventude do Concello. De 8.20h a 14.00h e de 16.00h a 19.00h (no salón de actos). | 24
Start: 23/04/2019
End: 24/04/2019
Martes 23 e mércores 24, Interpretación do Patrimonio, xornadas de formación para o ciclo. Colaboración coa Área de Xuventude do Concello. De 8.20h a 14.00h e de 16.00h a 19.00h (no salón de actos). all day
Alumnado de Tecnoloxía de 1º e 2º de Bacharelato, visita á Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía da Universidade de Vigo. Enmárcase dentro das saídas de orientación académica. all day
A Little English Challenge, actividade avanzada de inglés organizada por Héctor para alumnado de 4º ESO e 1º de Bacharelato (nos recreos, no salón de actos/biblioteca). all day
Excelentes resultados dos alumnos do IES de Porto do Son no Campionato Provincial Escolar de Carreiras de Orientación celebrado o 9 de abril no Parque Deportivo de Acea de Ama (Culleredo), obtendo Elio Serantes e Nerea Oujo un 2ª posto na categoría cadete masculino e feminina respectivamente. Sete alumnos máis clasificáronse para o Campionato Galego que se celebrará o próximo 4 de maio en Orense. Como vedes na foto, destacada participación feminina! No fondo da imaxe, Eloi! PARABÉNS!!!
| 25
| 26
| 27
all day
O alumnado de bacharelato visitou este mércores a Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía da Universidade de Vigo. A saída, organizada polo departamento de Tecnoloxía, forma parte do programa de orientación académica do IES.
all day
O ciclo finalizou con éxito o "Curso Básico de Visitas Guiadas Efectivas" celebrado no IES entre o 24 e 25 de abril, centrado na posta en valor do patrimonio e na necesidade de saber comunicalo. Con Isabel Férnández, experta neste eido, tras as primeiras sesións informativas, o alumado enfrontouse ao guiado das visitas, a falar en publico e que a nosa mensaxe chegue ós participantes. Cada grupo aplicou as técnicas que ensinou Isabel Fernández, saíron iniciativas moi interesantes. Agradecemos a Isabel a interesante aportación á formación do ciclo. Estas xornadas non serían posibles sen o apoio da técnica da OMIX, Ana Freire Cabo, e Concellería de Xuventude do Concello de Porto do Son. Seguimos tendendo pontes neste labor de corresponsabilidade na educación dos mozos e mozas, na educación en comunidade! Mil grazas!
all day
Estas son as gañadoras do concurso de Haikiños que promoveu a nosa querida María Míguez entre o alumnado de 2º de ESO tras facer con eles un obradoiro de Haikiños sostibles na Semana Cultural. Podedes ler os poemas no blog da biblioteca! Ben bonitos os cadernos adicados que lles deixou como premio!!! all day
Este é o número premiado no sorteo da ONCE de onte. A persoa que teña a rifa que teña o número que coincida cos 4 últimos números será a que se leve como premio unha estupenda TENDA DE CAMPAÑA PARA 3 PERSOAS! Lembrade que caduca aos 15 días! Agradecemos moitísimo a colaboración da ferretería Melchor, do supermercado Jefama de Portosín, da óptica Seráns e da ANPA!
Hoxe, Carolina Romero, antiga alumna do centro, achegouse a recoller o premio!!!! PARABÉNS!!! VÉN XA O BO TEMPO PARA DISFRUTALA!!!
| 28
|