Novas
Un antigo alumno do IES Pontepedriña nº 1 da súa especialidade en Enxeñería Aeroespacial na U.P. de Madrid
Ignacio García Irimia, que foi alumno do noso instituto, vén de ser recoñecido pola Universidade Politécnica de Madrid como o mellor expediente da promoción que o curso pasado rematou os estudos de Enxeñería Aeroespacial na especialidade de Aeroportos e Transporte Aéreo.
A entrega das correspondentes distincións levouse a cabo nun acto presidido polo Ministro de Ciencia, Innovación e Universidades, Pedro Duque, celebrado o pasado 14 de decembro no Aeródromo de Cuatro Vientos, en Madrid, ao que tamén asistiu invitado un representante do profesorado do noso centro.
O rector da UPM, Nacho e o director da ETSIAE durante o acto de entrega de diplomas
Ademais de expresarlle a Nacho e á súa familia os nosos parabéns, queremos manifestar que, como non pode ser doutro xeito, ese feito é un motivo de enorme ledicia para toda a comunidade educativa deste instituto.
Así mesmo, queremos agradecer ao rectorado da citada universidade e á dirección da Escuela Técnica Superior de Ingeniería Aeronáutica y del Espacio a placa de recoñecemento do noso labor que nos foi entregada nese mesmo acto.
Bravo, Nacho! Alegrías coma esta son dos mellores alicientes que todos temos para seguir adiante coas nosas tarefas!
Nacho durante o acto de despedida dos alumnos de 2º de bacharelato no curso 2013-14
Sorteo Cartas de San Valentín
Clara Bascoy González foi a ganadora do sorteo dunha tarxeta-regalo con 100€ de El Corte Inglés.
Entre todos os participantes, Vicente Rodríguez Saborido foi o encargado de extraer a súa ficha de participación.
Grazas especiais para o alumnado de 3º M que foi o encargado de organizar toda a actividade: Shitong, Damián, Tatiana, Manuel e Brando e mais para a súa titora, Ines Lojo.
Memorias dun neno labrego.
Representación de "Memorias de memorias dun neno labrego" de Cándido Pazó no Salón Teatro de Compostela o martes 3 de decembro de 2013