Guía de Lecturas para o Verán 2017
Enviado por admin o Lun, 19/06/2017 - 16:09Calendario de final de curso para os/as alumnos e alumnas de Educación Secundaria e Primeiro de Bacharelato
O presente calendario organiza todas as actividades e procedementos administrativos - entrega de cualificacións, libros, matrícula,..- que terán os/as alumnos e alumnas de ESO e 1º de bacharelato durante o mes de xuño.
FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2017-18 E SOLICITUDES DE AXUDA PARA MATERIAL DIDÁCTICO
Alumnado de Educación Secundaria Obrigatoria
PROCEDEMENTO DE RECOLLIDA DE LIBROS DE TEXTO DO FONDO SOLIDARIO PARA O CURSO 2016-17
Libros do Fondo de préstamo - 1º e 3º de ESO - e libros mercados con vale da Xunta - 2º e 4º de ESO -
INSTRUCCIÓNS PROBA DE AVALIACIÓN DE BACHARELATO PARA O ACCESO A UNIVERSIDADE
CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA- SETEMBRO 2017
- PREME AQUÍ PARA DESCARGAR AS INSTRUCCIÓNS
- CALENDARIO E HORARIO DAS PROBAS ABAU. CONVOCATORIA SETEMBRO
CONVOCATORIA ORDINARIA- XUÑO DE 2017.
O día 10 de maio de 2017 foi publicada pola CIUG as instruccións e calendario de probas para o acceso a universidade.
Na seguinte ligazón podes descargar todas as intrucción a seguir:
- PREME AQUÍ PARA DESCARGAR AS INSTRUCCIÓNS
- Para acceder ao documento orixinal emitido pola CIUG, preme aquí
Listaxes provisionais de admitidos e admitidas para o curso 2017-18
O IES A Pontepedriña publica as listaxes provisionais de admitidos e admitidas para o curso 2017-18.
Os alumnos e alumnas procedentes dos centros adscritos (para Educación Secundaria o CEIP de Os Tilos e o CEIP Ramón Cabanillas; en Bacharelato os Centros Públicos Integrados Prurilingües de Vedra (Vedra), Antonio Orza ( Boqueixón) e Fonte-Diaz ( Touro) e os Centros Privados Concertados Prurilingües San Pelayo e San José de Cluny de Santiago de Compostela), teñen todos praza no centro, así como os alumnos e alumnas que actualmente cursan estudos no IES A Pontepedriña.
Os alumnos e alumnas que optaron ás vacantes a través do proceso de admisión son os que figuran nas listaxes que se relacionan.
Para 2º de E.S.O. non existe lista de admitidos e admitidas por non existir vacantes. Estos alumnos e alumnas deberán esperar o prazo de asignación subsidiaria.
- Listaxes admitidos e admitidas en Educación Secundaria
- Listaxe de admitidos e admitidas en Bacharelato
III CERTAME LITERARIO RELATOS DE AUGA INTELIXENTE
CARME URRUTIA GONZÁLEZ-FIERRO, DO IES A PONTEPEDRIÑA, FOI A GAÑADORA DO III CERTAME LITERARIO RELATOS DE AUGA INTELIXENTE.
Carmen Urrutia, do IES A Pontepedriña (primeira pola esquerda) gañou o III Certame literario Relatos de Auga Intelixente, organizado por Viaqua, na categoría de ESO, co seu relato “ Un balde de auga”. Este traballo foi coordinado pola profesora do Departamento de galego, Mari Carme García Ares.
Aqui aparece coa outra vencedora da categoria de Bacharelato e segundas clasificadas, no acto que se celebrou no concello para recibir os seus premios. Este acto estaba presidido polo edil de Educación e contaba coa presencia do director de Viaqua, Julio Masid, de membros da Corporación Municipal en representación de todos os partidos políticos e do xurado do premio.
A este premio presentáronse 561 relatos de alumnos e alumnas de toda Galicia.
PROBAS DE ACCESO A UNIVERSIDADE. CURSO 2016-17. INFORMACIÓN PARA O ALUMNADO
Para un mellor coñecemento do procedemento que terán que desenvolver os alumnos e alumnas de 2º de bacharelato para o acceso a universidade, elaboramos a seguinte guía informativa. Para máis información pódense consultar os documentos que a continuación se relacionan.
INFORMACIÓN SOBRE AS PROBAS DE ACCESO A UNIVERSIDADE PARA O CURSO 2016-17 (PDF)
- Enlace a lexislación sobre Proba de Acceso:
- https://www.boe.es/boe/dias/2016/12/23/pdfs/BOE-A-2016-12219.pdf
- Enlace ás ponderacións de materias:
- http://ciug.gal/PDF/ponderaba17.pdf
- Enlace o calendario CIUG:
- https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170327/AnuncioG0164-170317-0002_gl.pdf
O IES “A Pontepedriña” foi o gañador da fase zonal do Club de Debate
Enviado por Visitante o Mér, 15/03/2017 - 09:58Version:1.0 StartHTML:0000000167 EndHTML:0000000624 StartFragment:0000000454 EndFragment:0000000608
O IES “A Pontepedriña” foi o gañador da fase zonal do Club de Debate
Version:1.0 StartHTML:0000000167 EndHTML:0000001435 StartFragment:0000000454 EndFragment:0000001419
Estaremos na fase final que terá lugar en Santiago o día 6 de maio.
O equipo formado por Víctor López Sayáns, Carmen Aguilera Paredes, Desirée Mosquera Penas, Xoán Domínguez San José, Carla Gómez Beiroa, Sofía Sánchez-Brunete Facal e César Queijeiro Suárez, está preparado polas profesoras Mariló Lagarón e Carme García.
A temática sobre a que tiveron que debater os sete equipos participantes foi:
“Debemos acoller as persoas refuxiadas”
Na fase final o tema sobre o que debatirán será:
“O futuro da lingua está na mocidade”
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- seguinte ›
- última »